Quixem ser carpinteiro

R. Pereira

n2rpereiraquixemsercarpinteiro.html

quixem ser carpinteiro
pero as minhas mesas caíam
ao pousar um prato enriba
quixem ser carpinteiro
pero coa madeira dumha porta
outros pechabam a casa enteira
quixem ser carpinteiro
ata que soubem que as minhas mans
nom eram mans de carpinteiro
entóm
pechei os olhos
e vim rematados todos os mobres
nos que eu andara argalhando
logo
o sol a caminhar entre os outeiros
calcei as botas e boteime a andar


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega