BVG Voltar atrás |
n2pequenaleiteperdido.html
Baixarei unha e outra vez
do cume das dedas esfarrapadas de
polbos engaiolados.
Somos reloxos levados polo destino.
Eu:
preciso o ritmo
dos teus movementos.
O ar salouca ao meu redor,
E choro.
Quero bicar unha vez máis
a rosa da liberdade,
Sentir o teu fusil
desfacéndose no meu corpo.
Escuros senos xeados.
Leite perdido.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |