O luns erguinme
tarde e gracias a que meu irmán me veu espertar porque eu nin me
lembrara de poñe-lo despertador en hora. Cheguei á oficina tarde, mal
e arrastro, xa me botaran así que daba igual. Nada máis entrar Fran
veu cara min coma se fose unha lancha salvavidas no medio do océano.
¿Que??? Fran
Ola eu
Ola di
Fran con impaciencia ¿que???
Nada eu
¿Nada que
é, que non había nada ou que si había e non mo queres decir? Fran
Fran, non
imos falar máis desto, nada é nada eu
Si, e o
mesmo que nihilismo, xa di Fran decepcionado
Fraaan,
non tiña nada, de veras eu
Sabía que
non cho ía crer Fran
Veña eu
Non, xa o
deixo; pero prométeme que algún día, cando sexa, cando ti queiras, mo
vas contar Fran
Prometido eu
Chegou o
teu substituto, está no despacho có xefe, con Domínguez quero decir
Fran
¿E que
tal é? eu
É seu
fillo e nótaselle, non fai falta decir máis Fran
Nin que o
digas, a ver se remato pronto e me vou eu
¿Que pasa
xente? Simón
Ola eu
Aquí
despedíndose do seu buratiño no mundo Fran
¿Que?
unha última reunión da banda Ánxela
Soou o
teléfono, era a secretaria perfecta para que fose ó despacho do xefe.
Non dixo para que; pero era de supoñer que sería para presentarme ó
meu substituto. A escena foi tensa, as palabras xustas, eso si cun
sorriso encantador na cara dura que tiña o tío. O domínguez junior
era un pijo universitario que rematara un master non sei onde e que
controlaba de todo, un xenio das finanzas, a persoa ideal para lanza-la
empresa ó novo século. A min parecíame incríble que estivese falando
así do seu propio fillo, xa case tíñamos que abri-la porta porque non
cabíamo-los tres mai-los fumes dos outros dous. Junior tamén era un
estirado de carallo, cando quedamos sós no que era o meu despacho
comezou a preguntarme onde estudiara e claro eu que estou moi orgullosa
de poder decir que estudiei sempre no ensino público, que ademáis de
ensinar curte; funlle indicando toda a restra de centros polos que
pasara, tampouco eran tantos o colexio, o instituto e a facultade. A
facultade era a que había na cidade, o colexio e o instituto o mellor
dos barrios baixos, eso é o que din, a min sinceramente gustoume moito
estudiar alí. Quedou impresionadísimo có meu expediente académico, e
eso que non vira as notas. El non claro, el estudiou en Madrid cun
master en USA e outro en UK; pero o de USA seguro que non foi na
Universidade de Chicago, porque daba noxo escoitalo falar; se Keynes
erguera a cabeza e o escoitara falar do seu estudio da inflacción,
¡inflación! pardillo ¡inflación!. Cando Fran decía que era cravado
ó pai non esaxeraba nada, eu como non sabía moi ben que era o que
tiña que ensinarlle á súa eminencia, comecei a decirlle onde tiña
colocada cada cousa; pero como lle debeu resultar aburrido, díxome que
non facía falta que estivese alí máis tempo, que xa contratarían a
algunha secretaria para facer ese traballo rutinario que el estaba alí
para outras cousas e non sei que máis. Eu collín e marchei, fun ó
despacho de Ánxela a despedirme e saudei ó resto de paso que marchaba
e cando dei saído de alí a sensación de alivio foi tan maravillosa
que ata me atrevería a decir que era felicidade.
Aínda era
moi cedo, na oficina non pasara nin unha hora e adiqueime a mirar
escaparates entrei nun par de tendas; pero coma sempre, acabei en Zara,
non merquei nada, a piques estiven pero total de momento aínda podía
pasar ca que tiña, agardaría ás rebaixas, naqueles momentos era unha
decisión bastante sensata. Non sei como me contiven, xa probara un par
de vestidos e unhas camisetas, divinas por certo. Había que aforrar, de
camiño a casa pasei por diante do locutorio e decidín entrar a
consulta-lo correo, seguro que non tiña nada; pero sempre lle podía
escribir algunha mensaxe a alguén ou buscar algo interesante pola rede,
tempo tiña. Estaba moi tranquilo, non había estar, un luns as clases
aínda non remataran, era case medio día a xente comendo ou facendo de
comer, a hora ideal para conectarse. Estaba un dos rapaces riquiños,
porque había cada borde destes que como lle saben dar ó mesmo tempo ó
Ctrl, ó Sup e o Alt xa se cren Deus; este non era moi agradable e
incluso sorría cando che daba a volta, un voto de confianza para a
xuventude. Collín un ordenador e aló me puxen a le-lo correo porque
tiña unha mensaxe de meu primo David, era unha postal da Bela Durminte,
hai que joderse có tío; a postal en concreto era unha actualización
do conto porque o príncipe era outra princesa; era moi divertida,
ademáis, tendo en conta que ía con recochineo por quedarme durmida o
domingo aínda tiña máis gracia, vaste enterar espabilado. Non sei
canto levaba eu dándolle ós correos, xa perdera a noción do tempo e
entrou un dos colegas do encargado, un deses que non coñezo máis que
pola voz, porque sempre están alí pero como falan mentres están
dándolle ó ordenador nunca lles vexo a cara, e como estaban en
confianza, total eu estou ó meu; eso pensan eles porque non podo evitar
poñe-la orella.
Boas
¿Que hai?
¿Volveuche tocar pola mañán? pensei que lle tocaba a Rober
Díxome
onte se lle viña e él facíame o sábado
Home saes
ganando
Por eso
llo fixen, ¿que cres? sempre lle ando facendo horas, aínda que un día
me faga un favor non lle vai pasar nada
Bótalle
cara o tío
Como non
lle poña-las cousas claras pasa de todo
Todos se
queixan, non es ti só; pero polo que vexo ti polo firme
Eu favores
a quen os merece e somentes os xustos, ¿querías falar con él?
Non, viña
conectarme, estou cós exames e preciso un respiro
Pois colle
o que queiras
Está
tranquilo esto
Toda a
mañán así, menos mal que teño traballos para facer que senón non se
me pasa o tempo
É certo,
aquí mirando para as paredes debe ser un coñazo, menos mal que te
podes conectar e chatear
Todo acaba
fartando
Bueno,
ponme o sete
Vale, o
sete
E o rapaz
séntase ás miñas costas e comeza a falar có encargado desde o sitio
Xa case o
teño
¿O que?
Un silencio,
e o encargado achégase
¿En
serio?
Case, de
momento non o probei; pero creo que estou no bo camiño
Es un
xenio, tío
Espero que
me saia mellor que o da emisora
¿Pero que
dis?, a emisora funciona de pinga
Xa; pero
é moi fácil de rastrear, ando có medo no corpo
¿Por que?
non creo nin que se decaten, ademáis ti dixeras que só emites uns
segundos
Non o digo
polas emisións, dígoo pola páxina, ándanas rastreando todas
¿Décheslle a alguén o contrasinal?
Non
¿Dixécheslle a alguén onde está?
Non
¿Explicácheslle a alguén o código?
Non; pero
hai xente á que non lle fai falla eso para descubri-las cousas,
páganlle para averigualas ¿entendes?
Se o dis
pola historia das tarxetas das dixitais, non tes de que ter medo; home,
é que era moi descarado, estaban pedindo que os pillasen; ademáis nin
sequera se trata do mesmo, ti non lle roubas a ninguén cas emisións
Teño un
amigo que estudia Dereito e di que esto do pirateo está moi chungo,
como te pillen abrásante
Si, se non
te contratan como axente dobre
Ti soñas,
e eu levo tres días sen durmir
Pois borra
a páxina e xa está
¡Non
jodas!, có que me custou facela
Antes de
borrala podes gravala nun cd ou algo así
É igual,
se a quito non vou poder seguir có proxecto
Todo por
un aprobado
¿Un
aprobado? unha matrícula tío, se me sae ben, unha matrícula
¿Cando o
tes que presentar?
En Outubro
ou Novembro
Se te
pillan dis que é para o proxecto da carreira e xa está
Eso tiña
pensado; pero non sei se pasará por vez, aínda non lle presentei
ningún informe ó profesor
¿Pero
sabe de que vai?
Dunha
emisora dixital
Esquencéuseche o de pirata, un detalle sen importancia
Pirata
agora, que igual me dan licencia se me aproban o proxecto
Só
funciona con voz
Antonte
colei unha imaxe e víase bastante ben; pero aínda teño que traballar
moito, non consego o do movemento
Conéctalle un vídeo
Suponse
que é de animación
Ah dixo
o encargado como desculpándose pola súa ignorancia
Ola unha
voz no mostrador
Bos días o encargado dígame ¿que vai ser?
A ver se
me podes facer unha fotocopia desta foto, que saia clariña
¿Quérea
en cor?
¿Pódese
facer? pero hai de sair moi cara
Se a quere
deste tamaño sáelle sobre unhas oitenta pesetas
¡Bueno,
oh!, pensei que eran máis caras, faima a ver como queda que máis se
perdeu en Cuba
E fun face-lo xantar, un pouco tarde por certo; pero unha tortilla pronto se
fai. Cando cheguei miña nai xa fixera a comida. Non falei moito, meu
pai e meu irmán estaban falando de non sei que partido, o do domingo
supoñía; miña nai metendo baza, poñendo a parir a non sei quen que
dixera non sei que do Depor e que .... non sei moi ben de que ía a
cousa porque xa estaban falando cando cheguei e non tiña humor para
combatir, miña nai mirábame de cando en vez para pedir axuda, porque
sen moita explicación meu irmán aliárase con meu pai; seguro que
estaban decindo que as mulleres non teñen nin idea de fútbol ou
algunha cousa semellante, destas que serven para estreitar ademáis dos
lazos entre pai e fillo a mente de ambo-los dous e todo un tempo. Meus
pais marcharon traballar e meu irmán meteuse na habitación para
estudiar, eu freguei e marchei dar unha volta. Vaia vida máis
estresante a de parada recente, lembrei que ó día seguinte tiña que
ir ó paro, aínda non tiña os papeis para cobrar pero polo menos darme
de alta por se xurdía algo, e doume a risa, vaia chiste, estaba
inspirada.
Pasei toda a
tarde vendo escaparates. Volvín de noite, entrei na habitación,
¡hostia! a cama sen facer, a habitación sen airear, non había quen
entrase alí, abrín a fiestra e fun un pouco para a cociña tomar
alento e picar algo, cando me sentei decateime do moito que andara non
sentía nin as pernas nin os pés, só había algo debaixo da cabeza que
me doía aínda que non podía determinar que era. Fun pór un pouco de
auga quente no bidé, unha presa de sal gorda, unha silla, a radio e
alí metín os pés. Eso si que é vida. A habitación xa estaba aireada
e fixen a cama, andaba coma nunha nube, veume de perlas o remollo
salgado, xa era hora de comezar a ir á praia. Apurando, apurando para
pescar algo de cear e coller sitio diante da tele para ver Mareas Vivas.
Miña nai e máis eu andábamos as carreiras dun lado para outro, meu
pai xa estaba empoltronado e meu irmán pasando de todo, decíndonos que
non o entendíamos, non sei que da presión e que era unha falta de
respecto pola nosa parte ve-la tele cando el tiña que estudiar, era
cruel facerlle ganas dese xeito. Estudia e cala. Cando chegamos á sala
meu pai estaba todo contento, cun aire triunfal que botaba para atrás,
fútbol, non pode ser, vaia cabreo, miña nai levou a cea de volta para
a cociña e díxolle que se quería cear que fose por ela, que non era a
súa criada e unha chea de cousas máis que non está ben repetir,
porque a vida privada de cada un é privada. Fun para a cociña con
miña nai e alí ceamos e despotricamo-las dúas, ó mellor despois
aínda poñían algo; non, porque botan o resumen das mellores xogadas,
das peores, os comentarios dos xogadores, do entrenador, dos do outro
equipo, do resto dos equipos, botan as contas do que falta para gana-la
liga, vamos que repiten todo o que dixeron durante o partido para que
non se perda nin a máis mínima parte da información. Se polo menos
tivésemo-lo canal
¿Que
queres, que teu pai tamén se peche na casa os domingos?, así polo
menos aínda hai un día de descanso
Tamén era
certo. Papá no descanso veu pola cea e díxolle a miña nai que fose
para a sala con el a ver se era certo que sabía tanto de fútbol como
decía, miña nai claro picouse e foi aínda que só fose para
fastidiarlle o partido a meu pai.
A min doume
por pensar en que o resto dos deportes non desataban as paixóns que
desataba o fútbol. ¿Será porque non son tan machacantes coma có
fútbol ou non os machacarán tano porque non moven tanta masa? Quen o
sabe, de todo-los xeitos a min paréceme máis un espectáculo ca un
deporte; cando se fala de fútbol, a maioría das veces falan do custo
das fichaxes, do custo das retransmisións, da propaganda, e de non sei
que máis cousas; e as menos veces da calidade do deporte en si. Ca
escusa do deporte desvían os meus impostos no seu beneficio, o que
queira ver un partido que pague e o que non poida pagar que o vaia xogar
que é máis san e seguro que máis satisfactorio. Que se fastidien,
tamén me levo fastidiando eu moitos anos ó chegar á casa e ver na
tele "fútbol". E o peor é que se te pos a velo engancha.
Polo que
decidín, naquel mesmo momento, tomar medidas. Medidas moi serias. Se
alguén estaba empregando o fútbol para manipulalas masas e sen que se
decatasen, eu tamén o podía facer. ¿Ou non? Non tiña aínda unha
idea clara do que quería facer, nin de como o faría, nin nada de nada;
só tiña claro que xa que me fastidiaban sempre, agora quería fastidar
eu; pero fastidiar con clase, con moita clase. Con tanta clase que ata
ós que quería fastidar me desen as gracias. Polo menos a meta tíñaa
clara, e como moi ben digo eu sempre, se sabes a onde queres ir o
demáis ven feito. Que non se me entenda mal, non son desa xente que
pensa que o fin xustifica os medios, nin moito menos; eu non preciso
xustificarme, son perfectamente capaz de asumi-las consecuencias dos
meus actos sen atenualas con simplezas; se o hai que facer faise e xa
está, e ó feito peito. Quedou claro.
E eu fun
para a habitación, busquei entre as cousas que trouxera da oficina a
foto de Chris, esto si que é un home. Coloqueina na parede detrás do
ordenador para vela ó erguela cabeza, sen facer esforzo, así si que
ía escribir sen mirar para o teclado. Ca mirada fixa na foto, sentada
en fronte do ordenador viñéronme á mente unha chea de ideas, nada que
ver có sexo, bueno eso tamén; pero non ven ó caso agora. Pensei no
que contaban da publicidade subliminal de que fixeran probas durante
unha pelicula cunha bebida e que todo o mundo saíra do cine con moitas
ganas dela, pensei naquelo de que o fútbol era un deporte, e que tamén
había outros deportes que a xente quería ver, e outras cousas non só
deporte, pensei na emisora pirata do rapaz do locutorio e pensei na de
tempo que tiña para face-lo que me dese a gana, como me dese a gana; e
que por unha vez podía facer unha boa, e que aínda que fixese unha
trasnada na vida non pasaba nada, sempre fora tan anxelical. Ademáis
quen ía sospeitar de min, todos me teñen por medio tonta. Igual era
unha idea sen sentido; pero na miña cabeza funcionaba de maravilla. O
principal era confecciona-lo anuncio ou a imaxe que quería emitir, se
conseguía facelo daquela xa me preocuparía de como conseguir que se
emitise; tampouco lle ía pedir ó rapaz "mira por que non emites
esta publicidade subliminal destinada a cargarse o espectáculo do
fútbol" porque igual se escamaba a criatura. Tampouco pretendía
acabar có fútbol, se, no fondo, gustábame; pero con moderación e se
non movese tantos cartos máis aínda, eu son das que pensan que as
mellores cousas da vida son gratis. O primeiro era aclara-las ideas
sobre o que quería facer, tiña que ser algo sinxelo, non traumático,
e alegre; sobre todo alegre e doce, nada de amargar á xente, se o
fútbol ten tanto éxito é porque lle serve de refuxio á xente e
tampouco hai que andar por aí fastidiando; o que quería era que a
xente se sentise ben ganase quen ganase, que non centrase a súa
atención nun só foco, e que pensasen que había que gastar menos
cartos no espectáculo e máis no deporte. Máis ou menos claro.
Collín o
disquete e cando o estaba abrindo vin que poñía copia de seguridade,
esto non o vira antes, probablemente porque nunca prestara moita
atención. Así se explicaba que aínda existise; non era difícil
supoñer que cando cambiaron o programa de contabilidade o técnico
fixera copias de seguridade dos arquivos do disco duro por se había
algún problema, o que creou o arquivo non sabe da existencia do disco,
por eso non desapareceu canda os da contabilidade, igual pensou que o
borrara ou o borrou despois de estar gravado. Pensar así doume alas,
ninguén sabía o que contiña o disco ou que exitise sequera, era libre
para face-lo que quixera, menos quen me seguise a pista. Había un
montón de imaxes, parecíanme incluso máis que cando as mirara o
sábado. A meta era atopar tres que se axeitasen perfectamente ó que eu
quería, aínda que pensandoo ben eu tiña un escáner, non era moi bo
pero serviría, así que de non atopar algo axeitado sempre podía
buscar por aí. Unha si que me gustaba, xa des que a vira a primeira vez
e era un montón de xente en roupa de deporte saltando, rindo e
abrazándose, todo moi japi, esta para a primeira mensaxe pensei. Para
as outras era un pouco máis difícil, a verdade a ver onde atopaba algo
que se axustase a esas ideas, a de varios deportes sempre me traia á
mente a Goofy disfrazado, pois esta era unha opción coma calquera
outra, se non atopaba nada mellor... e para a de ganar menos..., a ver
como atopaba algo para eso, e pensando cheguei á conclusión de que se
non atopaba ninguha foto, faría un cartel ou algo así, unhas letras ou
mensaxe con calquera foto por diante de xente xogando. Un xenio que cho
digo eu. E no momento de máis alta euforia veume a idea de que aquelo
non era legal e de se sería moi normal ter ideas como as que se me
pasaban pola cabeza, sentinme coma un deses dictadores pasados de rosca
que se chamaban así mesmos visionarios. Mira que se estaba toleando. A
verdade é que me preocupou un pouco; pero cando erguín a cabeza alí
estaba Chris para decirme "adiante". En realidade o Chris este
sempre me daba a razón, coma ós tolos, para min que me estaba
vacilando, nas películas sempre fai de cabrón, había que ter coidado
con el.
O martes
erguime coma nova con ganas de facer moitas cousas. Fun á oficina de
emprego a que me buscasen traballo e despois fun a unha tenda destas que
teñen cousas de debuxos animados, peluches e todo eso, por ver se
atopaba algo de Goofy, pasei por diante do locutorio e mirei se estaba o
rapaz do día anterior, non sei para que, nunca lle vira a cara; pero
non había ninguén así que pasei de largo. Tiven que percorrer catro
tendas antes de atopar unha postal, pola que me cravaron quinientas
pelas, do Goofy deportista, aínda non me explico como as paguéi, eche
por unha boa causa Berta, se é así ... vin unha lámpada da pantera
rosa monísima, ¿cánto custaría? estou no paro. No locutorio non
había ninguén, agardei media hora, unha hora e incluso dúas e o tío
non apareceu. Marchei, xa volvería pola tarde ou mañán; e cando me
estaba desconéctando aparece a estrela da festa: ola fulanito, que tal,
xa ves. ¡Entra, coño! e senta dunha vez que quero ve-lo que fas;
pensei que se vía o seu enderezo igual lle podía mandar un correo, ou
se chateaba deixarlle caer algo. Pero esperar algo dun home é moito
esperar, vai o tío e séntase na mesma fila ca min uns asientos máis
aló, ¿como ía ver algo dese xeito? ¡que putada! Aínda así tiven
sorte porque se lle estropeou o ordenador, quedóuselle colgado que din
os que saben desto, e chamou ó encargado, que debía se-lo tal Rober
porque se andaba queixando de que tiña que traballa-lo sábado e o
outro pouco menos que o mandou a paseo.
A ver
informático de pacotilla, ¿que lle fixeches á pobre máquina? Roberto
¿Eu? a
ver se renovade-los equipos que son da postguerra, este o pobre está
pedindo a xubilación a berros o outro
Voute
xubilar eu a ti Roberto
Apura
tío, ou xa me estás descontandto estes minutos o outro
Ti sempre
tan interesado, vaia nome lle puxeches á túa conta Roberto
¿Gústache? o outro
É total Roberto
Pois non
vexas a xente que me escribe o outro
Non me
estraña "orgxxl arroba Roberto
Ola, boas
¿hai alguén? un cliente berrando
Xa vou Roberto
Xa era algo,
malo sería que houbese moitas con esa descripción. Erguinme, paguei e
marchei. Fun a un ciber que hai máis abaixo e púxenme a buscar, pois
non había moitas. Había que eliminar alternativas así que collín e
mandeilles un corrreo a cada un, non foron moitos, nin sequera chegaban
ós dez. Un bo xeito de seleccionar era polo idioma, se non entendían o
galego, non podían ser el; porque xa tería que ser casualidade que as
que había fosen todas de galegos; daba igual, naquel momento era o
único que se me ocorría e mandeino con copia oculta, para que non
visen a quen máis llo estaba mandando, unha mensaxe que decía
"¿org xxl? xa será menos, non che parece que esaxeras; se non,
demóstrao", por suposto mandeino cun enderezo creado para a
ocasión, e que non empregaría máis veces das precisas có que se
acabaría borrando, supoñendo claro que algún destes non me seguise
escribindo; non, se ía coñece-lo home da miña vida por internet e eu
no cárcere. Marchei para a casa toda orgullosa do argalleira que era, e
con tanta impaciencia por saber se daba resultado que tiña pensado
volver pola tarde comprobalo. Esta vez cheguei antes ca miña nai, meu
irmán tamén estaba; tivera un exame e pola cara que tiña non fora moi
ben, así que fixen tortilla e baixei por leituga á tenda, o prato
favorito de meu irmán. Íalle decir que me axudase; pero non era o
momento.
Tranquilo
seguro que non foi tan mal eu
¿A que
hoxe non teño cara de aprobar? Marcos
Home,
moita non; pero eu tamén me engano eu
Xa Marcos
Aínda che
queda suficiencia eu
En COU non
hai suficiencia Marcos
Pois os de
Xuño, sexan o que sexan eu
Si; pero
se xa comezo a suspender agora voume xuntar cun monte delas Marcos
O resto
aínda non os fixeches, así que non digas nada e non te agobies que non
pasa nada, algunha vez che ten que sair algo mal, se non como íamos
saber que eras humano. Eu xa case penso que es superman eu
Si, ti por
enriba vacílame Marcos
Como
aprobes fas a comida durante todo o mes de Xullo eu
Mira que
seguro estou de que vou cargar que acepto Marcos
Daquela
iremos pedindo vez no médico, mira que segura estou eu tamén eu
Nótote
moi contenta hoxe, ¿que Silvestre? ¿coméche-lo canario por fin? Marcos
Non me
fales de debuxos animados hoxe, non me fales eu
Eu pensaba
que Silvestre era o teu favorito Marcos
Hoxe
non... eu
Despois de
comer saín comproba-lo resultado da miña trasnada. Coma se tivese
quince anos, igualiño. Non me atrevín a ir ó locutorio, fun a outro
ciber, non ó mesmo de pola mañán, porque non me cadraba de camiño,
baixei polo paseo e entrei nun que estaba cheo que críos, non me
estraña que espabilen tan pronto, enténdense cas máquinas estas do
demo ás mil maravillas. Tiña mensaxes novos. ¿Mensaxes? non, pois non
eran tan boas novas, ou si, a do rapaz este, a do home da miña vida e a
outra dun petardo, ten que haber de todo nesta vida. A primeira en
circunstancias normales poñeríame de mala uva; pero ese día doume
unha alegría a miña mensaxe contiña os fatal errors eses das
narices" e non sei que máis que como estaba en inglés e
sinceramente non me interesaba nin o máis mínimo correxir eses fatal
errors, pasei olímpicamente. A segunda era boa "se hai que
demostralo, demóstrase; pero demostralo para ná é tontería",
non estaba mal, tiña moi boa pinta, había posibilidades. A terceira
acojonoume un pouco, sentinme coma se me pillasen chamando ás tres da
mañán á casa de alguén por gastar unha broma "me parece que se
ha confundido usted, no entiendo su mensaje, de todas formas le ruego no
vuelva a dirigirse a esta cuenta, puesto que yo no le he facilitado la
dirección, y si no lo he hecho es porque no deseo que usted me
escriba" nin gracias nin nada; mi madriña. Bueno non atopara ó
home da miña vida sentimentalmente falando; pero sendo algo optimista
atopara ó home que si podía selo da miña vida en importancia, polo
menos naquel momento.
