Cando chegou á
cafetería levaba mellor cara, non era que soubese que cara tiña antes,
simplemente parecía máis animada. Deille voltas á súa reacción.
¿Por que estaría chorando? ¿Por que se enfadou cando llo preguntei?
fíxome sentir coma un porco e nin sequera sabía porque. Era por Fran,
seguro, estaba así por el, non imposible ó despedirme miroume a min,
non era Fran era eu. Tiña aquela mirada de novo, ata Santi se decatou,
perdida, abandoada. ¿Por que estaría tan triste?
"Esta tía ten cada reacción que
che paraliza o corazón" dixo Santi cando a escoitou. Andrea
mirábame coma se eu lle fixese algo malo, outra a tocarme as narices.
¿Que esperaba que fixese? ¿que a chamase cun "bos días
cariño"?; non, non o creo, tampouco me parece desas; aínda que
recoñezo que un pouco frío si que estiven. Santi non deixaba de
comerme o tarro có da profesionalidade e agora venme con estas. Na
miña vida me miraran así, parecía querer decirme algo e atacoulle a
timidez, raro nela. Xa me estaba enchedo tanta atención, para que
despois se me vaia có niñato ese da publicidade, coma se o vise.
¿Que? ¿atendes ó que estamos?
Santi
Si eu
Pois que se note Santi mira con quen ven Simón
Hostia eu ¿non se supoñía que era unha conversa íntima?
Pois vai ser un trío Santi vacilando van acabar con ela
¿E esa sensibilidade túa? eu, escamado
Home Santi, case serio váiselle collendo cariño, que conste que
dixen cariño, non me saque-las unllas, trigre xa lle era moito
aguantar
Cala anda eu o que nos faltaba, a ver que quere o Fran este
Nótase que che cae ben Santi
Cando caia dun octavo eu de maravilla
Se non te pilla de baixo Santi
Eso eu
¿Por que pensas que lle gusta a Berta? Santi
Porque combina ben os calcetíns cas camisas, ¿a ti que che parece?
eu
Que a ela non lle gusta Santi, sentenciando
Escoita, xa están eu
Ola, princesa Fran o capullo ¿como estás?
Tíveno que traer, Sofía díxolles que chamaras, e como quedáramos,
se non o traio morre Simón
Ola ela sorrindo está ben, despois de todo o que che tiña que
decir máis ou menos xa cho dixen por teléfono
Non sei que vos traeredes entre mans volos dous, ultimamente non
facedes máis que quedar Fran
Nada, ademáis polo que di Simón ti estás ó tanto de todo Berta
Eu non digo nada Simón
Home a min dixéchesme que o dos disquetes cho dixera Berta, metendo
cizaña candidamente
Si, eso si Simón
¿Pois daquela de que falabas ti? Berta
De nada Simón, en boca pechada non entran moscas
A ver contádeme, que teñen de importante, porque eu sempre pensei
que eran de contabilidade Berta e vamos tampouco creo que nos
descubran nada que ti e máis eu non falásemos xa a Fran, eu levaba
medio paquete fumando
E que este e máis eu descubrimos que igual non eran exactamente eso
Fran, rindo
Home pois se mo dixeras a tempo, agora teríamo-los Berta, espero
que estea finxindo porque non entendo quen os puido coller. ¿Lembras?
cando falamos deles aínda non viñera Junior e, respecto a Domínguez,
non creo que de súpeto lles vise o interese
¿Domínguez? Fran está nas nubes coma sempre
Pero non nos podemos fiar Simón, mantendo o interese en Domínguez
sabe máis do que aparenta
¿Ti cres? Berta bueno, igual tes razón, porque se só soubera o
que aparenta teríao ben fastidiado
Esa foi boa Fran ríndolle a gracia á "princesiña"
¿decímosllo? a Simón
Ti verás Simón, desconfiando
É igual, se non queredes tampouco pasa nada Berta, que sexa unha
estratexia, porque a mato
Non Fran, o superman igual así te animamos a axudarnos ¿por que
naquel disquete verde... non había nada?
Non, polo menos que eu vise, nada interesante Berta
¿Daquela por que non o devolveches? Simón, agresivo
Devolvino será cabrona púxeno onde estaba, non estaba a
situación para que Domínguez me viñese rexistrala casa
Si, ti es moi lista Fran, non me gustou nada como dixo ese lista
Pois alí non está Simón
Joder, tío Berta, sen inmutarse tampouco será moito supoñer que
os colleu a mesma persoa, o que me alivia porque se non chego a
devolvelo esa persoa andaría moi mosqueada detrás de min eso tiña
algunha intención e é o que me falta, que me acose un espía
industrial
¿Un espía industrial? Fran non será para tanto, ademáis tes un
gardacostas de primeira, non che ía nin tocar; por certo ¿telo
amaestrado?
Cala Fran Simón, rindo que así comecei eu a mediodía e mira
como rematou
Non llo tomes a mal Fran é que nos deixou sorprendidos a todos, a
min o primeiro
¿Por? Berta
Muller, porque non me dixeras nada e dun día para outro atópoo
agardando por ti diante da oficina Fran ademáis, non che pega nada
É certo ¿ves? xa llo dixera eu Simón eu sempre te imaxinei cun
tipo coma Fran
E eu Fran
Parade xa de tomarme o pelo Berta son che cousas que pasan, o
destino, o amor
Si, que romántico Fran, con sorna a delincuente consumada e o
policía. Un flechazo na comisaría
Non foi na comisaría Berta
¿E logo onde? Fran
Xa o coñecía de antes ¿¿¿¿???? Berta
Pois sigo decindo que non me contaras nada Fran
Só o coñecía de vista Berta
¿Que é veciño teu ou algo? Fran
Como vai ser, eu nunca o vira diante Simón, ben el non me coñecía
Corre polo paseo Berta
Ou sexa que cando quedábamos para falar no paseo era para ver ó tipo
este Fran, algo mosca e eu que pensaba que era para ve-lo solpor...
Eso tamén, porque cando corre ó solpor está de morte Berta algo
"alterada" e Santi que se emociona
Aínda imos crer que o do coche o fixeches a propósito para tomar
contacto Simón
¿Estás de coña ? Berta se chego a saber que era poli nin
respiro, non vexas que corte
Menos mal que falamos antes con ela Santi se non haber quen lle
cría algo
E claro, viute, víchelo Fran e flechazo
Si e fixo un pouco a vista gorda Simón e soltoute
Seguro ¿seguro Berta? por eso me fixo pasar alí a noite
É un tipo duro, ¿eh? Fran, con recochineo bo truco para
impresionar
Fran, meu rei Berta, estraña non lle fan falta trucos para
impresionar
Vostede perdoe Fran, máis mosqueado así que non lle fan falta
trucos, ¿eh? ¿saberá ler e escribir polo menos?
Sabe, de maravilla Berta, presumindo
E terá unha conversación interesante Fran
Non sei, non falamos moito a verdade Santi mirándome de esguello
¡Sscheee! quieto parado Simón ¿daquela que facedes?
¿A ti que che parece? ¡¡Berta!! có corpo que ten
Eu creo que está un pouco entrado en carnes Simón
Máis ben, en graxa Fran
Xa vos gustaría a vós Berta sexa o que sexa, está moi ben
Así que ben Fran
Un animal salvaxe Berta, Santi que non me quita ollo
Eso eche o ímpetu das primeiras veces Fran de seguido se lle
apaga o lume
As primeiras veces van boas Berta
Pero se non hai máis ca un par de días que... Simón
Xa Berta
É mentira Fran, este tío esta ganando unha hostia non che creo
nada
Cre o que queiras Berta, indiferente pero é certo
Claro, o do salto do tigre seguro que o ten moi dominado Fran
Xa che digo Berta
Veña Berta Fran, noxento non é o teu tipo
Bueno rapaces Simón, erguéndose eu marcho que me é tarde
Chao Berta, sorprendida Adeus Fran
Sae, cruza e vai rúa a baixo.
¿Que lle pasa? Berta pensei que
quedara con el, e agora vaise
Para min que nos quere deixar sós Fran, que mal me cheira esto
Tenme acojonada Berta primeiro preséntase na comisaría decindo
que me quere e non sei cantas trapalladas máis, e o que me escama é
que non sei como puido saber que eu estaba alí
Diríallo alguén Fran, tanteando na túa casa, non podemos evitar
preocuparnos por ti, era-lo noso bebé
Xa Berta se me animou moito que viñera; pero é que o noto
rarísimo; anda seguido a voltas có rollo ese dos disquetes; por certo,
a ti xa che vale decirlle que collera o disquete verde, pensei que
podía confiar en ti
Vamos Fran que é Simón
Xa e o que eu fixen é coller prestado; pero se se entera Domínguez
esfólame Berta ¿non llo dirías a ninguén máis?
¡Non te pases! Fran ademáis se o devolveches xa non é problema
teu
¿Como que non?, se me acabades de decir que non está Berta lista
vós largade e verás como pronto que cargan o morto dese e mái-lo dos
outros dous
Pero que che preocupará a ti Fran se tes enchufe ca autoridade
Falo en serio Berta ademáis bo é el, como se entere sequera de
que lle toquei a algo que non era meu mándame el mesmo para a
Provincial Tranquila que non se vai enterar, polo
menos non por min Fran, de colega
Gracias, en serio Berta mólame de veras, a ver se vou tendo algo
de sorte
Sigo sen crer que che guste Fran
Ai tío, non volvas con eso Berta
Vale, xa o deixo Fran ¿e de traballo que tal?
Máis ou menos igual que cando falamos Berta quero decir igual,
porque non me volveron chamar de ningures. ¿E na oficina? ben ¿non?
Si Fran despois do rebumbio inicial todo está volvendo ó seu
E, se se pode saber Berta se non, non mo digas ¿a vos que se vos
perde nos discos da contabilidade?; porque Simón ó xantar parecía
capaz de matar por eles
Non esaxeres, que tampouco había ser para tanto; o que pasa é que
disque conteñen información moi interesante sobre o comportamento
humán e ademáis disque teñen certo listado de persoas que todo o
mundo debería coñecer, xa me entendes...
Simón é un pouco trepa e podo entendelo; pero que me digas que a ti
che interesa esa estupidez, era o que me faltaba por oir Berta
Con eses discos seríamo-los reis do mundo Fran
Home si Berta
Dígoo en serio Fran
E que che fai pensar que non os ten Simón, porque Domínguez non os
ten, obviamente, se soubera deles xa os tería collido; Sofía tampouco
porque se non non utilizaría a Domínguez, e se non notaches ningunha
actitude estraña en ninguén máis da oficina é que non teñen nin
idea. Tendo en conta que no meu despacho os máis habituais érades
Simón, Ánxela e máis ti, non creo que o resto soubese moito por onde
buscar Berta
Se queres atopar algo, búscalo con ansia, o teu despacho non é tan
grande Fran
É certo Berta ¿non os terás ti, verdade? ¡carallo!
¡Vamos! Fran escandalizado
Era por decir algo Berta ademais como cada vez sabes máis cousas
deses disquiños
Se os tivera eu non había estar aquí Fran estaría vivindo de
rendas
¿Que pasa? conteñen información para chantaxes Berta de coña
Máis ou menos Fran, serio
¿E, a quen? Berta
Moi interesada te vexo Fran, desconfiando
Non vexas, morro por saber de que vai todo esto; e polo triángulo
SofíaSimónÁnxela, non che digo Berta
Sigues tan maruja coma sempre Fran
Peor, con tanto tempo libre Berta
Pensei que o tigre te mantiña ocupada Fran
Si, pero tamén ten que traballar Berta
Es demáis Fran
A ver, ¿e como é que agora entrou en escena o outro disco? Berta
¿O verde? Fran
Si Berta
Porque resulta que entre outras cousas contén a clave para
descifra-los dous anteriores Fran
Pois estaban etiquetados de distinta maneira, eu nunca os
relacionaría Berta
Lembras que decías que debían ser do programa antigo de
contabilidade e que por eso non chos deixaba abrir e saían cousas raras
Fran
Si, e tanto, cas voltas que lle dei Berta
Pois unha desas cosas raras é o comando para que inserta-lo outro
disco, ou unha clave que está no outro disco Fran
Vaia, polo menos algo vai collendo sentido Berta, seguindo unha
inocente conversa pois mira que son lentiña, síntome un pouco tonta
¿Por? Fran
Home, eu andiven un cento de veces neses discos e nunca lles vin nada
intersante, é coma quen ten unha mina de ouro e vende a leira Berta
Xa; pero agora non lle hai que facer; os dous primeiros non serven de
nada sen o verde e desapareceu do mapa Fran
Igual me engano Berta e andivo entrando alguén no meu despacho
sen que eu me enterase. Sabe Deus, quen menos esperamos, aínda vai ser
Rosa
Cómo te pasas Fran
Si, a pobre si que non debiu facer nada malo na súa vida Berta
Ten coidado que se a coñece don cumple as normas igual lle gusta
máis ca ti Fran
Non me cabe a menor dúbida, para min que lle gusta calquera Berta,
Berta
¿E daquela? Fran
É que non o podo evitar, para min que tomei tan ben o do traballo
porque estaba pensando nel Berta, ¡non jodas!
Pero se che anda con outras, non é moita cousa Fran
Non, oes, de momento que eu saiba non, tampouco tivo moito tempo,
claro Berta
¡Ves!, se ó final era o que eu decía Fran
¿O que? Berta
Que non é o teu tipo Fran
¿E cal é o meu tipo? Berta
Eu Fran
Pois non cambiei de desodorante ¿¿¿???
¿Eh???? Fran
Que moito ligo desde que estou no paro, esto de estar medio desauciada
debe resultar moi atractivo Berta
Era broma Fran
Supoño Berta
Pero o tío ese non me gusta nada, non te fies del Fran, mira quen
vai falar
Mira, a min gústame moito e o resto dá igual, se me sae ran mala
sorte Berta
Dígocho para que non te pille de sorpresa; porque sei como es que te
encariñas con calquera Fran
Es un encanto Berta, que noxo, "es un encanto"
É tarde Fran ¿acompáñote á casa?
Non, non fai falta, xa... Berta
¿Non estará aí fora agardando? Fran
¿Quen? Berta
Pensei que ías decir que xa te viña buscar Fran
Que xa vou eu soa, que sei o camiño Berta
¡Ah!, bueno, un bico a este cando o pille Fran
Chao Berta Saiu primeiro Berta e Fran detrás, como
parecía costume nel. Berta dou uns pasos e despois mirou atrás e
despediuse. El fíxolle un aceno e ela seguiu. El quedou alí de pé,
agardando. Pensei que me andaba buscando. Estaba comezando a pensar que
nos vira. Fai unha chamada e ó pouco aparece Simón. Quedan un pouco
alí de pé. Fran fai movementos ca cabeza en sentido negativo, Simón
leva as mans á cabeza con nerviosismo, e botan a andar por onde viñera
Simón. Nos rematamos Santi xa siguen os
outros, vai recolle-lo micro e dille a Berta que se vaia confesar, que
lle fai boa falta
Creo que non é moi devota eu
Pois como vaia acumulando así, o xuizo final vai durar unha
eternidade Santi a ver se nos toca detrás
A ver se a pillo antes de que chegue á casa eu se teño que subir
agora esas escaleiras morro
¿Ti? pero se es unha besta salvaxe Santi,de cachondeo
Líbraste de que estou morto, porque se non habías ver eu
E púxenme a andar, ela foi cara atrás
así que supuxen que se atallaba pola rúa do Sol a pillaría. A
verdade, non sei para que dou ese rodeo, si que o sei para non cruzarse
con nós. Seguía enfadada, seguro, notábaselle, ía ser unha
situación ben embarazosa atoparnos así; pero eu estaba desexando falar
con ela, discutir, porque o noso ánimo tiña toda a pinta de
discusión. Esperei uns cinco minutos no paseo e como non a vin vir
pensei que xa pasara e fun camiño cara a súa casa. Andiven tan axiña
como puiden a ver se a pillaba e case chegando ó semáforo dei volta,
foi estraño, notei os seus ollos na caluga. Dei a volta e alí estaba
ela, de pé observándome, cun sorriso de orella a orella.
¿Que fixen ben? eu
Ti saberás, eu non levo a conta ela, que seguía có sorriso
Dígoo por ese sorriso que traes eu, sorrindo tamén
¡Ah!, é que levabas tanta présa que nin me viches Berta
Non fastidies ¿pasei por ti? eu
Máis ben pasaches de min, ampliamente Berta
Viña todo acelerado a ver se te pillaba antes de chegar á túa casa
e nin sequera me fixei eu, sentíndome ridículo
Querías o micro, supoño ela
Si, a eso viña eu inconsciente
¿E vouno ter que quitar aquí? ¿na rúa? Berta
O micro, non a roupa eu que non entendía a que viña reticencia
ven, imos para o mirador que alí pasa menos xente díxenlle
colléndoa polo brazo
Tamén podo ir á casa ¿non? Berta
Por favor eu, suplicando non me fagas subir escaleiras agora, por
favor
Podo subir, sacalo e baixarcho ela
¿Pero que che pasa? só o hai que despegar tampouco é para tanto
¿púxechelo onde che dixemos? eu
Si e erguendo a camiseta pero tratei de aseguralo un pouco
¡Deus! asustado porque tiña varias tiras de espaladrapo ó redor
do corpo formando unha tira ancha o que che vai doer quitar eso, bueno
ben che cadra que non tes pelos ¿pero que pensabas que ías facer?
¿alpinismo?
O de que non teño pelos diralo ti ela
Bo, terás peliños deses que nin se notan, deixa de queixarte e apaga
o micro para sacalo
¿Non terás unhas tixeiras? Berta
Pois non, non forman parte do meu equipo; pero se queres pegámoslle
un tiro eu
Que gracioso ela dalle ó interruptor e busca os cabos do
espaladrapo para despegalo mellor quito o micro e o resto xa o
quitarei na casa
Ben eu, coñón como queiras
Con moito cuidado sacou unha a unha as
tiras, e por fin deixou o micro solto.
Toma, creo que está enteiriño ela
Está quente, non te queimaría eu
Non, debe ser "calor corporal" ela, tímida
¿Seguro? eu
Xa me tardaba ela, marchando, sen mirarme atá mañán
Tes présa, seica eu, cazándoa ca miña zarpa salvaxe, e
poñéndolla polo ombro non che apetece estirar un pouco as pernas
sinalándolle ó paseo
Estás canso ela, cortante dixéchelo antes
Decir dixen que non quería subir escaleiras eu arreglándoo como
podía que é distinto
¿Ai si? ela saíndo de debaixo do meu brazo
Si agarrándoa para que non escapase ¿que che pasa?
Que non me apetece estar contigo ela e non porque me dea vergoña,
precisamente
¿Daquela por que? eu
Porque hai tempo decidín pasar da xente que só viña ás comencias
ela
Berta, eu creo que che dixen que unha cousa non tiña nada que ver ca
outra que triste estaba
Si, eso foi o que dixeches ela
Temos que ter coidado eu, adiviñando ó que se refería non nos
convén
Daquela ela, interrompendo igual é mellor deixalo ata que remate
esto mellor si que era
Se o meu xefe se entera de que esto vai en serio lárgame do caso, e
sendo moi optimista xa sabes onde vas acabar ti eu
Prefiro acabar na cadea que pensar que ela
Non será que como tes a Fran en bandexa non che interesa terme preto,
sabía que che gustaba, merda eu
Fran ten os disquetes ela
¿Que? eu
¿Non estabas escoitando? estás moi pouco "centrado" hoxe
seria, case violenta
Si; pero non lle escoitei decir que tivese nada eu
Daquela como sabía o que contiñan, eu nunca lle ensinei eses
arquivos, nin a el nin a ninguén odiaba a Fran, ben debo parecer
ben desesperada para que todos me veñan có rollo de gústasme con
desencanto
Fran decíacho en serio non podía cre-lo que acababa de decir; pero
estaba tan triste escoitáchelo tan ben coma min cando estaban na
oficina
E ti tamén ¿non? ela
¡Mira! colléndolle a cabeza cas dúas mans, firmemente non
volvas decir, nin de coña, que estou finxindo que me gustas,
escóitasme ben, nin de coña. Gustaríame saber que che dou, para que
sexas incapaz de crerme comezaba a chorar e baixou a mirada; pero eu
volvínlle erguela cara nin de coña, esoitas ben ela non decía
nada di ¿escóitasme ben?
Si e abraceina, forte, contra min e sumerxín a miña cara entre o
seu pelo, suave quérote
¿Que? eu, sorprendido
Que te quero ela
Eu a ti tamén dando saltos de alegría tamén te quero, moito
ademáis. O que dixen de Sofía e de... non era en serio botando a
andar
Da igual, cega tampouco estou, ben o vexo ela
¿Que ves? eu
Que son máis guapas ca min ela
¿Eso é o que pensas? ademáis, eu tampouco son o indicado para falar
de físico eu
Pero non é o mesmo ela
¿Ai non? eu
Non as mulleres non lle damos tanta importancia ó físico ela
Pois debería ser ó revés eu razoando porque ó final as
mulleres sodes máis sensibles, e sen que sirva de precedente, diría
que máis intelixentes, sen embargo os tíos moito máis co físico non
temos saiume así, sería a loucura do momento, e cando a mirei tiña
un sorríso incrible e maravilloso ¿que?
Falso ela
Dígoo en serio eu
Home, razón tes ela
Non te pases en broma tes un sorriso precioso
Vai a paseo avergoñada
Si que o tes e biqueina sentamos
Estabas cansado ela
Estou feito unha merda, non podo ca alma eu
Vas vello ela
Sen faltar picado que ti non es moito máis nova, ademáis eu
son... unha besta mirándoa de esguello, ela ri non te queimaches
nin nada, dí Santi que menos mal que te coñecemos primeiro que se non
a ver quen che cre nada agora
Estaba inspirada e todo foi saíndo ela ¿como foi que Simón
marchou?
Nin idea, falaríano de camiño porque na oficina non tocaron o tema,
nin sequera lle dixo que chamaras eu
¿E Sofía? ela
Mellor nin che repito o que dixo eu
Tan malo foi ela
Trapalladas eu
Xa, así que non che gustou o que dixen de ti ela
Gustoume, mágoa que non sexa certo era verdade, quen me dera
Ti verás ela
¿O que? eu
Se é certo ou non ela
Muller un tigre si que son rindo de min pero que ti e máis eu
Eso ten remedio, non te preocupes eu tratando de enfriarme e esta ó
seu ¿porque non llo diría a Simón?
Igual o sabe agora si que enfriei
Non creo que viñese á comisaría, nin que andivese detrás de min se
xa os tivese ela
Pero fáltalles o verde, será eso o que buscan realmente, como Fran
sabía que ti andiveras con el eu
Eu creo que Simón non o sabe, e que Fran o utiliza para consegui-lo
que lle falta, xa sabes mentres Simón me acosa el ven de colega ela
Non che vou decir que non, de feito estou bastante dacordo; pero non
lle vas pedir que chos dea polas boas eu
¿Por que non? ¿viches como largaba? só lle hai que dar corda ela
A experta eu
É certo, como cres que me enteraba dos cotilleos, a el contáballos
Tino que é o que controla a información e tan pronto sabía algo viña
correndo ó despacho e con decirlle ¿que tal? xa soltaba todo.
Podíamoslle tender unha trampa, non sei, darlle unha copia falsa do
disquete verde e decirlle que fixera unha copia por se me valía para
algo ela
Aínda que non o creas xa o pensáramos, están revisando todo o
disquete por se realmente é o que dixo Fran, non sexa el quen nos tenda
a trampa a nós eu
¿Para que o ía facer? ela
Para saber que facías na comisaría, o do coche aínda que a min me
parece perfectamente posible a eles non lles pasa por vez eu
E que nunca me tiveron por moita cousa, xa sabes a nena boa ela
Non te coñecen eu
Nadiña; pero aínda que quixera tenderme unha trampa que
demostraría, ¿que copiei o disco verde? ¿e que?, todo o mundo sabe
que son moi meticulosa, igual o quería estudiar ela
Xa pero non é o mesmo copiar o disco verde, que copiar o disco verde
e estar nunha comisaría eu
¿Que pasa? ¿que o disco verde tiña un sinal de alarma que vos
avisou? ela
Ou que vos estabamos vixiando e te pillamos e agora estamos a ver se
os pillamos a eles eu
Paréceme demasiado retorcido ela
Eles tamén puideron percibir certos axustes da programación
televisiva, que non se podían facer sen ese disco, valo pillando eu
Visto así, si ela
Moita coincidencia ¿non?, que ti colleses o disco, que nos te
collésemos a ti eu
¡Ha! ela
Deixémolo así eu serio de calquera xeito ti non podes ter nin
unha copia, nin o disco orixinal, nin nada que te relacione con esas
emisións, nada que te relacione có disco despois de deixa-la oficina.
¿Dis que confias en Ánxela?
Si, se me engano con ela córtome as veas ela
Malo será, porque non a chamas e lle dás o disco verde, que o
coloque nalgún sitio, nun caixón. Ti dislle a Fran que non che dera
tempo a poñelo cós demáis e que o deixaches por alí eu
E se xa miraron por todo ela
Fala con el primeiro e dille se buscaron ben por todo, sácalle
información, dis que é facil, ¿non? eu
Falar si que é ela
E o demáis tamén, vinte moi ben hoxe, non creo que se che escape
eu
¿E ímoslle dar o disco? ela
Unha copia amañada, si eu
¡Ah!, e despois ela
Despois seguímolo, e miramos de detelo para falar tranquilamente con
el eu
¿E Simón?, ¿e Sofía? ¿e ela
Tranquila, controlarémolos eu
Bueno, non parece mala idea, chamo agora a Fran ela
¿Te-lo seu número? eu
Si ela
¿Érades íntimos, eh? eu
Home, eu non diría tanto; pero levábamonos moi ben, hai que
fastidiarse ¿verdade? ela
A todos nos pasou algunha vez eu
Pois a min parece que se me pegan todos ela
Non sigas por ese camiño, que volves ó de antes e non merece que te
poñas triste, non o merece eu
¿E ti si? ela Eu tampouco eu
Ela sorrí de novo, bícame na meixela
Cáesme ben ela
Veña, anda cortoume acompáñote á casa
Da igual, podo ir soa ela
¿Pero tamén poderás ir acompañada, digo eu? serio
Si, claro acojonada
¿O tío este da gaita, está sempre aí? eu
Case ela
Mira que toca mal eu
Ninguén naciu aprendido, mellor que veña practicar aí que darlle á
vara ós veciños, e ó mellor é unha "tipa" ela
Si, ó mellor eu, había cancións que aínda lle daba; pero mira
que desafinaba
¿Non che gusta? ela
Podía tocar ben eu
Quen sabe calquera día convírtese nun gaiteiro famoso e nos diremos
que o seguimos desde o comenzo ela
Ou que a seguimos sorrí, é fácil facerte sorrir Berta ¿bailas?
Si, encantada sorprendida
Non sei porque o fago, despois non vou
dar durmido, esta tía ponme malo. As miñas mans que non saben estar
quietas e as dela que se deslizan suavemente polo meu lombo,
torturándome. ¡Neniña! quita agora mesmo as mans dos meus bolsillos,
en realidade o que me importaba era esa maneira descarada que tiña de
sobarme o cú, un respecto. Está máis salida ca min, que xa é decir.
Nada, que non para. E na miña cabeza unha voz que di contrólate, non
baixes da cintura, non baixes da cintura. Ela que non quita as mans dos
bolsillos. Eu disimulando escapo dentro da súa camiseta. ¿Que é esto?
¡Home! o espaladrapo.... vas ver agora. Non o puiden evitar, arredeina
un pouco de min, e moi amodiño as miñas mans foron cara o centro das
súas costelas, si, alí estaban os dous remates. Foi un acto impulsivo.
¡Aii! ela apartándose, cas mans
agarradas o lado dereito das súas costelas ¡joder!
Vaia, despois de todo si que che doia eu
¡Animal! ela, indo cara a barandilla non te acheges, será
cabrón o tío
Vamos eu, partíndome estas cousas canto máis rápido mellor,
déixame que cha saco do outro lado
Anda e que che dean ela xa a sacarei eu
A ti vaiche doer máis, se o fas ós poucos é peor eu
Mira espabilado, non sei se o sabes pero toda-las tiritas,
espaladrapos e demáis caen na ducha, sen dor, é algo natural, pasa
sempre, é lei de vida ela
Menos cando queres, claro eu vacilando veña , ven que cha saco
toda
¿Toda a que? ¿a pel? ela, ensinándome o anaco vermello que lle
deixara mira vaime quedar unha marca, e cando vaia á praia seguro que
me queimo, por non falar de me saian máis pelos baixando a voz, como
botando contas xa che valiu
Veña que só é un tirón de nada eu
Non te achegues ela, rindo ¡non me toques!
