BVG Voltar atrás |
n2pequenaimposibel.html
A miña aorta contén
folerpa do mofo temporal
que cuspiu a lúa
entre ricos cadáveres
de cabalos engaiolados.
É difícil ollar a rúa sen
ti.
É difícil?
"Non te atormentes"
Di o ceo.O tempo non espera, derrota
a cadeira maldita
de Peter Pan?
E todo sen min.
Paso as horas durmindo
sobre dunas mortuorias
que berran o teu nome,
o meu nome.
"É imposíbel."
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |