Os rumores
facíanse cada vez máis fortes e tivemos que movilizarnos, xa houbera
problemas uns anos antes. A verdade é que o perigo sempre está aí,
non teño precisamente unha profesión das que deixan a un durmir
tranquilo; sen embargo esto era distinto, a tensión callaba o aire;
andábamos todos cós nervios de punta traballando sen descanso; ás
veces tiña-la sensación de que todo era unha coña e de que era
imposible que algo así ocorrese na cidade máis tranquila do universo.
Máis tranquila, xa nos entendemos, que en todas partes se cocen fabas.
Aquelo era distinto. Ó final obtivemo-la recompensa e volta á
normalidade. Ou case. Despois comezouse a falar da manipulación dos
medios, de non sei que lle pasaba ás retrasmisións dos partidos de
fútbol, caralladas eu non perdía unha e non notara nada raro. Santi
decía que si, que sentía non sei que que lle facía quedar relaxado
despois dos partidos, o comentario dou a volta ó mundo, non era para
menos, a saber que facía este cara a televisión. Esa foi a do o
desquite, queimeino a máis non poder, e o moi cabrón seguíame as
coñas; é o bo que ten, nunca se enfada. Non deixaba de ser un tema de
conversa coma o resto, ó final xa houbera un desmentido público, para
min que era un bulo para joderlle o negocio das retrasmisións a algunha
cadea. Pero a teoría da manipulación deixou de ser pura teoría e
convertiuse nunha realidade o día da final da liga, joder, vaia coña;
aquelo non era normal, ata eu me sentía feliz porque ganaran eses
tocapelotas, non o podía crer, eu.... ¿estaría cambiando de
chaqueta?. Acojoneime, pensar que alguén estaba xogando có meu cerebro
fíxome sentir espido, conteillo a Santi e tranquilizoume "ti non
te preocupes que a ti nunca te van manipular" , cando cres que che
está chamando incorruptible, estache decindo que non tes cerebro.
Na central
xa debían levar tempo traballando no tema, aquel era un delito moi
grave; non o podo crer, eu celebrei...hai que colgar ó culpable. Xa non
se poido conte-la situación, non houbo escusa posible o día da firma
do famoso convenio; aí non valía o da deportividade. Saltou a lebre e
a nós comezáronnos a apreta-las caravillas; o sinal das supostas
emisións procedía de aquí, cando nolo dixeron sentín unha punzada no
corazón, lémbroo ben, unha sensación estraña. Puxemos baixo
vixiancia calquera posible centro emisor, volvemos facer un rastreo,
outro, aínda non había tanto do anterior, porta por porta a ver se
atopábamos algo. En realidade ninguén tiña unha idea moi clara do que
buscábamos, hoxe en día calquera un pouco listo pode intervir un sinal
de televisión, listo e que entenda. Foi nunha desas vixiancias,
controlábamos un dos cibers máis "activos" da cidade, alí
cocíase de todo, non ata eses extremos; pero habíache un certo
tráfico de información que nos podía resultar moi útil; foi onde a
volvín ver, xa había días que nin pensaba nela, estaba có da final
de liga.
Mira a
princesiña di Santi
Hostia, e
con modeliño de vran eu non ten mal tipo ¿e non?
Pode pasar
Santi
Non ía
empaquetada ata as orellas; pero aínda seguía tendo ese aspecto de
spice deportista que decía moi pouco a favor da súa madurez. Entrou no
ciber, era un deses que fan fotocopias, teñen cabinas de teléfono e
conexión a internet, máis ben un locutorio. Saudárona coma se fose
habitual, non falaron moito, o dependente sinaloulle os ordenadores e
ela fixo un aceno ca cabeza e foise sentar. "O de sempre,
Sam", esa parecía a conversa. Tardou bastante en sair, a min
pareceume moito tempo, comenzou a apoderarse de min unha certa angustia,
e aquel pinchazo no corazón outra vez. Pechei os ollos e recei, recei
para que ese día non houbese emisións, para que aquelo fose unha
casualidade, igual vivía preto, ou lle quedaba de paso, todo mundo se
conecta a internet, eu teño pasado horas fisgoneando pola rede.
Relaxeime, Santi estaba ó seu, nin se decatou da miña angustia,
mellor.
Aí che
sae Santi
¿Que?
eu
A
princesa, xa sae, acábase de erguer Santi
Ah, ¿fixo
algo? ¿dixo algo? preguntei desesperado
¿Quen?
Santi, sorprendido ¿a rapaza? para min que debe ser muda, tes sorte
Igual si
eu
Non, mira
acáballe de dá-las gracias ó dependente para mira ti que sorriso
lle botou... vas ter que vixiala
¡Santi!
eu dos nervios, non sei para que lle contara que a vira con aquel tío,
non paraba có dos cornos
Tranquilo,
vese que é unha rapaza agradable e dío con ese ton pícaro que ten,
ti esperame á saída que te vou poñer a andar
Pero non
eras ti o que decía que era sosa eu
Ninguén
acerta sempre, rapaz Santi
Pasamos alí
todo o día e non atopamos nada fora do normal, ós compañeiros
pasáralles máis ou menos o mesmo; os que andaban de
"infiltrados" tiveron algo máis de sorte, esta xente non é
capaz de falcela e calala, sempre lles acaba podendo a fachenda. Andrea
ten un estilazo de primeira, é a mellor, ela coma se nada e deixa que
as cousas vaian caendo sen darlles demasiada importancia, di que
preguntar é limita-las respostas. Pareceulle interesante un comentario
que oiu nun café e quedamos en seguir có que estábamos a ver que
pasaba. A pista de Andrea tería prioridade, porque era a única que
tiña algo, así que fun con ela. Santi quedou só vixiando o ciber,
total non había moito que facer. Eu estaba conectado, no da esquina
estaba Manuel, e Andrea estaba nunha mesa tomando un café con Sonia,
outra compañeira. Andrea dixera que un rapaz lle contara algo de que
alí había madeira. Están ben estes sitios, hai ambiente de
camadería, todos se intercambian trucos, cousas que atopan, é coma
unha feira, e ademáis podo fumar con total liberdade sen a presión de
que alguén que non fume me mire mal, quen máis quen menos dáballe ó
tabaco, e a outras cousas; pero aquel non era o momento. Chegou o
individuo en cuestión, acendéuselle a cara cando viu a Andrea, a
verdade é que é un bollicao, ó rapaz caíalle a baba, ela lanzoulle
unha desas miradiñas sensuais, que ata me fixo sentir celos. Sentouse
con elas, Sonia ergueuse e veu sentarse ó meu carón, o tío con total
confianza ponse a falar con Louzado coma se a coñecese de toda a vida;
esta xuventude... Vin algunhas caras coñecidas, andan dun ciber noutro;
había un grupo que debían ser amigos do colega de Andrea, miraban cara
alí e facían bromas, recoñecín a actitude de seguido, facíamolo
nós sempre cando algún ligaba; non maduramos nada.
A un sinal
de Andrea erguémonos todos, o rapaz largara canto poido e máis,
supoño que se quixo face-lo listo con Louzado, eso tamén se me fai
coñecido. Marchamos moi discretamente, eu esquencera o tabaco e dei
volta, entre as caras de desconcerto había unha de pavor, mireino
fixamente e esquivoume, mal sinal, fun cara el e comezou a poñerse
nervioso, notábaselle
¡Campos!
era Andrea vamos
Fíxenlle un
aceno de "xa vou" e púxenme ó pé do elemento, case me fixo
sentir culpable, ó pobre estáballe dando unha taquicardia, cando dou
pisado có pé algo que tirara ó chan tranquilizouse. Achegueime máis,
el contiña o alento
¿Que
pasa? Manuel
E
aproveitando que miraba para Manuel o rapaz soltou o alento e xusto nese
momento volvín a cara. Deus, case collo un colocón, tío controla. A
Manuel doulle a risa, a min doume pena, esa non era a nosa guerra naquel
momento, porque me pillou de boas; extendinlle a man e indiqueille que
me dera o que tiña, sacou un paquete de papel con provisións para un
mes, ó meu xeito de ver, aínda que a este non sei se lle daría para
tanto, metina nunha bolsa de plástico e pecheina. Supuxen que de
momento era dabondo, ata que conseguise máis, unha especie de aviso,
"téñote controlado rapaz". E marchamos coma os de
Corrupción en Miami, ás veces pasámonos de guais.
O rapaz foi
todo o camiño tonteando con Louzado, miraba para nós cun sorriso
prepotente que pedía dúas labazadas. Por suposto que non o fixemos,
era un niñato. Andrea levouno para interrogalo, Manuel entrou con ela.
Nós agardamos fóra por se había que sair, os demáis seguían nos
seus postos. Andrea saiu varias veces dos nervios. Manuel saiu tomar un
café
É un
crío, o único que fai é tontear con Andrea, non solta prenda Manuel
Faise o
duro, ¿eh? eu
Xa veremos
dentro dunhas horas, Andrea está perdendo a paciencia e sinceramente eu
tamén Manuel
Apertádelle as chavellas dunha vez dixen mentres Manuel volvía a
entrar
Sonia estaba
mirando arquivos, era o seu, gustáballe máis o traballo de oficina;
resultáballe moi interesante remexer en casos vellos, tiña mentalidade
forense, xa o decía sempre. Eu daba voltas por alí. Xa eran as sete da
tarde cando por fin se comezaron a move-las cousas
Que di que
el non foi sae Andrea toda cabreada da sala de interrogatorios que o
dixo por fardar
Igual si
eu
Eso mesmo
creo eu, todo o día perdido por culpa deste retrasado toma alento
de todo-los xeitos algo ten que saber, poida que saiba quen o fixo
Estase poñendo moi nervioso Manuel
Imos
deixar que chame á familia e logo seguimos Andrea poida que os pais
nos axuden en algo, que coñezan algún amigo...
¿Os pais?
Sonia eses son os últimos en enterarse de todo
Tamén tes
razón; pero igual lle meten respecto e o convencen para que solte
prenda Andrea
Os pais
chegaron moi alterados, á nai parecía que envellecera de súpeto, o
pai estaba moi serio, decepcionado. Non se rebotaron nin nada, xa
podían ser meus pais así de comprensivos, se lles chego a facer algo
así déixanme quedar preso. Entraron xuntos falar có rapaz, Andrea e
Manuel saíron. Minutos despois chamaron por eles. Estiveron alí dentro
case unha hora; despois saiu a nai e fixo unha chamada. Ó pouco
apareceu alí un rapaz preguntando polo outro, sinaleille á nai e ela
abrazouse a el coma se fose a súa salvación, falaron; el fixo unhas
chamadas desde o móvil, estivo mandando mensaxes durante un bo tempo e
de súpeto comeza a aparecer xente, rapaces e rapazas. Entraron ós
poucos e todos viñan có rollo de que fora un erro, que era moi bo
rapaz, se é meu mozo e coñézoo como se o parira, aquelo xa parecía
unha manifestación estudiantil e cando non os dei aturado máis
díxenlle a Vázquez que os largara. Vázquez ten moi boa man ca xente,
díxolles que non se preocupasen, que nós valorabamo-la súa
colaboración e tíñamos moi en conta todo o que nos dixeran, ¡que
íamos ter en conta!, que a rubia de rizos dixera que era moi guapo, ou
que a roxa dixera que era a persoa máis doce do mundo, ou que o seu
amigo da alma dixera que nunca rompera un prato. A min xa me estaba
caendo gordo o xenio do carallo, tanta popularidade ponme dos nervios. O
que acabou por desquiciarme foi o comentario de "foi unha broma,
él é así", el é así, un día perdido, e Louzado e Oso
aguantándoo, e o desgusto que lle dou ós pais; dúas hostias, o que eu
decía. Chegaron de volta os compañeiros do turno de día.
Seica
actuan os Backstritbois Santi mirando á multitude
Eso parece
eu
¿Que me
contaron de que xa o temos? Santi
Mala
sorte, parece que non, un que se foi de listo e parece que nin sabe
acender un ordenador eu
¿E estes?
Santi
Veñen dar
apoio moral, e certifica-la boa conducta do eu
Pois que
se vaian para a rúa dixo non sei quen que estou farto de aguantar
adolescentes
Xa os
está largando Vázquez eu
¿Pero
había máis? Santi
Tiñades
que vir hai un pouco Sonia esto parecía Bambina
Falando de
Bambina Santi cando viña para aquí ¿adiviña quen entrou no
locutorio?
Non estou
para coñas, levo todo o día sen facer nada de proveito eu
Igual o de
que non foi é só para disimular Santi
Andrea cre
que di a verdade, así que me parece que non eu
Se Andrea
o di Santi
Por fin
Vázquez conseguiu que fosen marchando tranquilamente, para que despois
digan da xuventude, mira como cuidan uns dos outros. O último en
marchar foi aquel amigo da familia, era o que parecía toma-la cousa
máis en serio; a nai xa estaba máis tranquila, non parecía tan
desfeita, xa sorría. O marido saiu da sala e abrazouna, bicouna e
sentáronse xuntos alí no banco. Despois saiu Manuel, animounos a que
se marchasen para a casa; Andrea tamén saiu, sinalou a Oso e díxolles
que os levaría se o desexaban; eles non quixeron, daquela Andrea
díxolles que non facía falta que quedasen, que o ían reter un par de
horas máis por se lles decía algo e despois xa o soltaban, porque era
obvio que el non fixera nada. Foi nese momento cando comezaron a
respirar, Oso doulle unha palmada nas costas a Andrea decíndolle
"ben feito"; pero aínda así preferiron agardar. Non pararon
de darllas gracias, o pai decía que o sentía, que sentía toda-las
molestias, que vaia inconsciente tiñan de fillo; a nai decía que
esperaba que lle servise de escarmento e que tiña ben merecido o susto,
que mil perdóns e que non sei que. O de sempre, se polo menos fose
verdade que ía valer para algo. Xa o estaba vendo ó día seguinte
fachendeando do que nos tomara o pelo, facendo chistes có noso cociente
intelectual; e eso non era o peor, o peor era que nos púxeramos ó
descuberto e que non podíamos seguir no caso, polo menos non na rúa.
Os pais parecían boa xente, afrontaron a cousa abertamente, para min
que xa os tiña afeitos. Oso e Andrea volveron entrar. Oso ven de
Osorio, fainos moita coña porque é o máis baixo e ademáis está moi
delgado, o de Oso non lle pega nada, pero Manuel era boa xente, era moi
tranquilo e non facía caso das nosas coñas, serio e tranquilo coma un
oso.
Estábamos
repasando todo o que fixéramos naqueles días por se podíamos sacar
algo en limpo. Era desesperante, podía ser calquera ou ningún, só
eran rapaces inquedos, tiña que haber unha cabeza pensante detrás de
todo aquelo, unha mente "perversa", un psicópata de
película. Sonia, Andrés, Ramón e non sei quen máis baixaron tomar
algo. E os que quedamos deixamos de falar do tema de puro aburrimento.
