BVG Voltar atrás |
n2pequenacabalos.html
Nin un segundo
nin nada.
As xacias do descaro
roubaron os ciúmes que
albergaba a historia
seca
dunha froita caída
en dirección ao mar.
Non hai ninguén aquí.
Nada.
O CHAN ERGUE ESBELTOS
RADARES DE VELOCIDADE.
"Parabéns" di o inferno.
Sen resposta.
A identidade sucumbiu na memoria
dun rapaz levado pola inmensidade.
Somos tío-vivos,
de novo.
Os dous.
Cabalos do demo rillados
pola couza do desexado.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |