Pasaba xa da
media tarde cando entraron, viñan bastante contentos, igual xa
conseguiran o que andaban buscando, ou quen sabe, ca epidemia de
"entregas voluntarias" que había igual viñera Domínguez
confesar.
Berta
dixo Campos achegándose imos a túa casa
¿Agora?
eu
Si Santi
¿non querías coller roupa?
Si; pero
supoñía que non podería ir eu mesma por ela eu
En
realidade non imos para facerche un favor Campos, tan agradable el
explícocho polo camiño
Chámame
en canto o teñas Santi mirando para Campos
De
inmediato Campos xa vimos o dereito
¿Podereime fiar de ti? Santi mirándome ¿non terás unha bomba de
man agachada no desodorizante?
Non, podes
comprobalo ti mesmo eu
Síntoo de
corazón Santi pero non eu vou; fagas o que fagas non o ataques cun
bolígrafo dime faime caso
Home non era
precisamente o que tiña pensado
Séntalle
moi mal Santi que sigue na súa onda
Saímos,
facía sol. Subimos a un coche e fomos cara a miña casa, xa sabía o
enderezo, e non o ía saber
Bonito
día, ¿verdade? Campos
Si,
precioso sorprendida polo comentario
Gústache
a praia Campos todo amable, non te fíes
Si,
bastante eu
Pois xa
o vía vir a min tamén ¡coño!
¿Non me
digas? dixen sorprendida
Si, ¿por
que te estrañas? Campos
Non, por
nada. O que me estraña e que non dixeses un "pois telo
jodido" eu
Para unha
vez que trato de ser agradable Campos
A verdade
é que estás mellor de agradable eu soltándoas con sutileza, máis
ou menos sigue nesa liña
Ti tamén
estás mellor de agradable Cris así que mellor sigamo-los dous nesa
liña, ¿paréceche?
Si eu
¿Non
irás a Riazor? Campos
Ó Orzán
eu
Xa decía
que non te me facías coñecida Campos
Ti a min
tampouco, ¿es de aquí? eu
Si; pero
andiven por fóra moito tempo Campos
¿Prefires
estar aquí? eu, sorprendida
Coma na
casa en ningures Campos
Dependerá
da casa eu
¿Non che
gusta? Campos
Ás veces
non eu
Pois o que
hai por aí non é mellor Campos
Eso dilo
ti porque o xa viches, a min gustaríame comproba-lo por min mesma.
Cando sexa rica hei andar de viaxe seguido eu
E cando
vai ser eso Campos
Cando
escriba as miñas memorias, e saia do cárcere, supoño eu
É bo ter
sentido do humor Cris din que vives máis
Éche todo
un consolo eu
¿Que tal
se vai no tranvía? Campos
¿Por que
mo preguntas coma se o tivese que saber? Nunca me dou por montar nel
eu
Tesme
pinta de que che gustan estas cousas Campos
¿Que
cousas? eu
Xa sabes,
viaxes en tranvía, o solpor, ceas románticas á luz das velas Campos
¿Si? ¿e
eso dedúcelo por? eu
Por nada
cousas miñas ¿a que acertei? Campos
A min
gústame case todo eu tratando de manterme baixo control e non
decirlle contigo si o solpor, o amencer, o mediodía, cear, comer, o
tranvía, pasear
Que non se
diga que non das facilidades Campos
Eso eu
¿Haberá
alguén na túa casa? Campos
A estas
horas non creo, igual meu irmán eu
Ben, se
atopamos a algún veciño e che pregunta son un amigo, ¿entendido?
Campos
Home, non
creo que me vaian preguntar eu estrañada, "un amigo", quen
me dera
Por se se
dá o caso el teus pais non lle contarían a moita xente a túa
situación
Supoño,
igual á familia, a meu tío Antonio para pedirlle consello, ou non sei
eu
¿E teu
irmán? Campos
Eu que
sei, a min se lle pasara a un amigo seu diríamo, aféctanlle moito as
situacións críticas, igual á moza ou a algún amigo si llo dixo; pero
tampouco creo que o fose pregoando, sobre todo porque sabe perfectamente
que me cabrearía, e que son capaz de non ir ó carcere só por
fastidialo eu
A ti, no
fondo esto paréceche un xogo Cris
Non; pero
podo falar, ¿non? eu de momento podo falar
Si,
muller, o que queiras; pero xa sabes que eu escoito, despois non
protestes se o Campos
¡Vai a
merda! xa me estaba enchendo, có ben que íamos
Non volviu
decir nada
Lembra
Cris un amigo mentres aparcaba
Saímos do
coche entramos no edificio, todo moi natural, había pouca xente pola
rúa
¡Ola
Berta! o neno da veciña
¡Ola
bandido! eu
Vou á
praia, ca miña tía Fina o neno
Moi ben,
¿e vaste bañar? eu
Siii o
neno
A auga vai
estar moi fría eu
¡Non!,
porque lle dou o sol todo o día e agora está máis quente mira que
resabido
¡Que
lercho es! ¡pásao ben! eu
¡Vou
estar máis moreno ca ti! o neno
Ha, ha
eu
¡Xa
verás! o neno
¡Pablo!
a tía Fina ¡apura!
Veña, que
se non non te leva eu
Adeus o
neno
Ola, Berta
Fina este rapaz para con todo o mundo, non imos chegar nunca, apura
A tía Fina
si que se fixou en Cris, e tanto, doulle un repaso
É o mozo
de Berta a criatura
Pasa
Fina anda, que xa case era hora de volver
Si pero ben
que controlaba a colega
Bueno, xa
non fai falta que diga que es "un amigo", é obvio que é-lo
meu mozo eu
Débeseme
notar que estou namorado que serio o di o moi cabrón síntoo non
puiden disimular
¿Tes
moza? eu
Non el
Menos mal
beeeen porque mira que se che pon as pilas pola miña culpa rindo
Xa vexo o
moito que o ías sentir Campos rindo, tamén
En serio
dixen tratando de conte-la alegría non hai porque fastidiar a
ninguén
A non ser
que lle guste o fútbol Campos
¡Exactamente! eu
¡Ola!
eu por ver se tiña campo libre
¿Que fas
aquí? meu irmán
Schiiiiiis
eu escapei
Pois,
disimula porque creo que te ven seguindo un poli Marcos, mentres me
dá un bico e me abraza
¡Non,
jodas! eu ¿xa vos coñecedes?
Vino cando
esperaba por papá e mamá Marcos
Pasa, pasa
a anfitriona perfecta Marcos, meu irmán, este é Cris Campos
¿Criscampos? meu irmán soa a nome de cervexa
Cristian
Campos, así igual ten menos coña. Vexo que é de familia Campos
¿O que?
eu
O do
cachondeo Cris
Pegueillo
eu, de pequeno pasou moito tempo conmigo eu
A teus
pais había que denuncialos por malos tratos Campos
¿Que? ¿a
ti tamén se che está pegando? eu
Non, é
que teño que fala-la mesma linguaxe cas persoas que trato, está no
manual Campos
Xa, podes
quedar non salón mentres me ducho e recollo as cousas eu
Non, vou
contigo Campos
¿Como?
meu irmán escandalizado
¡Que vou
con ela! Cris tranquilo nin ver nin tocar
Non vou
fuxir polo canalón da auga, asegúrocho, teño vertixe eu
Quero
ve-la túa habitación, para eso viñemos, ademáis vouche conta-lo
plan, e teu irmán non ten porque enterarse mirando a Marcos ¿ti
vas quedar aquí?
Na miña
habitación, se non vai contra a lei, claro Marcos
Ben,
¿onde está ? Campos
É aquela
meu irmán
Pois,
andando Cris
¿Sabes?
meu irmán a Cris fas ben aproveitar mentres podes, porque en canto
non teñas ningún poder sobre ela, párteche as pernas por falar así
Non me
digas Campos
Que non te
engane a súa pinta, ten moi mal xenio Marcos
Tereino en
conta Campos
Andando
dime
Entramos na
habitación, supoñía que estaría todo patas arriba; pero estaba como
a deixara, igual a ordenara miña nai
¿Está
todo ben? Campos
Si eu
Somos moi
curiosos Campos
A verdade
é que non o esperaba eu
Senta
sinalado á cama explícoche sentándose no escritorio cambíaste
e imos á túa oficina, cun micrófono, que ti vas colocar no despacho
de Domínguez
¿Eso é
legal? eu
Témo-la
orde xudicial sigue mira sacando unha caixiña do bolsillo do
pantalón é moi sinxelo, só o tes que presionar un pouco e xa queda
pegado e conectado. Telo que poñer un sitio onde creas que pode
capta-la maioría das cousas que pasen no despacho
Se queres,
poño outro na mesa de Sofía eu de coña
Non, só
temos un moi serio ven, faino ti
Non tiña
moita complicación, a tecnoloxía é unha maravilla
Moi ben
Campos
¿Non se
acoplará cós móviles? eu
Estes non
Campos
Mira que
se lle fai interferencias eu
Non
Campos taxante
Daquela
pégoo a mesa ¿e que escusa poño para entrar alí? eu
Mentres te
duchas, vaino pensando; ti e-la artista el con sorna
Collín a
roupa e fun para a ducha, ó baño non me seguiu; pero analizou cada
movemento que facía na habitación, doume corte colle-la roupa
interior. ¡Joder!, non andarían ca roupa interior ¡que noxo!. Fun
mirar se había algunha no tendal, tiven sorte, botei aquela para lavar
e collín a outra, pareceume moito máis prudente. A ver se me lembraba
de decirlle a miña nai que a lavase toda, medio mundo metendo as mans
nas miñas intimidades. Rematei moi pronto, non quería quedar mal, así
que me empreguei a fondo. Volvín á habitación a modo esperando
pillalo cas mans na masa.
¡Xa
rematei! eu toda chea
O de
"xa" será un decir seguía sentado no mesmo sitio; pero
prendera o ordenador vinas máis rápidas
Non te
deixarían tan contento coma min eu
Seguro
el rindo ¿Pensaches algo?
En algo si
eu pero non nunha escusa, tranquilo xa se me ocorrerá algo polo
camiño
Máis che
vale Campos
¿Vas vir
conmigo? eu
Só ata a
porta Campos
¿E se me
chivo e lle digo que o escoitades? eu
Berta di
erguéndose e achegándose a min esto pódeche salva-lo pescozo
¡aplícate!
Así de
fácil eu poño o chirimbolo e salvada
Así de
fácil, non el pero vaiche axudar moito
E a vós
eu
A nos se
cadra si e se cadra non Campos
E dese non
depende a miña vida eu
Máis ou
menos Campos
Supoñedes
que vai eu
Non
supoñemos nada, imos intentalo, ¿vale? el sentouche ben a ducha,
quitaches cincuenta anos de enriba
¿Só
cincuenta? eu vou ter que ducharme outra vez, normalmente quito cen
Pero
este.... se el os trinta nin os lembra, ademáis tenme pinta de
aparentar máis dos que ten, a mala vida...
En serio,
que che sentou ben Campos sincero
Pois igual
te tes que duchar ti tamén eu a ver se obra o milagre, ¿cantos
anos tes?
Esa é
unha pregunta moi impertinente, eu a ti non cho preguntei Campos
Porque mo
preguntou Andrea, simpático eu
Pero eu
non, que é do que estamos falando, que estivese diante Campos
Non
remates esa frase eu ameazando
¿Es
cinturón negro ou algo así? Campos
¿Cinturón? non; non uso, ¿por que? eu
Porque
mido bastante máis ca ti, e nin que decir que son máis forte Campos
Nunca
oiches o de máis vale maña ca forza eu
Si; pero
eu tamén teño moita maña Campos
Vaia, que
completo eu
Muller,
claro el ¿imos?
Hai que
apaga-lo ordenador eu ¿atopaches algo interesante?
A verdade
é que non, quitando certos detalles es bastante aburrida Campos
¡Gracias! eu ofendida ¿e que detalles son eses se se pode saber?
Pois di,
achegándose máis a túa mente perversa, o teu sentido do humor e
¿E? eu
contra o roupeiro, babeando
E que
teñas a foto dun tío que se parece a min di el mentres pon a man no
roupeiro e a súa cara á altura da miña ¿non cres que é bastante
interesante que che guste alguén coma min?
Non se che
parece tanto eu cabreada, este é un creído
Vin a foto
e si que se me parece Campos
Creo eu
saíndo de alí e collendo a foto do escritorio que lle pos demasiada
imaxinación ¡joder! se eran cravados...
Si el
quitándome a foto eu son máis guapo; pero polo demáis somos coma
irmáns
Xa che
gustaría eu
¿Así que
che gusta o tipo este? el ¿e como é que non o tes aí sinalando
á parede a tamaño natural?
Intenteino; pero non se deixou eu
¡Ha! el
referíame a un póster ou algo así, ¡ai! perdoa, ti xa non estás
na idade
¡Que
gracioso!, non o teño porque é moi difícil conseguir fotos deste eu
Daquela
non tes de que preocuparte Campos
¿Non?,
¿e por que non? eu
Saco eu
unha e xa tes en que recrearte pero será así de verdade ou só me
putea
¿Ó
natural? eu
Como faga
falta, polas miñas fans o que sexa Campos
Case non
dixen eu dándolle unha palmadiña na panza
Él tamén
ten barriga picouse pero como é rico dache igual
E eu que
sei se é rico ou non, non o coñezo de nada eu
Razón de
máis, a min si ¿falaría en serio?
Moito
tampoco eu ademáis ti tamén prefirás a unha modelo antes que min
Díxome un
"non esteas tan segura" que aínda me dá voltas a cabeza;
parecía decilo en serio. Os tíos son así, despois irá contándolle
todo ós compañeiros e xuntos rirán de min. Homes. Despedinme de meu
irmán, noteino moi triste e tratei de animalo decíndolle que non se
preocupase que non sería nada, e que esperaba que chegado o caso me
trouxese o pan ca lima dentro. Non lle fixo ningunha gracia. Nin se
ergueu para virnos pecha-la porta. Destrozoume o corazón. Baixamo-las
escaleiras calados, debíaseme notar que non tiña ganas de contos.
Collémo-lo coche e aló fomos. Só abriu a boca para confirma-lo
enderezo da axencia, eu non podía esquence-la cara do meu irmán,
pensei que o tomaría a coña, tal como o tomaran meus pais, era de
supoñer que el lle poñería o toque de gracia e resultou que foi o
único da familia que o tomou en serio. Sentía remosos porque sempre
lle estaba decindo que tiña que madurar e ser máis serio. Vaia momento
elixiu para darme a razón.
Berta
Campos devolvéndome á realidade xa chegamos moi doce
Si eu
¿Estás
ben? Campos
Si, xa vou
mentres quitaba o cinto de seguridade
Vai sair
ben agarrándome do brazo todo vai sair ben
Non dixen
nada e abrín a porta
¡Joder!
sen soltarme o brazo que delgada estás, xa pareces unha modelo
Sorrín e
saín do coche. Era boa xente. Collín o ascensor e cheguei á oficina,
aínda non tiña nada pensado; pero non había problema, en canto o vise
xa me inspiraría, é o bo de Domínguez. Estaban todos traballando;
Fran que está a todas viume entrar.
Tía,
¿que tal? ¿e ti por aquí? Fran
Vin
facervos unha visita eu
¿Non me
digas? Fran desconfiando non me estraña que nos botes de menos;
pero non hai tanto que nos vimos
A ti non;
pero aquí hai máis xente eu
Pero o
único importante Fran terás que recoñecer que son eu
¿Que
tal? Ánxela dándome un abrazo
Pronto se
achegaron os demáis e fixemos un pouco de barullo, a supersecretaria
chamounos a atención e daquela díxenlles que viña falar con
Domínguez, dixéronme que tivera sorte de pillalo porque ultimamente
non pasaba moito tempo alí. O fillo disque non se enteraba de nada e
que lles retrasaba moito o traballo, tratei de desculpalo decindo que
era normal porque levaba pouco tempo; pero, no fondo, alegreime de que
fose un inútil. Crearan un novo departamento creativo, do que era xefa,
como non, Sofía, e que en realidade non sabían moi ben a que se
adicaba; pero traballaban moito. Simón fora con ela, decía Ánxela,
vaia, pola cara que puxo as cousas non resultaran entre eles.
Subíranlle o soldo, e aínda que en principio, se Fran non o sabía é
que non sería, non estaban enrollados, non había tardar en caer,
porque a outra non prescindía del nin un momento. Ánxela pasaba de
todo xa, decía que mellor así, polo menos aínda non estaba colgada de
todo, e perde-lo tempo cun trepa non era a súa idea de relación. Eles
nin se achegaron, saudaron desde o seu despacho. Como engana a xente.
Fran díxome que xa lle tiña un pretendente buscado a Ánxela e ela
doulle un toque cariñoso. Disque era un executivo do piso de arriba, un
bollazo, e que el almorzaba todo-los días con el para irllo poñendo en
bandexa. Este Fran é moito. A pesar de todo noteina aliviada, igual
Simón non era tan encantador como parecía, bueno xa demostrou que non.
Tino díxome que se sabía doutra axencia que os avisase porque naquela
tiñan os días contados. El sempre está á última nos cotilleos da
dirección, disque estaban contratando xente nova e calquera día
dábanlles vía. Fran fixo un comentario de igual que hai cinco anos que
os demáis non entenderon. Cando a petarda da secretaria nos chamou a
atención por non sei canta vez despedímonos e eu fun cara o despacho
do monstruo. A dona perfecta non quería deixarme entrar; pero púxenme
seria e pasei.
Boas
tardes, Berta Domínguez ¿e ti por aquí?, ¿precisas algunha carta
de recomendación? que, ¿xa atopaches traballo? ¿está difícil a
cousa non?
Non me
resultou nada difícil falar, como decía, este home é certamente
inspirador
Boas
tardes eu toda chea só viña porque neste tempo pensei moito na
tremenda putada que me fixo vostede, no cabrón que é achegueime á
mesa pensei tamén que estaría ben decirllo, porque, ó fin, vostede
igual non o sabía micro colocado e dábame pena que vivise pensando
que é boa persoa sendo o fillo de puta que é
Sae do meu
despacho de inmediato Domínguez ¿quen te cres que es?, niñata; xa
procurarei dá-las referencias precisas de ti. Vas por mal camiño,
nunca te tiven por unha profesional seria, e agora vexo que non me
enganaba. Tes que madurar moito, aprender moito, e baixar eses fumes.
¡Fóra!
Vexo que
non lle resulta grata a miña presencia eu ¿moléstalle a verdade?
¡Fóra!
Entrou a
secretaria toda asustada, eu collín e marchei moi a gusto, debo decir;
que ben senta facerlle a puñeta a un merda coma Domínguez. Espero que
á señora da limpeza non lle dea por limpala por debaixo ou imos mal.
Marchei correndo. Campos estaba fóra agardando, falando polo móvil.
Vexo que me mira raro.
¿Que
pasou? sinto unha voz detrás ¿a que viñeches?
Non pasou
nada, vin desafogarme, xa me cansei de non deci-lo que penso, solteille
o primeiro que se me pasou pola cabeza eu
A ti o non
ter que facer aféctache Fran aínda che vou ter que encarga-la
declaración cómo terapia
Campos
achégase
Aínda que
igual, xa tes abondo que facer Fran mirando a Campos con curiosidade
Cristian
di Campos extendéndolle a man
Fran
mirándome de esguello
É un
amigo eu
Encantado
Cristian Fran sorrindo esta rapaza é sorprendente, ¿non cres?
¿Por?
Campos
De súpeto
saca un amigo da manga Fran
¿Da
manga? eu ¿ti cres que me cabería?
Xa me
contarás Fran con picardía
É un
amigo, xa cho dixen eu
Así que
ti é-lo famoso Fran Campos, ¿que pretendía?
Debo ser
si Fran
Encantado
Cris xa nos veremos, agora temos un pouco de présa
¿Si?, ¿que estades facendo unha ruta de vinganza ou algo así?
Fran este tío ¿é de fiar?, nótote rara, ¿non será por el?
Fran, xa
falaremos, ¿vale? eu
¿Non te
terá secuestrada? Fran en voz baixa ¿non será dunha secta, estás
ben?
¡Fran!!
xa che contarei
¡Mételle
man, que ten ben onde agarrar! Fran
¡Fran!
vaite esoitar eu
E tanto,
como que lle escoitou; pero non dixo nada, metiuse no coche, eu
despedinme de Fran e marchamos. Que estraña manía tiña Fran de correr
detrás de min, faime sentir mal porque parece que sempre o deixo
colgado e el ten que vir suplicando. Nada máis lonxe da realidade, o
que pasa é que é un cotilla e quere enterarse de todo. Xa o vexo
chamándome coma un poseso para saber quen é o tipo este.
¿Non lle
contarías nada? Campos
Non, claro
que non eu
Parecía
enfadado.
O micro
funciona Campos confirmouno Santi, ben feito
Gracias
eu
¿Resultouche difícil? Campos
Non,
cheguei e comecei a chamarlle fillo de non sei quen, puxen o micro e
marchei. Bueno máis ben botoume eu
Vamos, que
mataches dous paxaros dun tiro di sorrindo
Non vexas
o a gusto que queda unha eu
Imaxino.
Algo me dixo Santi de que había bronca, debeches rebotalo de mala
maneira Campos
O máis
que puiden, xúrocho; ¿que imos para eu
¿Ti que
cres? Campos, serio
Por
intentalo eu
¿Por que
non queres un avogado? esa pregunta escama
Non quero
que me digan o que teño que facer, non agora eu cabreada estou chea
de que a xente pense que sabe vivi-la miña vida mellor ca min
Pódenche axudar, igual che conseguen un trato mellor Campos
¿Mellor? ¿mellor ca cal? eu
Ca
ningún, un trato bo quería decir Campos rectificando
Quedei
mirando para el, sen arreda-la mirada, estudiándoo. De súpeto para o
coche e vólvese, pensei, de veras que o pensei, que me ía decir que
parase de miralo.
Non che
vou pedir que confíes en min, porque eu non son quen, nin mando nada,
non che podo garantizar nada; pero di moi moi serio igual se
poñemos un pouco cada un podemos facer algo. Estámolo facendo...
estámolo facendo ben decía para si
Seguiu
conducindo, eu calada coma unha tumba, nin me atrevía a miralo, de
súpeto comecei a sentir frío e ganas de chorar. Puxo un cd sen saca-la
vista da estrada, automáticamente, con movementos precisos, sabendo de
memoria onde gardaba cada cousa. Soaron os Rolling Stones,
"Sympathy for the Devil". Fíxome gracia, non o puiden evitar.
O camiño estábase facendo longo, moi longo. E pensei, que se alguén
me decía algunha vez que me quería tiña que ter aquela mirada que
tiña el. Tiña que falar con aquela voz ca que me falou el. E tiña que
facer para-lo mundo como fixo el.
Nin palabra,
saímo-los dous do coche e entramos, eu ía diante. Fun directa á sala,
non vía a ninguén, nin era capaz de escoitar nada. Dábame a
impresión de que me miraba todo o mundo. Entrei e senteime no meu
sitio, xa case o botaba de menos. Esperei.
Debiu ser
duro volver xunta o malvado xefe Santi
Non, non
creas eu
Pois traes
unha cara que é un poema Santi
Estou
cansa eu
¿Un día
aquí sen facer nada e xa non estás afeita a andar? Santi
Debe ser
eu
Oes di
achegándose ¿non abusaría de ti?
¿ Quen?
eu sen entender
El
falaba de Campos
¿Estás
de coña? eu, seria
¿Non?
Santi
Non ¿de
que vas? eu, seria
Vaia, xa o
temos controlado Santi
¿Por que?
eu vaille atacando a toda-las que pasan por aquí
Íame
responder cando entrou Campos pola porta e o pillou. Mirouno adiviñando
o que estaba decindo.
Nin lle
toquei Campos
Non foi o
que me dixo ela Santi, eu case o mato
¿Que lle
dixeches? Campos, serio
¡Nada!
eu
¿Por que
te alteras? ¿hai algo que decir? Santi
Non, nada
Campos
¿Seguro?
Santi, rindo
Pregúntalle a ela Campos
Non sei,
creo que me enganades. ¿Que lle pasou?, nin ri, nin fala Santi
Viu o
mundo que vai perder Campos
Bueno
Santi animándome a miña delincuente favorita non se vai vir abaixo
agora
¡Joder!
case me poño a chorar alí, sentín asomar bágoas.
¿Que tal
vai o micro? Campos
Ben,
están Andrea e máis Oso con el falaban como se eu non estivese
Berta
Campos o tipo aquel da oficina, o tal Fran, ¿que tal é?
Boa xente,
creo eu
¿Cres?
Campos hai unhas horas era pouco menos que o home perfecto
Si eu
tamén o era Simón e resulta que anda ca Sofía
¿Sofía?
Santi ¿a lurpia?
Os
santiños sonche os peores Campos
Daquela ti
debes ser un anxo Santi
Home,
deixei as ás no maleteiro Campos
Si, e a
aureola eu
Resucitou
Santi
¿Así que
te traumatizou o de Simón? Campos ¡os homes somos uns porcos! di
rindo
Nin que o
digas; pero non é eso o que me preocupa eu
Campos
desviou a mirada
Non están
enrollados, que se saiba; pero deixou a Ánxela e é a estrela do
departamento que dirixe a outra. Por certo é de nova creación e
ninguén sabe moi ben para que sirve eu
Para ter
entretida á querida Santi
Entretida
xa a tería antes Campos a tía xa traballaba alí
Pero non
era xefa eu e agora si
Precisamos
alguén dentro que nos informe Campos
Non creo
que haxa ninguén que sexa capaz de non irse da lingua, erámos ...
compartíamos toda a información eu
Que sutil
Campos un monte de marujas
Así que
temos que desbotar esa idea polo momento Santi
¿Non te
fías de Fran? Campos insistía
Ánxela é
máis seria eu de ter que ser alguén sería ela
Para que
te fies das mulleres dille a Santi en cuestión de horas cambiaches
totalmente de opinión sobre el, ¿pasou algo que debamos saber?
Non,
simplemente teño a sensación de descubir algo que levaba moito tempo
diante de min e non vía eu
¿O que?
Cris, doce, moi doce
Nin idea,
dame moi mala espiña eu
¿Fran?
Campos
Non sei
eu
Repíteme
aquelo de que pensabas que se prestaban servicios que non se podían
facturar Campos
Solteille
todo o rollo outra vez, supoño que cada vez que se repite unha historia
engádense máis detalles. Pouco a pouco funme animando e a
conservación volveuse fluida. Conteilles todo o que se me pasaba pola
cabeza dos meus anos na axencia, persoa a persoa. En momentos así
decátome do pechada en min que estou, só lle presto atención ós
detalles superfluos da xente; pero nunca chego a coñecer ben a
ninguén. Mira que me saiu ran Simón, un trepa. Supoño que foi eso o
que me fixo desconfiar de Fran, simplemente un efecto residual, a
imaxinación.
Rapaces
Santi eu marcho, xa me vai sendo hora de ir para a casa; ¿ti que fas?
Eu vou
esperar un pouco máis a ver que se saca da axencia Campos temos que
darlle forma a esto canto antes
Non lle
deas moitas voltas que o vas liar máis Santi toma un respiro
Veña
Campos
Ata
mañán, moza Santi despedíndose durme algo a Campos
Ata
mañán eu
Adeus
Campos e dille a Oso ou a Andrea que traian o que teñan cando rematen
Feito
Santi
É igual
Campos deixa, xa vou eu, vou traer algo de comer
¿Cea
romántica? Santi
Vas levar
Campos saíndo pola porta detrás de Santi
¿Ti que
vas querer? Campos entrando de novo xa se me esquencía
Calquera
cousa eu
¿De
beber? Campos
Auga eu
¿E non
terás auga dabondo ca que chove? Campos ¿daquela tamén quererás
unha ensalada?
¿Hai?
eu
Sabíao, a
ver que fago agora Campos
Era broma,
calquera cousa, patacas fritas ou croquetas, dá igual eu
Xa,
despois venme rosmando que non che gusta di con aires de muller
excravizada na cociña
E sae. Ó
pouco entra Andrea, e deixa un montón de papeis enriba da mesa
¿Que tal
che vai? Andrea que non se diga que non das traballo
Son
pequena pero... eu
Si, non
sería precisamente esta a túa intención, ¿verdade? di comprensiva
Non, en
realidade, nunca pensara nesta opción eu
Soe pasar
ela ninguén o fai
É certo,
a min non me quedan ganas eu
Pois
véxote moi animada Andrea
Teño os
meus momentos eu
Coma todos
Andrea oes, entre nós, ¿o tal Domínguez está liado cunha tía da
oficina?
¿Sae na
cinta? eu
Non; pero
escoitei unha conversa telefónica que me fixo pensar que Andrea
O certo é
que si eu
Sabíao,
son todos iguais Andrea
A este se
o ves cáeseche a alma ós pes eu
¿É feo?
Andrea
É noxento
eu
Un vello
verde; ten unha voz de cabrón... Andrea
Eu rin,
deixou todo o que traía e marchou. Estiven a piques de erguerme para
ver que poñían todos aqueles papeis e de non ser polas cámaras xa o
tería feito. Era unha sorte poder decir que aínda me quedaba algo de
vergoña.
Trouxo el a
comida, ceamos mentres falábamos do que se nos ocorría. Fixo un
montón de preguntas sobre a miña vida, sobre meus pais, meu irmán, os
estudios. Gústaríame poder decir que a súa curiosidade ía máis aló
do profesional; pero non. Sempre mantiña unha certa distancia, e
seriedade. Sentinme coma se me estivesen entrevistando na tele. Falei,
falei todo o que me deixou tanto que pola noite doíame a gorxa, falta
de costume supoño.
|