Nós nús

Pequena

n2pequenanosnus.html

Pensar en ti converte
cada segundo
en memoria infinita
de dous corazóns que palpitan
á
par.

Demasiado tarde.

Por ti prometín non pechar xamais
o hourizonte.

Contigo todo é distinto.


COMPLICIDADE MORBOSA
DE SENTIRSE COMPRENDIDO

O mundo non se fixo para nós
e doe pensar neso.

Ficar morto na ausencia de verte.

Ficar morta na ausencia de non sentirte.

Ficar, simplemente contigo.

O noso castro, a nosa árbore

a nosa mente espida.

Nós nús.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega