O sábado nin
sequera me atrevín a mira-lo reloxo cando espertei, fun á cociña por
algo de comer, meus pais estaban vendo a tele na sala, meu irmán saira.
Fun dá-los bos días e aguanta-los comentarios de vaia horas. Nin
sequera me decatara de que aínda non lles dixera que me botaran. A ver
como llo explicaba porque moi claro tampouco o tiña eu. Entrei na sala
e deixeime caer no sofá
Botáronme
do traballo dixen sen máis, que brutiña son
¿Que?
papá
Berta,
¿soñaches ou que ? mamá ¿Como te ían botar ?
O cómo
dígocho de seguido, se ó que te refires é ó porque, xa non cho sei
eu
Por algo
tería que ser papá
Fixen un
desfalco papá, ¿de onde cres que saiu o chalé na sierra que che
regalei polo teu cumple? dixen eu un pouco alterada
O que
quería decir, se me queres escoitar papá, cando se pon comprensivo
entendo por que casou mamá con el, ata parece unha persoa, un sol vamos
é que che terían que decir algo, non poden coller e botarte sen
máis, algo inventarían, ¿non?
Dixeron
algo dun reaxuste de persoal eu
¿Botaron
a máis ,logo? mamá
Non, só a
min e a don Tomás mándano para Madrid, disque o ascenderon eu
Vaia por
Deus papá para unha persoa decente que traballaba alí
A parte de
min quererás decir eu
Entendeches perfectamente o que quería decir, xa sei que non era o
único
Collín e
erguinme, deixeinos alí discutindo sobre o meu futuro. Volvín para a
habitación e tireime na cama, case me deron ganas de volverme a meter
dentro, se non fose porque abrira as cortinas e facía un día
maravilloso, non hai nada máis bonito que unha tarde soleada de
sábado. E fun de paseo.
Cando
volvín, meus pais sairan tomar algo e meu irmán estaba en reciclaxe,
para que logo falen das mulleres, ir e vir, esta camisa non, mellor o
outro pantalón. Eu decidín rematar dunha vez ca historia das pezas
sobrantes para que quedase todo a un lado dunha vez. Extendín todo-los
papeis enriba da cama e conectei o ordenador. Insertei o disco e comecei
polo primeiro dos ficheiros.
"Seis.
Sub un. O comenzo non decía moito. Había unhas fotos dunha fabada ou
algo parecido, comida en calquera caso, algunha desas fotos estaban nun
dos papeis. Ben, polo menos vai coincidindo algo, sigo avanzando e máis
fotos, de bebidas, modelos posando en roupa informal, nada novo". E
cheguei ata o final para comprobar que non había ninguna outra cousa.
"Seis.
Sub dous". ¡A hostia!. Chegaron os marcianos, mi madriña porque
non estudiaría informática, se é algo básico para andar polo mundo.
Sentinme como a maior ignorante do mundo. Agora comprendo a cara que
poñen os da oficina cando falo dos activos e pasivos e a carallada esa
toda. Se estudiara Informática en lugar de Económicas a parte de non
estar no paro, agora entendería este rollo todo; para min que ó
ordenador lle dou un chungo e non é capaz de asimila-lo disco. Seguro
que é unha imaxe desas. As veces pasa cando me mandan unha imaxe ó
correo, segundo sexa o ordenador véxoa ou teño un xeroglífico de tres
pares de... xa me entendes. De calquera xeito con aquelo non tiña nada
que facer, asumilo coma unha verdade universal e xa. Non se pode negar
que a curiosidade por saber que eran tantos puntos, comas, arrobas,
paréntesis, asteriscos era grande e nun momento de inspiración veume
á mente o chiste da festa dos puntos pero unha vez visto para que
perder máis tempo, xa lle buscaría xeito.
"Seis. Sub tres". Procedemento. Interesante, moi
interesante. Primeiro selec
¡Berta!
meu irmán desde o cú do mundo ¡Berta!
