Tratei de non poñerme triste, e case choro, esperaba que non se me
notase. Tomouno ben, aínda que a escoitei chorar. Domínguez non
precisou moita axuda para contar todo o que sabía, que tampouco era
moito. Fran e o fillo de Domínguez eran peóns, Fran suplicaba, e
pedía xustiza, por que a el. Ó principio non me decatara do ben que
fixeramos mandándoo chamar. Pensei en deixalo alí por non quedar coma
un incompetente mandando traer xente que non me facía falta. Pero
comezou a perdelos nervios e cando eso lle pasa ós demáis sempre
resulta beneficioso. Escamouse porque só viña el, non estaban Simón,
nin Sofía. Pensaría que a tomara con el por andar detrás de Berta,
unha especie de vinganza ou eu que sei. O pouco tempo que agardou có
fillo do outro debiulle resultar eterno. Discutiron, Junior non sabía
de que ía a cousa; pero Fran recrimináballe unha e outra vez que
chamara ó seu pai, que porque non nos deixara face-lo noso traballo a
gusto, que agora non podían decir que eles non sabían nada e que el
lle botaría a culpa de todo se o acusaban de algo. Que non pensaba
cargar có morto de ninguén. E Simón, seguro que fixo un trato, seguro
que se libra. Que el non fixera nada. E en realidade tiña razón,
meterse con Berta, e pouco máis, nada, en definitiva; máis ben todo o
contrario, cós seus nervios contaxiou a Domínguez.
Eu daquela levaba a parte
administrativa da empresa Domínguez non ganaba moito, Tomás era o
xefe, un incompetente, non tiña madeira de xefe, nunca a tivo. A el
parecíalle que esto de levar unha empresa era coma se-lo cabeza de
familia, trataba ós empregados coma fillos. Eu xa tiña pai, ¿non sei
se me entenden?. Quería ascender. Un día chamoume da central o que me
enchufou na axencia, para que lle fixese un traballiño. Non me parecera
nada importante, viña un rapaz instalar un novo sistema informático
para axiliza-la transmisión de datos, algo que a min non me interesaba,
porque me prometeran contratar un administrativo que se encargase do
papeleo e a miña tarefa sería de dirección de departamento.
¿E vostede que tiña que facer
exactamente? eu Nada, só firma-lo contrato do rapaz e
contratar como administrativo outro que tamén me recomendaran.
Parecíanme insignificancias. O administrativo viña destinado da
central, alí xa o coñecían, foi unha fichaxe estrela, era un
fenómeno. Tiña todo ó corrente e a min non me molestaba, eu só lle
mandaba facer e el facía. Pasaba moitas horas na oficina e tiña moitos
contactos, có que decidín que había que tratalo ben. Eu seguín có
de sempre, revisando as campañas e controlando ós creativos, xa que
Tomás non o facía, se por el fose os beneficios diluiríanse no gasto
creativo e para a empresa, nada. Eu, se de algo se me pode acusar é de
loitar polo ben da empresa anda que... despois viñeron con aquela
trapallada de que estábamos fóra da lei. A min encargáranme que
colaborase plenamente ca xustiza, que me encargase eu porque Tomás non
tiña o carácter que facía falta, menos mal que o viran. E sen me
decatar sacaronme os contratos dos rapaces da central e non sei que de
fondos en negro; non sabía de que ía pero cheiroume a que me estaban
empregando como cabeza de turco e non me gustou, un par de chamadas á
central. Dixéronme que era o procedemento habitual; pero cando
comezaron a falar de penas e anos dei en preocuparme e díxenlles que
non había problema, pero que eu precisaba unha compesación. Ó
primeiro non me fixeron moito caso; pero conforme a cousa se puxo máis
crúa, cando os ameacei con decir nomes e dar máis explicacións das
que me pedían, aceptaron. Puxéronme un plazo de cinco anos para que se
calmasen as cousas, e despois daríanme o posto de Tomás, a min non me
pareceu dabondo, así que para que conformase aumentáronme o soldo e
cobraba xa daquela moito máis que Tomás.
¿Que foi dos dous que viñeran da
central? eu
Non sei, desapareceron como viñeran, non volvín saber deles
Domínguez
E o dos disquetes, aínda non nos contou nada deso eu
Hai uns meses, un dos da central, un
xefazo, fíxome unha chamadiña para decirme que estaban a punto para
trasladar a Tomás e darme a min o posto de director, o meu posto. No
medio da conversa e coma quen non quere a cousa deixou caer que ó
rapaz, ó informático, lle quedaran uns disquetes que agora precisaban.
Eu quedei en busca-los e mandarllos. Ó día seguinte volveu chamar e eu
díxenlle o mesmo. Alonguei o tema, a min que me decía de disquetes nin
de historias de había cinco anos. Para min non fora unha boa época,
tiraran polo chan a miña reputación si ho e aínda porriba tiña
que andar de secretaria do rapaz aquel, que para min que tiña algo que
ver con todo o asunto. Por fin chegou o día que asinei o contrato, veu
por mensaxeiro urxente, moito antes do que me prometeran, parecía que
tiñan présa. Púxeranme a condición de que non comentase nada ata que
eles falaran con Tomás para comunicarlle a nova situación, e volta a
menciona-los disquetes. Tanta insitencia chamoume a atención. Por
aquela época a relación ca miña muller non ía moi ben, os
matrimonios acomódanse e a paixón morre ¿porque soa ó que din
todos? ¿para que casan? e na oficina había unha rapaza que, como
decilo, un non está cego. Non me resultou moi difícil seducila ¿ti
a ela??? cando lle contei os meus plans de futuro caeu rendida, o
poder sempre resulta atractivo si, será eso chegamos a manter unha
relación de intimidade que non ven ó caso comentar agora. Eu conteille
o da insitencia cós disquetes e a ela pareceulle moito máis
interesante que a min. Díxome que os podíamos buscar e ver que tiñan,
porque se os xefazos se interesaban tanto por eles, sería por algo.
Sinceramente pareceume unha parvada da moza; pero por cumplirlle o
capricho, mirei no despacho de Berta. Era complicado porque o tiña todo
da súa man e a muller pasaba todo tempo alí metida, mellor, non era
unha persoa que me resultase agradable e non era ó único que o sentía
dese xeito; pero como a Tomás lle caera en gracia había que aguantala;
se algo tiña de bo era que traballaba moito e eso dábame máis
liberdade a min, ademáis levábase ben cós creativos así non tiña
que torear eu con eles. O día que botei unha ollada, abrín portas e
caixóns e non dei cós disquetes. Tíñaa visto andar cunha caixa, un
arquivador; pero non sabía onde a tiña agachada, non lle gustaba que a
xente fisgase alí, tiñao todo baixo chave, era unha neurótica.
Por eso llo encargou a Fran eu
A min non me encargou nada, eu axudaba a Simón Fran
Sofía díxome que a ela non llos ía
dar porque non se levaban moi ben; pero que Fran era íntimo dela e que
había que conseguir que llos pedise ou que lle dixese onde os gardaba.
Como Sofía tampouco se trataba moito con Fran, utilizou a Simón de
enlace, porque é moi bo rapaz si e podíamos confiar nel, ademais
coñezo á súa familia, xente ben. Con todo, non llo deron sacado,
tanta sutileza e a rapaza non se daba por aludida. Sofía mandáralle
buscar un arquivo dos antigos para tela entretida mentres Simón entraba
e collía o que fose. Tanto me enchiu, que unha vez avisado Tomás de
que se marchaba e eu tomaba posesión largueina, malo sería que non
dese feito a rexistra-lo puto despacho, roubar non mos ía roubar.
Daquela foi cando lle contou a Fran que escoitara falar de min; e
mencionoulle tamén uns disquetes raros, eses tiñan que ser. Pero
desapareceran, pensábamos que os levara, non son o suficientemente
grandes para que un se decate se llos están roubando. Estrañábanos
que non llo contase a Fran, só falara de que levara aquel disquete
verde. Revisamo-lo disco duro do seu ordenador e poidemos velas copias
dos famosos disquetes; pero meu fillo analizándoos a fondo viu que
faltaba o decodificador, o verde. En teoría xa o devolvera, eso lle
dixera a Fran. Obviamente non o fixo. Eso tamén haberá que telo en
conta Nós ben sabemo-lo que hai que ter en
conta eu vostede non se preocupe
A rapaza xogóunola ben, sabe Deus que estará facendo con esa
información. Escoitamo-los rumores da manipulación do canal e Fran dou
en decir que fora Berta, así que a vixiamos; cando soubemos que estaba
aquí tratamos de intercepta-los disquetes antes de que os entregara;
pero empeñouse en que non os tiña
E non os tiña eu estaban na oficina
Non o fillo de Domínguez alí non, rexistreina a fondo
¿Moi a fondo? eu
Mirei os disquetes un a un Junior
Xa eu e agora queremos escoitar nomes
¿Está tolo? Domínguez
Queremos escoitar nomes eu ¡agora!!!
¿Que nomes? mirando ó avogado, que lle suxería colaboración
¿Quen lle dixo que contratara ós da central? eu
Pancho Domínguez
¿Villa? Santi ¿por que supoño que terá apelido?
Francisco Gónzalez de Prado Domínguez
¿É o mesmo que lle pedía os disquetes? eu
Non, este é Pedro Alejo Contreras Domínguez Seguiu cantando ó compás que lle
marcamos. Chamamos ó meu xefe, veu cun sorriso que non lle vía desde
que casou á filla. Mirei a Santi, parecía un deses das películas, có
traxe e a garabata, tiña estilo o tío, case me daba pena que a muller
non o vise ó dereito da tenda; agora tíñao todo engurrado; pero que
ben lle quedaba. Eu estaba feliz, Sonia chamoume fóra, e vin a Berta
durmindo no banco, ca cara dun anxo. Os extractos das contas, intactas,
vaia putada, tanto roubar e delinquir para non poder sacarlle proveito.
Os movementos realizábanse a través dunha desas sociedades de
servicios, que tiña unha conta un tanto dubidosa nun banco electrónico
e que se xestionaba a través daquel programa. Debeu se-lo último en
informática naquel tempo. Remirando nas ordes de busca vin a do
informático, xa daquela non conseguiran localizalo ¿quen sabe onde
estaría?. Os da central xa tiñan localizados ós socios de Domínguez
e preparados para interrogalos ó momento. De todo-los xeitos volvín
cursa-las ordes de busca dos dous rapaces, nalgún sitio estarán. Quen
sabe, estamos de sorte. Decidimos darlle un respiro mentres
agardábamo-los resultados do resto dos interrogatorios. O xefe chamou
ás altas instancias e ó resto dos buitres, era o que máis lle gustaba
terlles carnada preparada, en certo xeito eu agradecíallo, non era que
me entusiasmase perderme en termos legais e reducir esforzo e traballo a
nada. Santi baixou á cafetería có resto. Eu marchei toma-lo aire,
parecía que a claustrofobia se volvera contaxiosa. Collín o coche e
fun dar unha volta, unha vez escoitei que ó mellor cando se estaba
desorientado era volver ó comenzo. A rúa estaba valeira, eran as
tantas, só algún escaparate apoiaba ás farolas. Andiven rúa abaixo,
ata o final; dei volta e vina que viña cara min, dentro daquel abrigo,
achegábase, volvín a aquel momento sen esforzo, o frío, aquela maxia.
A rúa enchiuse de xente que ía e viña, que tropezaba con nós, Santi
ó meu lado, e un cruce de miradas de segundos que se me espetou no
corazón. O móvil fíxome volver. Chegara un fax
da Garda Civil cunha ficha do informático que daba para alfombra-la
comisaría. Estaba baixo custodia así que de momento non podíamos
botarlle man pero aquela información axudábanos. Os corvos entraran ó
pouco de chegar eu. Ímolos trasladar a todos para
interrogalos de novo, xa nos encargamos nós de todo un deles
Moi ben o xefe é de supoñer que non a volveredes a cagar ¿o
xefe??? porque non imos estar sacándovos sempre as castañas do lume
está guerrilleiro os meus rapaces non teñen porque andar limpando
a vosa merda
Eses comentarios están de máis outro ¿non cre?
Non, non creo o xefe que quede todo zanxado dunha vez
¿E a rapaza? o mesmo, sinalando a Berta
A rapaza eu está durmindo o xefe ri
Tamén a levamos o mesmo
Non dixen eu para ela xa temos pensada outra cousa
O que vostede teña pensado non importa, ela tamén está implicada e
ímola levar outro
Como xa lles dixo o axente Campos o xefe a rapaza queda,
consideramos que o seu caso aínda que indirectamente si está
relacionado có que nos ocupa, non ten moito que ver, trátase
claramente de delictos distintos, e está máis que probado que non
actuou en acordo có resto
Pode deci-lo que queira o máis falador pero se chegado ó caso
consideramos que si hai relación virémo-la buscar
Si, home, si o xefe, con sorna agora xa sei porque non deron
resolto o caso
Aquelo non foi culpa nosa o mesmo xa llo expliquei
Como queira o xefe a rapaza queda aquí e punto, e moito coidado
con andar tocándono-las pelotas
Supoño que tampouco será un elemento clave, prescindiremos dela,
logo o mesmo
Supoña o que queira o xefe
Sorprendeume o xefe, nunca se rebotaba
cós traxeados, máis ben adoptaba unha actitude sumisa, hoxe debía ser
moi tarde e estaría demasiado canso para formalismos. O caso é que non
levaron a Berta, ó resto si, tamén foron por Simón e Sofía. Do outro
rapaz aínda non sabíamos nada. Agora andarían dándolle a vara á
Garda Civil para quitarlles ó informático; estes andan á que salta, o
caso é aproveitarse do traballo dos demáis. Terás que falar ca rapaza o xefe
xa sabe-lo que lle queda, mellor que llo vaias decindo ti. Eu vou
chamando a Carmen para que o tramite
Moi ben eu vouna espertar ¿respetarán o trato, digo eu?
Claro que si o xefe ¿ou ti que pensas?
¿Seguro? eu
Xa che dixen que si. Ese costume teu do seguro resulta bastante
cargante ¿nunca cho dixeron? o xefe, quisquilloso
Algo me dixeron, si, algo me dixeron rindo
Irei contigo Santi non sexa que precises axuda
Non creo que a precise eu, saíndo diante
Bueno igual precisas unha conciencia Santi xa sabes que a
nocturnidade pode inducir...
Que ganiñas de marear tes eu ¿por que non lle vas ensina-lo
traxe á túa muller?
¡Joder! Santi é comodísimo, e non me senta nada mal, ¿eh? para
min que ata liguei e todo
Habías e todo eu ¿e con quen?
Así en xeral Santi que me miran doutro xeito
Será porque non te recoñecen e pensan que es outro eu
Será Santi, picado ou será que tes envexa
Tamén eu ou que me celo, porque para min nunca te pos así de
guapo, e ven unha descoñecida a decirche que poñas un traxe e polo
Ai, corazón Santi fíxeno polo caso, xa o sabes; que ti e-lo
único ó que quero, meu ben
Esta ten unha facilidade para durmir eu, mirando a Berta que nin se
inmutaba có barullo que hai Cando xa espabilou entramos na sala,
parecía tranquila, desexando rematar dunha vez, eu tamén. Eu non, xa
me afixera a ela, a ter que chamala, a discutir, á súa mirada asesina,
á súa forza, á súa paixón, a todo. Sentíame despreciado ó ve-la
súa ansia por rematar con aquela situación. Si, parecía triste; pero
tiña ansia por rematar. Na sala estábannos agardando Carmen, o
xefe e máis Santi. Bos días, Berta Carmen eu son
Carmen
Ola Berta
Senta Carmen supoño que xa che explicaron para que estou aquí
Non, a verdade ela, e todos que me miran
¿Non lle dixeches nada? Santi
Non, pensei que eso llo había que deixar á profesional eu, e era
certo
¿Pero contaríaslle o do trato? Carmen
Non eu
O xefe díxonos que non podíamos Santi apoiándome, e tamén era
certo
¡Bueno carallo!, ímolo apuntar no calendario o xefe os rapaces
fixéronme caso
E ti Carmen a Berta ¿colaboraches sen saber que che ía pasar?
Algunha idea teño Berta cando fixen o que fixen xa sabía que non
era legal, non contaba con que me pillasen; pero xa sabía o que había
Así que te puxeches no peor Carmen e o que che resten deso
benvido sexa, ¿non?
Si Berta, ca súa lóxica
Bueno teño entendido que non te "pillaron" exactamente
Carmen mirándome e eso tamén conta. Eu dígoche o que che podemos
ofrecer e se despois non che interesa toma-las medidas legais que
consideres oportunas. O que temos son seis meses de arresto domiciliario
e dous anos de traballos sociais ¿que dis?
¿Só? Berta, e parécelle pouco ¿ non vou ir ó cárcere?
Non Carmen ¿querías?
Non Berta
Eso foi o primeiro que dixo eu que non ía ó cárcere
¿Ves? Santi sempre ó teu servicio
Deduzo que che interesa o trato Carmen
Si, claro que si ela
Infórmoche de novo Carmen de que podes consultar cun avogado,
pode ser que che consiga algo mellor
Non ela así está moi ben
O arresto domiciliaro ten as mesmas consecuencias que o carcelario
Carmen ¿entendes?
Non vou poder ser presidenta ela sorrindo xa; non o sabía, pero
imaxinábao
Tes que obter un informe favorable dos teus superiores Carmen nos
traballos sociais para considerar que cumpliches
Ben ela
Comezaralos cando remate o arresto Carmen tes uns días para
organizarte antes de comezalo
Non, non fai falta Berta canto antes comece antes remata
Moi ben Carmen, mirando ó xefe e remexendo entre os papeis así
dá gusto, tanta cooperación píllame en fóra de xogo
Ou é de boa paz o xefe ou estanos enganado a todos para darnos
unha sorpresiña
¿Perdón? Berta, que o mira cabreada
Nada o xefe, sorprendido nada
A ver Carmen mirando entre os papeis aquí o teño, tes que firmar
esto, que é o que che acabo de explicar, mírao ben antes de asinar;
despois poñéndolle outro papel diante fírmasme esto, para que
quede claro que che ofrecémo-la posibilidade dun avogado e ti
renunciaches, tamén deberías lelo con coidado antes. E mentres eu vou
cubrindo os datos do arresto, tes por aí o DNI Berta busca a súa
carteira, sácao e dallo, case sen erguela vista, coma se estivese
avergoñada ¿vives neste enderezo? Carmen a Berta
Si, si ela
¿Daquela poñémolo como domicilio para o arresto? Carmen
Non eu, antes de que Berta poidese decir nada pon este dándolle
unha tarxeta Santi cómplice, o xefe que non se
espanta de nada xa e Berta que me mira sen entender pero cala,
decíndome cós ollos que confiaba en min.
¿Paréceche ben? Carmen, escamada, a
Berta
Si Berta, sen facer moito caso si
¿Sabes que enderezo é? Carmen
Acábache de decir que está ben Santi, de avogado do diaño deixa
que lea o que está lendo que é máis importante que estas trapalladas
Home Carmen máis importante que saber onde vai estar pechada seis
meses
Veña Santi que seis meses non son nada, a min non me avisaron
tanto cando casei e ben me parece que é bastante peor sempre
sacándolle o punto simpático
Pois non che digo como estará a túa muller Carmen
¿Ela? Santi coma unha raiña, pasa de min o que lle dá a gana
¿E ti non pasas dela? Carmen
Non, que lle teño medo Santi, rindo
Bueno ¿así que poño este enderezo, non Berta? Carmen, que insiste
Si Berta sen erguela vista
Despois de asinar todo, tivemos que
agardar ó permiso oficial, un montón de papeleo, deixámola alí soa.
Parecía tranquila; non, parecía que estaba anestesiada, como se non
lle importase nada. Andrea entrou para despedirse dela, para meterse un
pouco conmigo. Dábame igual, ó mellor así animábase ou reaccionaba
ou algo. ¿Ti estás seguro de que a rapaza sabe
o que fai? Carmen, ó xefe estou por solicitar un exame
psiquiátrico
¿Non esaxeras? o xefe eu das veces que a vin estaba así; pero
gracias a ela chegamos a onde estamos
Xa, e se despois lle dá por recurrir decindo que nos aproveitamos dun
estado de enaxenación mental Carmen
Non o vai facer eu non quere avogados, díxoo un cento de veces,
xa che dixo que estaba dacordo con todo, asinou os papeis ¿non? ¿que
máis queres?
Estás demasiado implicado para pensar con claridade ¿e se está
decindo a todo que si para darnos esquinazo? Carmen
Non eu, seguro e se o fixera tampouco sería para tanto, tratamos
cada día con xente peor ca ela, que anda por aí tan ricamente
¿Peor ca ela? Carmen ¿esquence-lo que fixo? a min tamén me
resultou simpático; pero non deixa de ser algo preocupante
Mira, ela confiou en min así que eu vou confiar nela eu ademáis
tivo centos de oportunidades para xogárnola e non o fixo
¿Como é eso de que tivo oportunidades de que? o xefe, ¡joder!
Nada, home, nada Santi aquí o namorado que dramatiza mirándome
para que calase
Vos veredes Carmen a cara poñédela vós
¿Tardará moito? eu
Non, esto despáchano axina, como hai tan boa disposición por parte
de todos Carmen o que non me explico é como convenceches ó Canal
para que a deixasen tranquila, digo eu que lles interesará dar exemplo
para evitar futuros intentos de supera-la xogada
O rapaz da emisora doulles toda a infomación que quixeron o xefe
e como, en realidade, esta sen a emisora non podía facer nada, non
tiñan moito que pedirlle. Xa sabes como é, dar exemplo si; pero
tampouco queren quedar coma a multinacional que arruina a vida dunha
moza sen antecedentes, que a tía tampouco daba para moito ensañamento
É o que a salva Carmen Deixámolos alí e Santi e máis eu fomos
có resto. Oso e os demáis estaban celebrando o remate do caso. Veu
Andrea
Tomouno ben Andrea
Si, sabe Deus o que agardaba eu
¿E ti que tal o tomas? Andrea
Como podo eu
Veña que só son seis meses Andrea ademáis podes ir vela cando
queiras
Se quere verme eu
¿E porque non había querer? Andrea
Eu que sei eu
Mirade rapaces Andrea o neniño está deprimido
¿E logo que lle pasa? Vázquez ¿quería unha medalla?
Ou un ascenso Santi
¿Por que non ides para casa? aquí xa non facedes nada eu teredes
que durmir algo
¿Estasnos botanto? Oso serio, que cada día se me rebela máis
Non creas Santi igual tes razón ¿que enderezo lle deches a
Carmen?
¿De que falas? Andrea, tratando de poñerse ó tanto
O enderezo do arresto de Berta Santi, picando
¿E non é a súa casa? Oso
Non Santi, facendo oposicións a canteiro aquí Cris dixo que non,
que el tiña un sitio mellor
Xa che digo Andrea ¿e cal é? ¿non será un hotel?
Ide a paseo eu que comezaba a relaxarme ¿non tedes cousas
mellores que facer?
Non Santi ¡a ver ho! ¿que enderezo é?
E a vós que vos importa eu
Como sexa a túa casa Santi vaite denunciar por crueldade mental,
seis meses aguantando a túa nai
E se non o fai ela facémolo nos Andrea pobre
Aínda lembro cando estaba de prácticas e lle viña trae-lo termo de
café Vázquez ó seu filliño
¿Cantos anos hai? eu xa vai para catorce e ti veña có mesmo
rollo
Tiñades que vela, con galletiñas e todo Vázquez que imitaba moi
ben a miña nai, tiña a súa gracia come, neniño, come
Home eu así estou de mazizo hoxe, do que se come críase
O xefe faille un sinal a Santi que me
avisa. Imos falar con el.
Cando queirades lévadea para que se
vaia instalando, polo de agora aínda non temos noticias; pero Carmen
cre que non vai tardar moito, así imos adiantando traballo, total para
tela aí na sala tamén pode ir organizando a súa vida o xefe, con
aire paternal
Moi ben eu
Ti vaina buscar Santi eu despexo esto ¿Santi???
¿Que vas facer? eu, mosqueado non está o forno...
En serio, tío Santi voulles decir que non vacilen
Case parece que o dis de verdade eu
Que tamén teño sentido Santi algunha vez tería que actuar coma
unha persoa madura Vale eu, desconfiando de todo-los xeitos
Antes de abri-la porta da sala dei volta
para ver que estaba organizando o crápula este; pero en contra do que
esperaba, ía en serio. Vin como Oso marchaba, claro que el era o que
menos me preocupaba. Andrea e Ramón tamén. Santi foi có xefe. Igual
falaba en serio. Chamei á porta, non escoitei nada.
Pensei que volveras durmir eu
Non, non creo que poida nun tempo ela
¿Por? eu
¿A ti que che parece? ela
Agora xa non tes de que preocuparte, xa pasou todo ¿ou é que tiñas
pensado presentarte a presidenta?
Algunha vez si que o teño pensado; pero có sosa que son non daría
xogo ningún eu
Non creas, aínda habías dar guerra; pero agora vas ter tempo para
pensar na reorientación da túa carreira. ¿Imos? eu
¿Xa? ela
De momento ímonos preparando, aínda non hai ordes ó respecto; pero
pódeste ir instalando eu
Si, claro ela Ou podemos ir dar unha volta, ou o que queiras eu
Ó sair ninguén nos miraba, cada un
estaba ó seu, facían coma se non nos visen. Eu agradecino.
¿A onde imos? ela, xa no coche
Á túa casa, á que vai se-la túa casa este tempo eu
¿E eso é? ela
¿E un piso que saquei da manga? eu
Vou estar un pouco apretada ¿non? ¿seguro que non imos á miña
casa? ela
Non; pero está preto. Mira é aquel edificio eu
Ha ¿quen me dera? ela
¿Por que? ¿non che gusta? eu
Nunca entrei; pero os pisos deben estar de medo ela
Eu tampouco entrei nunca, así que nos imos sorprender a un tempo eu
¿Podo preguntar de onde o sacaches? ¿é un deses protexidos? ela
É meu eu
Xa ¿e que piso é? ela con recochineo non será unha praza de
garaxe máis ben
O duplex, mira o do medio, aquel eu sinalando, ela partíndose o
mirar cara onde sinalaba eu
|