BVG Voltar atrás |
n2pequenacadelaafogada.html
Identidade segreda
da historia
oculta tras unha face musical
esvarada da caixa parva.
Deséxote.
E as horas pasan.
Estou mollada
do mar vermello da vida.
Bebo máis,
e desfágome na ausencia de verte.
(?)
Sentirte
é a rutina
dunha cadela afogada de rosas.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |