Subindo no ascensor.
Non sei como estará, desde que volvín
ninguén veu aquí, antes viñan meus pais
Eu...
Seguro que está ben, non te preocupes
Non, non é eso; é que xa sabes que non che vou poder pagar aluguer
nin nada Non me jodas agora con eso
Abrindo a porta.
Deus, que grande, ¿e ten outro piso
arriba? ¿Es millonario ou algo así? mira que vistas, esto de noite ten
que ser precioso; bueno agora tamén está
Alégrome de que che guste, de veras
¿Nunca viñeras?
Non
¿Mercaches un piso sen saber como era?
Cousas de meus pais, cando estaba fóra, viron o proxecto deste
edificio e non pararon de darme a tabarrara con que se volvía, se me
casaba; xa te imaxinas. É bonito o amencer
Si
E cando me cansei de escoitalos merqueino, aínda sen facer, así que
non me resultou tan malo de pagar, algúns aforros e que non foi tan
caro como parece. Imos ver se funcionan os electrodomésticos, e se hai
auga
Seguro que todo está ben
Mira, polo menos tes auga quente; está todo feito un asco
Non, non tal; e no piso de arriba que hai
Imos ver subindo as escadas de caracol vaia, xa me esquencera
¿Que hai?
Mira
¿E eso?
Un día meu pai chegou borracho dunha festa do traballo e miña nai
cabreouse e botouno fóra, o pobre tivo que pasar aquí unha semana,
polo menos así non tes que traer unha cama
Si, que bo. ¿E se non chega a ter este piso?
Non coñeces ós meus pais, ela botouno por monta-lo número e el veu
para aquí por facela rabiar
Vaia
Alí debe haber outro cuarto de baño
¿E como é que non viñeches vivir aquí?
Non sei, sería porque o merquei sen querer ou porque xa estaba farto
de vivir só e precisaba os mimiños de mamá
Mira ti, pobriño
Non me vaciles, ¿que? ¿gústache?
¿Ti que cres? é un palacio, non sei que me deixarán quedar aquí,
por exceso de luxo
Igual dentro duns días non che parece tan maravilloso
¡Ei! gracias de todo-los xeitos De nada, pensei que polo menos así
podías ve-lo mar, có que che gusta; así non te sentirás tan...
pechada
¿Así que me gusta o mar?
¿Non?
Si, claro que si, só que non lembraba que cho dixera
Nótaseche en como o miras
Vaia
Vai ser duro
¿Aquí? é un paraiso. En realidade, estou pensando que igual mo
queres vender
¿Hai un anaco decíasme que non tiñas para pagarme o aluguer e agora
queres mercalo?
Se mo vendes a prazos, malo será que non dea xunto, e como total ti
non o queres
Igual agora me comeza a interesar
Eso non vale, que dixeches que nunca para el miraras
Porque non quería vivir só
¿E eso quere decir...?
Eso quere decir que dentro de seis meses falamos
¿Falamos de... venderme o piso?
De vivir no piso
Eu, descarado que vou vivir aquí; a ver como me botas
É que igual non te quero botar
Pon un sorriso adorable.
¿E que vou facer aquí seis meses?
Podes traelo ordenador e escribi-las memorias aquelas que me decías
¡O ordenador! ¡é certo! podía aproveitar e estudiar algo de
informática
Mellor concéntrate no do libro; que, sendo ti quen es, é menos
perigoso
¿Paréceche?
Non; pero vai haber un policía vixiándote "moi" de preto
...
¿Berta?
¿Que?
Quérote
Eu tamén te quero, moito ademáis
|