Ás
veces dábame ganas de matalo, facíao adrede, como sabía que me
reventaba o tema Sofía, veña a mete-lo dedo. Nótabaseme, e tanto que
se me notaba, incluso me pareceu notar remorsos no seu ton, despois,
cando nos puxemos a buscar a Domínguez. Non foi moi difícil, unha
chamada ó seu móvil e listo. Deixeinos alucinados, bueno máis ben
deixeinos cunha certa sensación de inutilidade que tomei coma unha
pequena vinganza. Por suposto nin se ía mencionar quen era nin para que
quería falar con el, se algo sei de Domínguez é que lle encanta eso
de "un amigo dun amigo doutro amigo recomendoume a túa
axencia", aínda me lembraba de moitos nomes, nomes de clientes ós
que Domínguez non chamaría para confirma-las referencias por resultar
un tanto insultivo desconfiar dun amigo dun amigo de fulanito.
¿Quen vai falar? eu, controlando
Santi Campos con aquel sorriso da primeira vez que é o actor da
familia
Modestamente Santi son un fenómeno
Pásao bomba Cris tíñalo que ver hai uns momentos poñendo voz
de amante segredo
Hei, hei Santi sen pasarse que son un home casado, a ver ¿que lle
digo?
É fácil, canto máis prepotente sexas máis lle real vai parecer
eu
Non te estarás pasando Cris, reñíndome estanos resultando máis
listo do que pensábamos ¿non che parece?
Non eu, rebelde
¿Non? el, mordendo a lingua para non decir ese seguro e sorrindo ó
verse descuberto
Unha cousa é ser un aproveitado e outra ser intelixente eu,
razoando
Pero para saber aproveitarse algo hai que ter el
Moito morro eu, Santi que ri
Non lle ría-las gracias Campos o que digo é que subestimándoo o
único que facemos é arriscarnos
Xa, xa o sei eu, tiña razón que se lle vai facer pero é que me
revolve ó estómago o tío ese, ademáis é que é así, se o tratas de
vostede xa pensa que es un don ninguén
Humm Campos, rosmando
Mira, vin como lle facía descontos ata o nivel de custo a tipos que
só fixeron unha campaña con nós por ser amigos de non sei quen e sen
embargo ós clientes de de toda a vida exprímeos o que pode eu
Como xa os ten seguros Campos, raro
Si desconcertada
Hai xente que non sabe o que ten Campos, estraño, cravándome a
mirada
Moi ben Santi eu moi prepotente ¿e? porque non me vou poñer
"ti cacique dos medios faime un anuncio cojonudo ou avíote"
Eu referíame a máis ben a ¿Domínguez? ¿que hai? son fulanito,
díxome menganito que ti era-lo indicado para desenrola-la campaña que
teño en mente, é un proxecto innovador, sen límites. Un proxecto
arriscado e e valente, algo que deixe pegada ¿entendes? eu e a
estas alturas Domínguez estará babeando, decindo que si, que ten
precisamente o que buscas
Vouno pillando Santi e quedo con el
Verás como non fai falta eu vaite amarrar á mínima oportunidade
e se non o fai é que non tragou
¡Aha! Campos ¿daquela dubidamos?
Que petardiño es eu, el que me chisca un ollo
Aló vou Santi, facendo exercicios de quencemento coma se fose un
ximnasta ides ver A verdade é que me deixou alucinada,
tiña razón Cris, meteuse no papel á primeira, ata estiven a punto de
darlle unha tarxeta e eso que sabía que era un conto. Domínguez, xa o
estaba vendo, amarrouno, non lle deixou nin despedirse quedaron en
quince minutos nun bar da zona, do que Santi non me dixo o nome,
seguindo instruccións de Cris. Mosqueoume pero eles saberán o que fan,
de todo-los xeitos era información que non me incumbía; vamos, que me
picaron de carallo. Segrediños, segrediños. E case se me escapa.
¡Santi! nin me decatara
¿Que? xa case saíndo pola porta
Non podes ir así eu
¿Por que non? Cris ¿que lle pasa?
Que parece un poli eu, saiume sen pensar
Vamos, eso dilo ti porque o sabes Santi ¿en que se nota?
Temos quince minutos, queredes deixarvos de mamonadas Cris, dos
nervios ¿que ten que cambiar?
Os zapatos eu e a chaqueta, e, se pode ser, o pantalón
¿E non terei que cambia-los calzoncillos tamén? Santi, de coña
Se non os cambiaches pola mañán deberías Cris ai que carallo
¿e agora que facemos? ¿que lle pasa ó pantalón?
Demasiado cómodo eu
Se tiveses que Santi
¿Ves? eu
Igual ten razón ¿e se mercamos un traxe? hai moitas tendas por aquí
Cris ¿canto nos pode custar?
Como o elixa ela, unha pasta Santi
E como o elixas ti, non vai valer eu
Veña imos, e paramos na primeira que nos cadre de camiño Campos
andando ¿ti tes unha idea clara sobre como debe ser?
Máis ou menos eu
Mátaa Santi esta o que quere saber é onde quedei có seu
amorciño
Santi ¿a que che elixo unha camisa rosa? eu
A min non me ameaces Santi
¡Aquí! eu Caramelo sempre é moi socorrido
Como eu son tan doce Santi ¿esto pagaránno-lo, digo eu?
Se non, xa tes traxe para a comunión da afillada Cris ti vai
elexindo o traxe, nos imos merca-los zapatos
Que sexan discretos, de vestir; pero que non se note eu, indo de
entendida
Temos dez minutos Santi
Aquí abaixo hai unha zapatería que está moi ben Campos vimos de
seguido Eu entrei, e fun mirando. Os dependentes
non me quitaban ollo, moi educadamente; pero controlando. Había cada un
que quitaban o sentido, e eso que a min non me gustan nada os tíos de
traxe. Vin de pasada un que me encantou, pagaría por ver a Cris dentro.
Centráte nena, céntrate. Decidínme por un gris oscuro, que serve para
todo. Chegaron de seguido, cós zapatos na man, moi ben de pel de
revés, ideais. O primeiro que fixeron os dous foi mira-la etiqueta,
algo que se me pasara por alto. Miraron un para o outro e non puxeron
moi mala cara, menos mal. Probouno, e quedáballe bastante ben, en lugar
de facelo máis serio aínda tiña máis pinta de guasón, dáballe aire
de rico excéntrico. Mirámo-lo e remirámolo de arriba abaixo unhas cen
veces para comporbar que non había nin etiquetas, nin sinais de que o
traxe estaba ó deireitiño do paquete. Vovemos ó coche e engurrouno un
pouco, rascou as solas dos zapatos, có cepillo das alfombriñas e xa
case listo. Parezo outro Santi aínda me ides
ter que tratar de vostede
Tiñas que velo o día da boda Cris, contándome a súa muller
case non o recoñecía
Nin que ti vestiras tan ben Santi a Cris e ti mirándome moito
criticar, pero non hai quen te saque dos vaqueros mirando de esguello
a Cris
É que eu con calquera cousa que poña eu
Si, muller, si Santi se ti es feliz así por min que non sexa.
Deixádeme aquí. Tratarei de entrete-lo o máximo posible e cando non o
poida conter máis lévoo á comisaría. Chámote
Se atopamo-los disquetes antes, xa te avisamos Cris
Non caerá esa bévera Santi espero que teñas razón mirándome
Eu tamén sinceramente sorte
Calquera cousa Santi os artistas non a precisamos mentres
marchaba
Pasa para diante Cris que non me gusta ir de taxista, mírao vai
feito un pincel
¿Non sería moi caro? mentres me sentaba
¿Tes remorsos? Cris
Si eu
Que ía ser Cris é un agarrado, estaba pensando en leva-lo traxe
da boda á comunión, a el dámoslle un desgusto; pero a muller aínda
nos vai invitar a cear, que cho digo eu
Volvemos á "oficina", baixamos
do coche, estaba Andrea esperando con Oso. Cris deixoume saíndo do
coche e foi falar con eles. Ela ensinoulle un montón de papeis, el
colleu un, e veu cara min. ¿Apetéceche volver ó teu antigo
traballo? Campos
Non eu
¡Mala sorte! Campos rindo ¡tocouche! vós ides á súa casa
cara Andrea e máis Oso ¿xa te-los outros en posición?
Si Andrea agardando ó sinal
Pois adiante Cris o primeiro que os atope que te avise e ti chamas
a Santi, nos imos arriba, e se están aí xa te chamo. ¿Teñen todos as
ordes?
¡Joder, tío! Andrea ¿a ti que che parece?
Veña, dá o sinal Cris Parecíame estar vivindo unha película,
sentinme Laura Holt. A un sinal de Andrea sairon de ningures media ducia
de persoas, eles dous metéronse nun coche e marcharon. Estaba alucinada
polo que pasaba ó redor. Subín arrastrada polos demáis. Ninguén
falaba. Entramos na oficina. Cris levaba o papel na man, daba ordes en
silencio. Dous na porta. Despacho a despacho traede a xente á entrada,
mans á vista, silencio, miradas cruzadas. Ánxela mirábame
sorprendida, divertida, con curiosidade. Ela foi a única que parecía
apoiarme. Fran asesinándome, Simón baixando a cabeza; os demáis
alterados, sen saber. Tino actuaba como se xa o tivese previsto, como se
xa soubese o que íamos facer. Claro el sempre o sabía todo. Junior
montou o número de non hai dereito. Esto é unha orde de rexistro Cris,
serio léaa espetándolla nos fuciños
Ordeou comeza-lo rexistro. Cada un
parecía ter moi clara a súa misión, menos eu, a de sempre, na berza.
Ven conmigo Cris ¿onde está o teu
antigo despacho?
¿Se te podo axudar en algo? Sofía, a "servicial"
Si, claro que pode Cris, serio quede aquí cós demáis, quieta e
calada Ánxela tiña un sorriso de victoria, eu tamén
É aquela porta eu
Tiñas razón Cris, entrando de despacho non ten moito ¿non tes
claustrofobia? ¿como te apañabas?
Abría a fiestra eu
É certo, xa me lembro seguía serio ¿por onde comezamos?
Non creo que estean aquí eu
Por unha vez cravándome os ollos por unha vez ímoslle facer caso
seguir á miña intuición ¿paréceche?
Ti mandas sen intención, estaba moi serio a caixa dos disquetes
estaba aquí E seguía alí. Mirámo-los un a un e non
estaban, como ían estar. Fíxome repasar un a un todo-los meus
movementos desde a última vez que os vira. A verdade é que xa non me
lembraba moi ben. El estaba na esquina mirándome coma se mirase unha
obra de teatro e volvía a ter aquel sorriso que me derretía. Non
chegamos a ningures. Haberá que revisar todo el
Ti comeza por ese armario de aí eu a ver se todo está coma antes
Parece que si, a caixa dos disquetes aínda estaba onde a deixaras
Cris
Si, é certo pareceu sorprendido de que lle dese a razón, e eso que
a tiña
¿Sabes que me dou por pensar? Cris doce
¿Que? disimulando
Que ninguén colleu eses disquetes, que os extraviaches ti Cris
Vaia, gracias home ¿pódese saber que me estás chamando? eu
Despistada, eso é o que che estou chamando sorrindo tes
demasiadas cousas na cabeza, é loxico que se che escapen algunhas
mirando as carpetas
¿Si? ¿que cousas? ve-la maneira de pasa-lo tempo sen facer nada
eu, que o de xenio despistada facíame moita gracia cando o decía eu;
pero non escoitarllo a ninguén
Daquela estabas ordenando esto, e igual Cris
Tamén pode ser eu
Non es perfecta, Berta, ninguén o é, deberías asumilo, serías
máis feliz este de que vai, que eu son moi feliz, e ademáis perfecta
e por eso te quero, porque aínda teño algo que ofrecerche sen
mirarme se foses tan autosuficiente como pretendes ¿que sería de
min?
Eu non pretendo ser autosuficiente mentireira
Eso merece un "¿seguro?" rindo
Eu tamén rin, este sempre me ven con
estas cousas nos peores momentos, é que me desfai, cada vez estou máis
colgada. Puxen as mans na primeira carpeta e foi como volver meses
atrás. Alí controlaba eu. El mirábame, supoño que sorprendido de
comprobar que facía algo ben. Acendín o ordenador, por se os
atopábamos. E veña carpetas, a respirar pó.
¡Na miña casa! veume de súpeto
Non, alí non estaban Cris
¿Entre os papeis que levei, nos libros? eu
Non, por eso pensei en que podían estar aquí, se os estraviaches
tivo que ser antes ¿lembras? Cris
É certo, cando os quixen ver xa non estaban eu gracias por ese se
¡Apura! Cris Que apurase, eu xa vira o doble de
carpetas ca el.
Aquí hai un motín un dos axentes
Vou Cris ti sigue e, polo que máis queiras, atópaos, sei que
están aquí, faime caso Asentín ca cabeza, volvía ter o ton do
coche, que lle vou facer, fáiseme irresistible. Unha tras doutra. Unha
tras doutra. Parei e mirei na mesa, por se estaba levantando pesos sen
necesidade, non demasiado fácil, alí xa non quedaba nada. Collín
outra, xa non me fixo falta abri-la, estaba mal pechada e caiu todo no
chan. Quérote. Sairon disparados decindo aquí estamos. Crucei os
dedos. ¡Si! ¡Si!¡Si! gracias Deus por ser tan bo conmigo ¡quérote!.
¡Cris es un xenio!. Saín disparada coma se me fose a vida nelo. Todos
se me quedaron mirando. Ánxela tiña cara de circunstancias; Fran o
invencible e Junior, o duo dinámico. Simón xa erguía a cabeza. Puxen
os discos no bolsillo de atrás sen que se notase. Sofía colgada de
Simón. Mellor dese descerebrado que de Cris, Ánxela prométoche que
para a próxima non me meterei onde non me chaman, síntoo, ti si que es
unha raiña. Os compañeiros de Cris derrotados, sen ánimo. ¿E Cris?
Vino sentado na mesa de Sofía mirando pola fiestra. Fun preparándome
para que me dixese que veu un extraterrestre a decirlle que pola miña
culpa se extinguira o seu planeta. ¿Que pasou? eu
Ven el este debería se-lo teu despacho, vese á xente pola rúa,
dache a luz do día, así non terías esa cariña branca que tes
mirándome con dozura, eu ó seu lado
Gracias eu, acojonada, cando comezaba así sabe Deus o que tiña que
me decir pero...
Pero el o cabronazo ese chamou ó papaiño sen que nos
decatásemos
¿E? pensando en que máis nos tiña
E que Santi o levou para a comisaría, el chamou ó seu avogado e a
estas horas xa eliminaría os discos, ou xa os cambiaría de sitio, ou
eu que sei; todo para nada
Bueno, Cris eu non sempre vas ter razón sorprendido porque se
ademáis desa pinta de chulo castigador que tes, tiveses sempre a razón
¿quen te aguantaría? ¿que sería de min, onde cabería eu?; pero
¿sabes que?
¿Que? el
Que esta vez non pode ser eu
¿Que non pode ser o que? enfadado
Que caiba eu perdendo os nervios porque non sei se terás sitio
para os tres sacando os discos do bolsillo tiñas razón, estaban
nunha das carpetas Pasoume o brazo polas costas e cun
sorriso encantador botóuseme enriba . Comezou a bicarme cunha mezcla de
paixón descontrolada e alegría infinita. Vinte quérote polo medio e
non puiden conte-las bágoas cando me decatei de que o decía en serio.
El que me abrazaba, e me acariñaba. Incorpóramonos e limpoume as
bágoas, eu paralizada. El tamén se emocionou, vino, vino case
chorando, e volviume a abrazar. ¿Imos? el, seguro
Si eu Todos mirándonos, os meus antigos
compañeiros tiñan cara de sorprendidos; pero a cara dos compañeiros
de Cris aínda era mellor. El levaba os disquetes na man, erguiunos con
aire victorioso. Rapaces, bo traballo os compañeiros
aínda máis alucinados atopamo-lo que viñemos buscar, e ademáis
levamos propina. Imos deter a este cabaleiro por obstrucción á xustiza
sinalando a Junior e o resto que se manteña localizable
Pasei a carón de Ánxela, e doume unha
aperta; pero que boa xente é. Nos descansos das escaleiras había moito
curioso, e á saida do edificio tamén. Ás veces sorprende ver como eso
de que as noticias voan é certo. Baixaba falando con Andrea, díxolle
que chamara a Santi e un "que lle poña as pilas a ese cabrón,
témo-los disquetes", que metía medo. Recuperou o sorriso e
miroume.
¡E-la hostia! dime
¿Por? eu foches ti o descubriu onde estaban, o mérito é teu, eu
non fixen máis que lia-la nobelo, e de que maneira, ata me sorprendo eu
mesma das que armo
Agora ven o peor el pero non creo que teñas moito problema, canto
máis difícil o tes mellor che vai, así que sigue coma ata o de agora
rindo e-la hostia
Bueno, eu sigo decindo que se ti non o dis nin se me ocorrería mirar
no meu despacho; xa decía eu que Domínguez moi listo non era, claro
que a min tampouco se me ocorrería, ¿e a ti como che veu a
inspiración? eu
Esa pregunta ofende el rindo, non paraba
¿Ese semáforo non estaba en vermello? eu
Si; pero é unha urxencia Cris
É certo eu, concienciada a ver que sae ó xunta-los tres discos,
morro ca curiosidade
Non el seguía ó seu o que é unha urxencia é chegar antes cos
outros ¿non morres por ve-la cara de Santi cando lle digan que nos
marcamos un revolcón diante de todos? e despois digo que a min se me
vai, este si que está mal ¿imaxínalo, de punta en branco, tan
digno, tirándose dos pelos? el que ri
Máis ben imaxínoo tirándonos a nós dos pelos eu
É de coña el o de meterse con nós é de coña
Xa eu
O principio non; pero agora si el despois do golazo que acabamos
de marcar ¿quen nos tose?
¿Non estás sendo triunfalista de máis? eu
¿Por? el
Non sei ¿e se non teñen toda a información que precisamos? eu
Da igual, Berta el dá igual o que teñan, o que importa é que o
podemos conseguir, que aínda que traten de atrancarno-lo camiño sempre
imos atopa-la saída
Estás moi ben cando estas contento eu
¿E que teño que facer para ver como estás ti cando estás contenta?
Cris
Xa estou contenta eu
¿Agora? finxindo sorpresa pareces inglesa, miña filla Cris
¿Que o dis, polo acento? eu
Si por eso precisamente, polo acento el vouche dar eu a ti acento
e sigue conducindo coma un tolo, sería unha sorte que chegásemos ¿e
para esto gastan tantos cartos en anuncios os de tráfico?
Chegamos por fin, era o noso día de
sorte, sans, a salvo, e sen causar danos; algo certamente sorprendente.
Había unha pila de xente agardando; o resto dos que interviron non
estaban tan eufóricos coma Cris; pero ben se lles notaba que tiñan a
alegría no corpo. Veu Andrea. ¿Haberá que felicitarte? a Cris
tiñas razón. Xa aviso a Santi, ou mellor pasa ti
Non, imos ver primeiro o que teñen os disquetes Cris, serio antes
de facernos demasiadas ilusións vaia sorpresa
Si, home, si Andrea venme ti agora con disimulos, na oficina non
estabas tan serio de vacile
¿Santi sábeo? Cris, o trasno
Non Andrea non íamos entrar aí dentro a contarllo, tes cada
cousa
Pois que ninguén llo conte ata que ela máis eu esteamos diante non
hai seriedade ningunha non nos estropeede-la festa berrando
Eu sentinme un pouco non sei como, vaia
situación embarazosa, todos miraban ó ligue de Campos.
Berta Cris fasme o honor este
toleou de todo
Mellor síguelle a corrente Andrea, que me debiu notar fóra de
sitio merecedes un momento de gloria
Cruza os dedos desconfiada Cris
¿Por que desconfias? Andrea
Por medo, supoño eu se non sirve de nada estou morta
E eu contigo Cris ¿ou pensas que e-la única que ten algo que
perder?
Non ¿por que me rifa?
Para min que non se refire preciasamente ó seu traballo Andrea en
voz baixa alegra esa cara muller
Sacou os discos do bolsillo da chaqueta,
doullos a Sonia, que tiña o disco verde, estábamos todos agardando o
premio gordo.
¿Como sabía Fran o que tiña o disco? eu, sen decatarme
¿Ensinaríasllo ti algunha vez? veríao, eu que sei Cris
Nunca llo ensinei, e non o puido ver porque non sabía onde estaba
¿non? eu
¡Mira que es pesada! ¿queres saber cómo é que Fran coñecía o
contido dos grandes éxitos? el pois nada, haberá que peguntarllo,
alguén que me traia a Fran inmediatamente
Pensei que me vacilaba pero saen varios
axentes pola porta.
¿Máis tranquila? el ti pide, pide
por esa boquiña que aquí estamos para eso nun ton que non sabería
calificar Berta Sonia ven
Senteime ó seu carón, explicoume non
sei que cousas de bits, backups e moitas cousas máis que rimaban con
estas. Díxome que estaba pasando os discos ó disco duro do ordenador a
ver que pasaba. Non pasou nada. Tiñan o mesmo que tiña eu na oficina,
un montón de xeroglíficos indescifrables. Seguro que resultaba que o
dos discos e a información segreda e toda esa carallada era algo
parecido o das meigas, habelas hainas; pero onde aínda ninguén o sabe.
Sonia tecleaba desesperadamente, buscando, non sei o que. Eu fría.
Campos que me miraba. Silencio, silencio. Sabíao, merda. Erguinme e
empurrei a silla contra a mesa, precisaba romper algo. Ninguén decía
nada. Sonia desiste. ¿Como o fixeches? eu seria, violenta
diría
Como che expliquei Sonia
¿Cal meteches primeiro? coma se eso me dixese algo; pero tiña que
falar, non aturaba aquel silencio tenso
Este Sonia, dándome o disco que ten a data máis antiga
Deixamos todos ¿podes borra-los do disco duro? eu, falando coma se
soubese de que
Si, claro Sonia ¿queres que o faga?
Si, imos comezar de novo eu
Míraos Cris, preocupado ¿son os mesmos?
Si, tranquilo, son os mesmos eu, dándolle a razón,
tranquilizándome, eran os de verdade, mirara tanto aqueles disquetes
cando pensaba que eran de contabilidade que os coñecía ó milímetro,
as raias que lle facía có boli cando me poñían dos nervios. Cris
tiña razón, o problema non estaba nos discos a ver se entre todos
razoamos un pouco, eu sempre cerrellei nestes dous, metíaos no ordeador
¡hostia! ¡por eso o coñecía Fran!
¡Copiache-los no disco duro do ordeador! Cris
Debe ser eu
Se algún día sacache-lo disquete sen pecha-lo, si Sonia
Pois daquela déboo ter copiado unhas cen veces porque non sei como se
pecha eu, que burriña son
¿E o verde non? Sonia
Ese é distinto, si que sei como abri-lo e pecha-lo eu
Menos mal Cris, vacilándome
Si, menos mal eu, pasando del daquela, se eles tiñan estes
copiados do meu ordeador
Non lle valían de nada Sonia son como o verde, a copia non
funciona, polo sistema de seguridade
E polo que se ve o orixinal tampouco non sei quen
Algo estamos facendo mal eu o descodificador é o verde, imos
comezar por este a ver que pasa
Vale Sonia
¿Que esperas que pase? Cris
Que nos diga os pasos a seguir, coma cando fixen
Xa todos sabemo-lo que fixeches Cris, interrompendo dalle
Abrimo-los primeiros arquivos, estaban
como os lembraba; pero aquelo non nos valía de moito para o que
estábamos facendo. Abrimo-lo último, lembreime ó velo, estaba en
branco. Cando non está de ser, non está Oso
¿que lle imos facer?
¿Podes mirar se había algo e se borrou? eu
Non, eso só funciona no disco duro Sonia
¿Si? eu
Eso creo Sonia
Estámosche ben Andrea vaia inxeneiras informáticas
¿Queres facelo ti? Sonia, picada
Da igual eu non é importante, seguro que xa é así
Claro Andrea vacilando
¿Enganeime eu algunha vez? eu
Nunca Cris ti, nunca
Porque son perfecta e nunca me engano eu
Exactamente Cris
Agora collemo-los discos e metémolos eu, a Sonia
¿Cal primeiro? Sonia
O que meteches antes de primeiro eu ese Campos que se ri ¿e a
ti que che pasa?
Nada, que parece que sabe-lo que estás facendo Cris
E non vou saber estábame recuperando, podía sentir, como a forza
do universo me apoiaba, é que se me vai
¡Joder! Andrea que asoma por entre nós sode-las mellores
Sentín a man de Cris no ombro, mireino e
sorría. Así se fai, así Cris
Agora xa non había símbolos, nin
xeroglíficos. Podíase ler claramente. Sonia sorrindo.
¿Sabes de que vai? Sonia
Creo que si eu
Se ela o cre Cris haberá que facerlle caso
Sonia ponse a un lado e déixame o
ordenador. O primeiro que aperecía era unha especie de licencia de uso,
unha limitación de acceso. Unha lista de nomes, ordeados en función
dalgún criteiro aínda descoñecido. Tiñan no lado dereiro un sinal,
non era o mesmo para todos, non era orde alfabético. Unha chea de
empresas e persoas físicas, teléfonos de contacto e unha palabra á
esquerda, un código de contacto supoñía. Seguín avanzando. Nomes de
campañas, unhas en negro e outras en vermello.
¿Ves algo que che resulte familiar?
Cris
Si eu, el sorprendido as de negro son as legais
¿E eso como o sabes? Oso
Porque para eso me traguei todo-los arquivos da historia da axencia
eu
Ó final, non hai mal que por ben non veña Cris, cómplice
O resto non sei que é eu
Sigue, que vas moi ben Cris
Vaia cantidade de nomes, a maioría só
tiñan anotacións en vermello. Aquelo metía medo, que estiveran
facendo estes có noso cerebro. Debía haber máis de cen nomes. Cando
cheguei ó final o mesmo programa mandaba inserta-lo segundo disco. Así
o fixemos, e alí estaba, a contabilidade completa, datas, movementos
financeiros, nomes, todo. Ó milímetro. Non me estrañaba que andivesen
detrás daqueles discos coma tolos. Cando Domínguez se entere de que se
lle acabou o choio vaille dar algo. Sumerxinme na información que saia
da pantalla e desconectei do demáis. ¡Esto é moito! eu, falando soa
mira ti onde metían os cartos os meus pobres
Miles de cabezas sobre os meus ombreiros.
¿Onde? Cris
Aquí eu
Joder, contas numeradas Cris ou sexa que xa podíamos repasar
contas e impostos que non os íamos pillar
Á forza a contabilidade non reflexaba nada eu
Pero seguro que xa non existen Andrea, nos que a miramos estrañados
¡veña! ¿de verdade credes que non cambiaron os cartos de contas
cando os colleron?
A verdade... Cris moi lóxico non sería
¿Como que non? eu, ofendida de que lle quitasen mérito ó
descubrimento e buscando unha explicación que parecese lóxica
pensadeo ben ganando tempo se están aquí anotado-los números por
algo será moi ben Berta, vas por bo camiño non o sabían, aposto a
cabeza a que non tiñan nin idea de cales eras as contas
Claro Cris, escéptico ¿e daquela quen facía os movementos? xa
sabes, alguén tiña que transferi-los cartos a esas contas, non creo
que fosen os clientes directamente ¿non che parece?
¡Pois hai que ser ben gilipollas para deixar anotado-los números de
contas, vamos!
Eso tamén é certo Sonia ¿que os puxeron aí, para que recollese
os cartos o primeiro que os vise?
Terían que levar un control do que facían, non o deixarían todo ó
azar; pero eso non quere decir que ninguén soubese nada exceptuando a
persoa que fixo este documento Cris
¿E se Domínguez só ía detrás dos cartos e lle importaba unha
merda o de volver a poñer en marcha o proxecto? eu, mosqueando
¿Que? Cris teslle unha manía a ese tipo; pero a ver Berta, esto
estaba na súa oficina, el sabía o que había aí dentro, e ademáis
¿para que ía montar ese grupiño especial de cerebros? ¿para buscar
uns números de contas? tampouco creo que el sexa incapaz distinguir un
número de conta
Bueno e se eu
¡Sonia! Cris mira se podes localiza-las contas esas, porque
acabamos antes que discutindo con esta mirándome e se por enriba
ten razón, quen a aguanta
Así que según ti Andrea o tal Domínguez montou todo esto para
conseguir uns cartiños
Ou para non perdelos eu
Muller, eso aclarao todo Andrea
Se as contas están en pesetas teraas que cambiar, polo do euro eu
bueno eu que sei, non teño nin idea de como funcionan os paraísos
fiscais ó meu Cando mirei para eles parecían facerme
caso, coma se o que estaba decindo tivese sentido.
Deixou o tema aparcado esperando un
momento mellor Cris e de súpeto decatouse de que se lle viña
enriba o cambio de moeda e puxo en marcha o dispositivo de busca
E claro, un día gardou os disquetes Andrea eso si, onde os
puidese coller calquera, e claro esquencéuselle onde e mandou tres
víboras a buscalos, en lugar de ir el mesmo ó seu despacho a collelos
Igual el non sabía onde estaban eu igual non era el o que levaba
este tema
¿E por que lle cargaron o morto daquela? Cris
Porque debía ser das poucas persoas que tiña tan pouca idea do que
estaba pasando, que non podían pillalo, e como é un pelota seguro que
aceptou encantado eu
Pasa dela Cris a Andrea non hai quen lle quite da cabeza que
Domínguez é un babeco
¡Que carallo facedes aí! Santi, enfadado ¿canto hai que
chegáchedes? ¿pódese saber por que non me avisastes? o tipo este non
fai máis que decir que quere ve-lo seu avogado e eu xa non sei que
decirlle
Que o vexa, que o vexa Cris que lle vai facer falta, e que chame
outro para o seu fillo
¿Que pasou? Santi, curioso ¿atopounos?
E non os había atopar Cris a rapaza eche un fenómeno coma se
eu non estivese alí que faga esa chamada
Unha axente que estaba alí de pé marcha
e despois sae con Junior para face-la chamada. Levouno de volta, non me
viu. Pola porta entrou Fran, vaia, agora xa non facía moita falta.
¿Que facemos con este? Cris, a min
Desde cando lle hai que preguntar a ela Santi ¿seica dou un golpe
de estado?
Tes razón Cris, indo cara Fran
Non sei que lle dixo; pero Fran non tiña
moi boa cara e mirábame coma se fose a persoa máis cruel do mundo.
Levárono para a sala onde estaba Junior
Que se vaian poñendo dacordo Cris a
Santi que lle preguntaba ca mirada
¿Así que o rexistro foi ben? Santi, o "inocente"
Si, moi ben Cris, facéndose o interesante
E tanto Andrea, que xa non aguantaba disque houbo quen se pegou un
revolcón ca alegría e todo Non fixo falta decir máis nada, Santi
acendido de non sei, cólera, non paraba de mirar a Cris, despois a min
¿Diante de todos? Santi
Disque si Andrea Víaselle o sangue correr cara o cerebro,
Cris que gozaba cada segundo, eu que non sabía onde meterme; non podía
evitar sentirme incómoda, en resumidas contas era a miña vida, porque
decir que era a miña intimidade era un pouco excesivo dada-las
circunstancias No medio e medio da oficina Santi, a
Cris non me digas máis
Non, home Cris, botando leña no despacho de Sofía, que ten un
ventanal tremendo, así tamén nos viron desde a rúa
Claro Santi e porque non había unha camara de televisión preto
que se non...
Foron as vibracións do despacho eu, por decir algo
Xa Santi non, se van acabar alugándoo para luas de mel rindo xa
Veña, tío Cris que foi pola alegría de atopa-los disquetes
Quero supoñer que eso foi despois de que te chamara Santi
Si, ¿por que o dis? Cris
Porque como os atopases antes e non me dixeras nada mátote Santi
mirándome tiñas que ver con que voz se despediu desa chamada, así
como de tigriño ferido vacilando
Entrou o avogado de Domínguez e veu
directamente cara min, Cris cortoulle o paso e levouno cara a sala de
interrogatorios con Domínguez. Santi foi con eles, pouco despois saiu
Cris. En canto saibas algo desas contas
avísanos a Sonia o resto podedes marchar, ti non a min queda
por aí que nos vas facer falta coma se fose a roda de reposto
Marchou sen agardar resposta, recolliu a
Junior e Fran e levounos con el. Nin sabía que hora era, resucitei cando
Sonia me veu decir que atopara as contas, eran dun banco moi coñecido
deses que poñen moitos anuncios na tele, estaba agardando un fax ca
comunicación sobre o saldo. Á pobre non lle fixen nin caso, volvinme
tirar no banco e seguín durmindo. Escoitei algo de barullo; pero nada
perturbador. Espertei porque me faltaba o aire.
¿Estás viva? Cris xa comezaba a
dubida-lo, levo media hora intentando espertarte e ti nin caso
Eu desorientada, entre que trataba de
volver respirar con normalidade, que non me lembraba de onde estaba e
que a voz de Cris me soou demasiado forte para o que podía soporta-la
miña pobre cabeciña. ¡Veña! Cris que tampouco foi para
tanto sentíndose culpable foi unha medida desesperada
Eu que non tiña nin idea do que falaba.
Mira que se lle deixache-lo cerebro sen
osíxeno moito tempo Santi
¿De que vas? Cris só foi un segundo de nada
Si, eso é o que che parece a ti; pero mira como a deixaches Santi
a tía ten claustrofobia, mira que se che queda así para sempre
Vai raña-la Cris ca actividade cerebral que ten tipa esta aguanta
un mes sen aire
¿E eso canta é? Santi ¿moita ou pouca?
Moita Cris venlle ben un frenazo de cando en vez
Calaredes eu
¿Ves como non lle pasou nada ? Cris
Ide á merda eu, dando a volta a ver se me deixaban tranquila
Ten mal espertar Santi que chungo
¿Mal espertar? Cris vas saber ti o que é ter mal espertar
Sinto que me colle pola cintura e que me
leva en brazos, non era unha sensación desagradable así que eu seguín
medio durmindo. Ábrense portas, unha máis, agora facía frío, ruído
de auga... ¿chove? ¡chove! abrín os ollos, aquelo parecía máis ben
un vestiario, ¡un vestiario!, ¡unha ducha! púxenme en pé de seguido
non é que me desguste ducharme, todo o contrario; pero dábame no corpo
que aquelo era auga fría. Pero volvín sentar, o de sempre, a tensión,
ou o que sexa. ¿Ves? unha ducha fría Cris eso si
que é espertar mal Mirándoo con cara asesina, porque a
falar non daba. ¿Paréceche mal? Cris pois din que
é moi san
Pois dúchache ti eu, que xa collía azos que e-lo que está
contaminado
Tranquila fera Santi que o tigre é el, por certo, ti o do salto
do tigre tíñalo dominado ¿non? Cris que lle mete un puñetazo nas súas
partes. Largo Cris
¡Si, ho! Santi e perde-lo número erótico do día, xa perdín o
de onte
Non vai haber número ningún Cris
Ti engásme Santi, marchando seino
¿Que hora é? eu, a ver se calaban
As cinco da mañán máis ou menos Cris
¡As cinco! eu ¿e para que me despertas?
Temos que falar non sei se serio ou enfadado, aínda non estaba moi
lúcida mellor será que te refresques un pouco, non estás moi
espabilada que se diga
Gracias home, eso é precisamente o que me gusta escoitar ó despertar
eu
Lava a cara erguéndome por un brazo e arrastrándome a unha das
piletas con auga fría
¿Estás de coña? ¿queres que me dea algo? eu
Berta Cris ¡desperta dunha vez ! enfadado, sen dúbida
¿Que saiu mal agora? eu
Nada Cris deso temos que falar
Nin sequera sentín o frío da auga,
espertei de súpeto, carallo se espertei.
Así que chegou o momento de pagar
eu, con filosofía El non decía nada.
Bueno, véndolle o lado bo, xa non se
alonga máis esta agonía eu El non falaba.
¿Vou ir ó cárcere? eu supoño,
claro
Eso dincho arriba el eu non son quen
Ai, ¿non es quen? eu pois se non es ti, non sei quen vai ser
Xa cho din arriba el agora quero falar doutra cousa
Pois espero que sexa algo importante, porque non me parece o momento
eu
Si que é importante el ¿estás esperta de todo?
Fresca coma unha rosa eu
Gracias el
¿Gracias? ¿por espertar? eu
Por todo el
¿Todo o que? ¿vante ascender? eu
Non me botan e dou gracias el
Xa case me afixera a esta situación, ¿cres que aprobaría as
oposicións? este traballo éche moi interesante eu
Es moi baixiña Cris
¿E eso non é moi discriminatorio? seguro que é anticonstitucional
eu
Ademáis o de ter antecedentes non creas que che vai axudar moito
Cris
Non sei porque, ó final coñezo as dúas caras da moeda, debía
puntuar doble eu
Cala Cris
Non me dá a gana, moito che gusta mandar euu
Cala e bícame dunha vez ¡a hostia!
Que romántico eu
Para que despois todos digan que es moi caladiña e bícame el, e
abrázame forte, moi forte, e doume por chorar, xa me parecía un mal
costume tranquila, tranquila el cariñoso heiche mandar unha lima
dentro do bizcoito toleou
Non era eso o que esperaba escoitar eu
¿E que esperabas logo? el, de cachondeo
¿Quérote ou algo así? eu
¿E se non te quero? el
Esperaba que si eu
¿Non será moito esperar?, xa sabes, como me vou con calquera con
sorna
Non eu
¿Non que? el
Que non é moito esperar, ¿se te vas con calquera porque non vas vir
conmigo? eu
Porque ti non es calquera, Berta, ti non es calquera; é motivo
dabondo ¿non cres? Cris
Ti saberás eu que comezaba a agobiarme.
|