¿Que?
sen moverme da habitación
Mira a
bombona, que creo que se está acabando Marcos
¿E logo,
faltache moito? eu
Tía que
me estou conxelando, acaba dunha vez Marcos
Alí quedou
o pobre todo afectado tratando de seguir co baño e recuperala
temperatura. Eu por fin volvín a onde quedara.
" 1.
Seleccionar unha ou varias imaxes escaneadas.
2. Insertar
configuración en sub dous.
3.
Proxectar resultado".
Estes eran
os tres puntos que aparecían ó principio do apartado. Máis abaixo
viña cada un desglosado. Sería algo relacionado con infografía ou
como montar un anuncio. A verdade non tiña moito ánimo para miralo con
atención así que saquei o disco e gardeino no caixón. Tamén
recollín os papeis que tiña na cama. Agora xa tiñan un pouco máis de
sentido. Só había partes da información contida no disco. Seguro que
se foron extraviando ó ir de man en man. E que máis daba, tireime na
cama, déralle o sol todo o día, ulía a vran, e soñei có deserto,
magnífico, abrasador, tranquilo.
Berta
unha voz súave Berta
¡Que!
¿Que hora é? espertei toda alterada, desorientada, pensando que era
pola mañán e que chegaba tarde
Tranquila
mamá se vas seguir durmindo mellor que te metas debaixo das mantas,
vaite colle-lo frío
Quedei
durmida
Veña,
tápate ben mamá
Non, non,
voume erguer dixen intentando desperezarme xa vou
Bueno,
¿queres que che faga algo para cear?
Non, xa
comerei calquera cousa
Tan pronto
como se pechou a porta volvínme deitar, para coller forzas para
erguerme e sen querer quedei durmida outra vez. Cando por fin espertei
eran as tantas, e non sabía se merecería a pena erguerse; pero como
non tiña sono, pareceume que durmira moito, fun por algo de comer. A
casa estaba en silencio, así que tratei de non andar a tombos con todo
coma sempre, collín un par de iogures, un plátano, pan e chocolate.
Unha vez completado o menú, que por certo non era moi satisfactorio
porque a esas horas sempre me apetece unha pizza, un asado, ou algo
similar, fun para a habitación; para non facer ruido máis que nada, a
miña habitación estaba entre o cuarto de baño e a medianera có outro
edificio, alí tiña bastante liberdade de movemento. Unha vez repostas
forzas xa me sentía en plena forma e púxenme, por fin, en serio có
expedientes que substraera da oficina. En resumidas contas só me
quedaba un día para decidir se me eran útiles ou non. Así que volta a
comezar, decidín pasar das follas porque só traían parte da
información, e ademáis era mellor centra-los esforzos nunha cousa e
despois na outra. Abrín o expediente sub un. Mirei as fotos unha a
unha, ampliadas. Había como unhas cen. Todas eran dalgún producto,
agás as últimas que tiñan só palabras en grande, como
"beba", "fume", "merque", e algunhas máis
do mesmo estilo, concentrando todo o anuncio nunha imaxe ou nunha
palabra. Eran imaxes bastante agradables, as fotos eran preciosas,
gustoume moito unha dunha praia que tiña moita vexetación, coma se
estivese no medio da selva. Unha vez collido o ritmo metinme có sub
dous, sen moitas esperanzas de sacar algo en limpo; pero cando se fan as
cousas con optimismo sempre se chega a algún lado. Abrín o arquivo,
con calma Berta, non te tires dos pelos aínda... volveron a aparecer os
chirimbolos eses, se polo menos me apuntara a unha academia de
informática cando traballaba, cando tiña cartos para paga-los cursos,
erguinme da silla e comecei a dar voltas pola habitación, e voltas e
máis voltas, e mirei pola fiestra, que noite bonita facía, aínda se
vía algunha estrela, e que tranquila parece a cidade vista desde aquí,
todo vai máis a modo. E cando me cansei dei a volta e mirei para a
pantalla do ordenador, estaban xa bailando as estreliñas, toquei unha
tecla, e saíron os marcianos de novo, alonxeime da pantalla e mireina,
por se era un rompecabezas ou algo así, e vaia, os métodos
tradicionais sempre funcionan. Se a mirabas desde lonxe podías apreciar
que estaba dividida en cadros, baixei có cursor, es unha artista;
muller, son as fotos do sub un en código, para esto tanto rollo, mira
ti que misterio. E seguín avanzando, máis abaixo despois do que,
posiblemente, serían as fotos, vin o que xa parecía un organigrama, ou
como se lle chame, eran comandos, ordes; desto lembrábame da
informática que estudiara no instituto, cando nos ensinaban a facer
programas para resolver ecuacións matemáticas... let non sei que,
input non sei canto, print non sei que máis... mira ti e eu que pensaba
que aquelo era a prehistoria... ó mellor este expediente tamén era
bastante antigo. Así que en resume, tíñamos unhas fotos, as mesmas
fotos en linguaxe informática, e un programiña de funcionamento. Pois
xa era algo, polo que me lembraba do sub tres había que seleccionar
unha foto, insertala no dous e proceder.
Despois de
todo aquela noite estaba resultando bastante interesante, e con bastante
máis entusiasmo que ó principio abrín o subtres; efectivamente,
procedemento, as tres liñas básicas que vira antes, e un pouco máis
abaixo viña un apartado. Proxección. E unha parrafada inmensa, có
avance rápido contei tres ou catro páxinas. Había que lelo, a
curiosidade estaba dirixindo os meus movementos.
"Proxección,
para a proxección da imaxe ou imaxes desexadas recoméndase un entorno
relacionado ca mensaxe que se desexa transmitir, posto que deste xeito a
imaxe exterior, que é a que primeiro percibe o espectador, prepara a
mente deste para absorve-la segunda mensaxe que é a que queremos que
prevaleza. Poderíase decir que a primeira sería o abono para que
froitifique a segunda, é un medio, un vehículo seguro, potente e moi
eficaz. O espectador non sofre trauma algún ó percibi-la segunda imaxe
se sigue na mesma liña da primeira e, ademáis, a asociación de ideas
é moito máis forte e rápida neste caso. Se, pola contra, o medio
empregado é unha secuencia de imaxes non relacionadas pode, non só non
alcanza-lo obxectivo desexado; senón tamén crear na mente do
espectador unha serie de sensacións contradictorias que o leven ó
rexeitamento total da emisión, tanto da primeira imaxe coma da segunda.
Se tomamos como exemplo a emisión de imaxes sobre bebidas refrescantes
o medio idóneo a empregar sería un filme sobre o deserto ou algún
ámbiente cálido en extremo ou actividade física que situase o
espectador no punto de necesidade dunha bebida refrescante, se nese
momento está absorvendo a segunda imaxe, que sería a da bebida, o
espectador asociará a necesidade de refrescarse a esa bebida. Existe
outra corrente que asegura que o efecto é o contrario, é decir que a
segunda imaxe é a dunha bebida refrescante a primeira terá que ser a
dunha paisaxe xeada, por exemplo, porque así asociarase a bebida ó
frío xélido. En calquera caso, deixando á marxe opinións e
correntes, o que si é imprescindible é non conmocionar ó espectador,
xa que ademáis de ser un esforzo inútil por reconducir unha mente pode
producir un resultado bastante obvio de desconcerto e facer dirixir
miradas de sospeita cara o producto que se está ofrecendo. Sería
inútil unha segunda imaxe dun filete nunha emisión vexetariana porque
a xente vexetariana convencida sinte unha repulsa total cara os
alimentos cárnicos, e polo tanto pode senti-la tamén cara a primeira
imaxe. Se se está falando só dunha pequena emisión esta reacción non
tería maior importancia; pero en emisións a grande escala convén ter
extremo coidado na selección do medio e da segunda imaxe porque unha
reacción masiva, reiteramos, pode capta-la curiosidade de elementos non
desexados".
E aí parei,
é incrible, non se trataba da montaxe dun anuncio, falaba de
publicidade subliminal, Deus; pero se é ilegal. Mi madriña, ¿que
clase de cousas se facían na axencia?... aínda ía dar cós osos no
caldeiro... sempre fun un pouco dramática. Non seguín lendo, o que
viña despois eran un par de teorías sobre as cores e formas máis
axeitadas para o medio. Alucina vecina; ó pecha-lo arquivo deille ó
explorer a ver se atopaba por algún sitio a data de confección do
arquivo; non a vin, o que si aparecía era a data da última
modificación, era do 94. Bueno non fora capaz de consegui-los números
do desastre pero alo menos tiña un posible motivo del; tampouco
parecía moi desencamiñado supoñer que alguén estaba empregado
métodos pouco éticos e que nalgún momento se lle foi a man, ou
cometeu calquera outro erro e por eso se lle viñeron enriba. De
calquera xeito, había que ter en conta que a empresa sofrera unha crise
económica e en principio unha cousa non implicaba a outra, a non ser
que os clientes ó ve-la situación da empresa marcharan ou que ó non
lle poder ofrecer certos servicios deixara de interesarlles a axencia.
Quen sabe, agora máis ca nunca lamentaba non te-la axilidade suficiente
para colle-los disquetes das contas antes que ninguén. Tampouco me
cabía moito na cabeza que aínda existise este disco, suponse que o
terían que confiscar, ou que a persoa que realizase estas operacións o
tivese sempre baixo a súa custodia. Desde logo se eu tivese a clave
segreda de acceso á cámara acorazada dun banco non a deixaría ó
alcance de calquera, e menos ó alcance dunha pardilla que non ten nin
idea de nada e que anda metendo o nariz en todo. Non conseguía lembrar
se Domínguez, ou calquera outra persoa, imos darlle o famoso beneficio
da dúbida, me viran ca caixa dos disquetes algunha vez; seguramente
non, sempre aproveitaba cando non había moito movemento, porque ó fin
se eu consultaba eses arquivos era porque tiña algún problema có meu
traballo e certamente dábame vergoña admitilo; e preguntarlle ó meu
xefe era pouco menos que pedir unha humillación pública a berros. E
aínda había outra cousa que me estrañaba, de paso que desapareceron
os discos da contabilidade porque non desapareceu este. Ese era un dato
significativo, porque as persoas que sabían deste disco tiñan que
se-las mesmas que coñecían a situación reflexada na contabilidade; ou
mellor dito, se coñecían os datos que esta reflexaba tamén sabían o
que os causara, o disco verde, sen dúbida. E ben, que se podía deducir
de todo esto, ou ben que a persoa interesada en oculta-la información
pasou por alto o disco verde, ou se esquenciu ou pensou que xa o
destruira; ou ben sabendo da súa existencia pensou que era irrelevante
a súa desaparición, quen se ía molestar en consultar eses arquivos,
posto que os da contabilidade son máis tentadores, e de consulta-los
alguén que importancia tiña, non había quen o poidese relacionar con
nada; ou, tamén é posible que a persoa que substraera os discos da
contabilidade era alguén que sabía a historia a medias; é decir,
ningunha das persoas implicadas. Que maravilla, esto estábase poñendo
dun interesante... Era hora de durmir algo, aínda que estaba
completamente despexada, xa chegara meu irmán e eso indicaba, non
facía falta mira-lo reloxo, que era bastante cedo xa.
¡Berta!!!
meu irmán ¡son as doce, érguete que chegamos tarde !!!!
Vaite
duchando ti, que eu xa me ergo así te derritas ca auga quente, que
mala uva hai que ter para poñerse a berrar así
Eu xa di
abrindo a porta de golpe me duchei, apura
Que présa
tes, tranquilo a avoa dixo que non comíamos ata as tres
Si, pero
papá dixo que nos viña buscar á unha, como non esteamos preparados
vainos montar bulla
|