Vale, vale eu pacificador a ver, tanto dano che fixen, déixame
ver
Se cho fixera eu a tí habías estar tirado no chan, laiando coma un
can ferido ela
¿Non era un tigre? eu
Eso ela
Pero non hai comparación, mira eu, erguendo a camiseta eu teño
máis pelos ca ti, e máis grandes; a ti nin se che ven, non che puido
doer tanto, esaxeras
Heiche face-la cera, verás ti o se doe ou non ela
¿Ves? eu, acariñando a zona catastrófica xa non está irritada,
xa pasou e ca otra man polas súas costas collendo o resto da tira de
espaladrapo a que xa non che doe
Agora un pouco menos ela pero non creas que cha perdoo
E en dous movimentos precisos arranquei a
das costas e a de diante, liberando aquel bonito corpo do horrible cinto
de castidade.
¡Mamón! ela, debíulle doer de
verdade porque lle saltaron as bágoas, e eu que pensei que me tomaba o
pelo polo teu ben procura que nunca te pille durmido, vaste enterar
Síntoo eu, a ver como o amañaba pensei que o decías de coña
¿Como que de coña? ela
Pero se eu o fixen moitas veces e tampouco me doiu tanto, e a
diferencia é grande eu
Xa; pero este espaladrapo é moi adhesivo, teno meu irmán para non
sei que dos nocellos, para que non se lle despegue cas zapatillas ela
Non o sabía, perodoa eu
Estábache decindo que o deixaras ela
É que me estabas metendo man eu
Se che molestaba puideches decirmo ela é o que se fai
Muller, molestar non me molestaba; pero eu
¿Pero que? ela, cunha mirada lasciva
Xa sabes eu, cortado
¿Ai si? ela
¿Perdóasme? eu
Non ela
Veña eu " ...reñidos máis queridos"
escóitase dunha parella de señores maiores que pasan preto
mirándonos, Berta mírame có seu sorriso irresistible, alegrándome o
espíritu e marchamos para a súa casa un ó lado do outro, sen
tocarnos; pero máis preto ca nunca. E no portal despedímonos cun bico,
a min dábame a sensación de que ó chegar á casa estaría miña nai
agárdanme para reñirme porque era moi tarde e ó día seguinte había
clase. Oes volvendo atrás ponlle algo de
crema sinalando ás costelas
Crema vancha ter que poñer a ti ela
¿Onde? eu, picardía
No cerebro ela para que penses con máis
¿Con máis que? achegándome perigosamente
¿Que pasa? este có soldo que ten non te pode levar a un hotel
¡seu irmán! en lugar de monta-lo numeriño aquí... ¿dixen montar?
foi sen querer
Marcos ela, entre seria e vacilona sube a comer uns poucos cereais
meu rei
¿Dos teus? o irmán
Si ela
Esto do chantaxe mirándome dá resultado
É que lles botei un pouco de cianuro, a ver se así atendes ó teu
seria
¿Molesteivos? seu irmán
Non eu para nada
Porque non era a miña intención; pero como estades no medio e medio
do portal e eu quería pasar por aí...o do hotel era de coña conmigo
non insinuaba nada
Ti non te preocupes que cando suba xa falaremos dese tema ela
Anda con coidado eu a min tamén me ten ameazado
¡Ah!, así se explica o irmán xa decía eu, tan mal gusto non
podías ter a min
Mellor vai durmir a casa dun amigo eu, vendo a cara de mosqueo de
Berta
Non tranquilo, des que ten antecedentes anda con moito coidado, antes,
antes si que era brava teño unha de marcas el
Sube anda Berta, seria e maternalista
Moito sube, sube, e ti pensa en que clase de exemplo lle estás dando
a teu irmán pequeno... se non me deixas quedar nunca vou dar aprendido
o irmán
¡Sube! seria
Que che vaia ben a min adeus irmanciña ela que o mira mal
Eu tamén vou subir ela
Case será mellor si eu, previndo ¿chamas agora a Fran?
Si pasando a man pola cara cun xesto nervioso xa o chamo
¿Non te poñerás triste outra vez? eu
Ela fai un aceno de non e entra, eu quedo
alí vendo como sube e mordendo o puño ca ansia. Tardei en volver a
unha temperatura normal. Cheguei á casa tranquilo, relaxado, ceei. Polo
camiño falara con Sonia do disco verde e dixérame que xa se poñían a
el para telo listo ó día seguinte. Ben, esperaba que Ánxela non nos
fallase.
|