Agora xa
tiña a canle preparada, máis ou menos, si que a tiña como ía
resistirse, xa se me ocorrería algo tentador. Non me deron as pernas a
correr tan axiña como desexaba para chegar a casa e poñerme a
organizar toda a historia. As dúbidas sobre se pasar á práctica todo
o que tiña tan ben organizado na miña cabeza sería fácil, non
facían senón aunmenta-la ansia. Cheguei sen alento, feita un trapo,
entrei e o primeiro que fixen foi poñe-lo pixama, porque pretendía
quedar ata que o conseguise, ademáis, queríao conseguir ese día
aínda que tivese que estar sen durmir para que o día non rematase.
Estaba
tirado. Seleccionei a primeira foto, aquela da xente abrazándose e tal,
escaneei a do Goofy deportista que me custara quinientas pesetas; e por
moito que busquei non dei atopado nin unha soa imaxe que reflexara o de
cobrar menos así que me decidín pola medida máis drástica de
empregar letras, no estudio que viña ó final do arquivo decía que
esto non era moi aconsellable; pero empregando as menos palabras
posibles tampouco a cousa sería para tanto. En definitiva, o máis
sucinto que se me ocorreu foi "cobrar menos", reducido era,
non se pode negar. Seguín as instruccións ó pé da letra e todo foi
como a seda, polo menos todo estaba quedando moi bonito, non saían
erros e cada paso deixaba sitio ó seguinte. Unha vez tiña cada cousa
no seu sitio graveino todo e deixeino alí enriba no mellor sitio de
toda a habitación; podíao ver desde a cama. Case non durmín ca
emoción, tiven que acender varias veces a luz e mirar para alí;
coñecía aquela sensación, cando me regalaban algo que me
impresionaba, ou cando mercaba algo que desexaba desde había tempo, ou
de pequena cando viñan os reis. Durmir, durmín de maravilla.
Ó día
seguinte erguinme con toda a enerxía do mundo. Saín inmediatamente da
casa, levaba o disquete envolto nun papel para non sobalo de camiño ó
ciber. De repente pensei que igual era boa idea ir a outro distinto, por
se a alguén lle daba por rastrear; e aínda que me pareceu algo
estúpido porque seguramente nin funcionaría e se funcionaba ninguén o
notaría, busquei outro. Frente ó ordenador por un momento sentinme
Deus, ca sensación de poder controla-lo devir dos acontecementos, o
destino da humanidade, pero cando me comezou a pita-lo ordenador porque
estaba presionando con demasiada forza unha das teclas volvín á miña
forma mortal, que se lle vai facer. E antes de comezar có rollo
decidín lanzar unha súplica á entidade suprema "por favor, se me
sae mal polo menos que non cause trastornos graves" mira que se lle
dá a xente por ir por aí coma Goofy... a piques estiven de deixalo
todo, que perigo; pero como no fondo son un demo de coidado e como
tampouco cría que fose para tanto, nin vía a tele de pago... aínda me
había rir. Así que entrei no correo, e decidín mandarlle desde alí a
mensaxe ó meu orgxxl favorito. Algo tentador, irresistible, así que
non será difícil. A mensaxe en cuestión era sinxela:
"na
próxima emisión proba con esto, e que sexa durante un partido de
fútbol"
O seguinte
que aparecía eran as imaxes, el non vería máis que montón de
símbolos, ó final o anuncio quedaba completamente codificado; claro
que, se el sabía de informática algo deduciría, de todo-los xeitos
daba igual o caso era que nunca me relacionase con aquela mensaxe, que
nunca o relacionaran a el ca emisión do anuncio e que a ninguén lle
dese por intentar descodificalo; porque aínda que segundo as
instruccións era case imposible sen as claves que eu tiña, que
resultaban de non sei que operacións matemáticas realizadas
automáticamente con cada paso, ou eso me pareceu entender; hai moito
espabilado solto.
O mércores
deixeime caer polo locutorio a ver se había algo. O rapaz apareceu por
alí; pero non falou con ninguén, case nin ola dixo ó entrar, estivo
todo o tempo có ordenador; ó mellor foi porque había máis xente e
non o ía compartir con todo o mundo "atendede todos estou facendo
emisións piratas no canal". Algo decepcionada, pensei que estaba
perdendo demasiado tempo con aquela tontería e acabei decidindo que xa
era hora de actuar cun pouco de madurez e poñerse a buscar traballo.
Días despois estaba inmersa na dinámica de mandar currículos, de le-los anuncios do xornal, buscar empresas e tal, case esquencera o tema
de non ser porque os papeis andaban pola habitación e de vez en cando
me viñan á man.
|