Oín que Vázquez decía non sei que de Andrea, non tiña nin ganas de
mirar, eu que estou a todas. Era un sentimento xeral, Santi estaba
apático de todo, nin un simple chiste. Escoitamos un "Por favor,
podedes atender á señorita" detrás de nós e démo-la volta sen
moito ánimo. Vela foi unha inxección de vitaminas como di a canción,
sairon as estrelas e comenzaron a soar violíns. Gustaríame saber que
se me pasou pola cabeza naquel momento ¿a que supoñía eu que viña?
¿a decirme que era o home da súa vida e que non podía vivir sen min?.
Pareceume guapa, e máis alta, traia unha mirada de víctima inocente
que me pareceu máis que suxerente, que me puxo a cen, vamos. Non cabía
en min, botounos unha ollada a todos, analizando, estudiando e despois
cravoume aqueles ollos, mantivo a mirada fixa en todo momento. Eu súaba
coma un porco, ás veces dou noxo. Estábame derretendo, e un
"dígame" saiume involuntariamente. Non o podía crer, vaia
voz , vin a Santi de esguello e quixen morrer, sentía que os
adolescentes que nos invadiran deixaran un virus de inseguridade no
aire; o moi cabrón non daba aguantado ca risa. ¿E que non se decataba
que podía se-la miña futura muller?. Vaia voz "digame"
parecía a benvida dun teléfono erótico, por decir algo, non é que eu
saiba que voz teñen. "Dígame", "dígame", a súa
cara díxoo todo "este tío é tonto". Antes de que ela
poidese decir nada "Ven polo do rapaz ese que ten Andrea" dixo
o moi cabrón. Non o puiden evitar, tireime a ela coma un depredador
sobre a súa presa. Filla de puta, este tamén; pero ti non tes vergoña
nin tes nada, este aínda parecía máis novo co outro, polo menos o
outro era alto, este é que nin se ve. Fulmineinos ca mirada, xa os vin
vir, podían sair rirse a outro lado. Daba igual, era o que me faltaba.
Como me puxen, nin me lembro do que dixen, só vía a súa cara, que
mudara da cándida inocencia a un estado de, de, me parece que a
cabreei. ¡Joder! agora si que estaba sexy, volviuse muller ante min.
Seguía ca mirada fixa, directamente ós ollos, case nin pestanexaba. Eu
tamén a miraba fixamente, que a min non me ganas a chulería, guapa. De
súpeto un disquete interponse entre nós, vouno coller e ela arrédamo.
Xoguiños a min. Santi non perdía detalle, os demáis tamén estaban ó
loro; pero o de Santi era un estudio científico, e porque non estaba a
Sonia para tomar notas. Volveume sair aquela voz, ¡joder! ¡joder!
¡joder!, non me quero nin ver como a teña que cachear. Pregunteille a
que viña e ela desquitouse, a súa voz soaba a insulto, seguía
mirándome fixamente, só desviou a vista segundo, os colegas facían
comentarios, fichounos a todos, parecía o escáner dun robot, mira que
se era a muller biónica. A Santi mátoo, "depende" mirando
cara min, ¡coño dillo!, ¡dille que me gusta!, seguro que nin se
decatou ó verme babear. Menos mal que ela non estaba na misma onda ca
nós e non pareceu percibi-las segundas intencións dos comentarios.
¿Foi ela?
un vacío, un silencio, nin aire había, todo a cámara lenta.
Escoitábaos rir, e pareceume demasiado cruel. Esta quería matarme;
aquel pinchazo volviu insistente. Sabíao, sabía que algo andaba mal.
Cando miramo-lo disquete, eu aínda tiña esperanzas de que fose outra
tomadura de pelo, unha guerrilleira destas que andan dando a vara por
que si, sen máis; moito non entendía, pero aquelo tiña moi mala
pinta. Confirmoumo cun xesto de cabeza, os outros xa case cantaban
victoria e eu afundido na merda. Mireina, escapáranme toda-las forzas,
non quería vaciles. Chamamos ó xefe e leveina a unha sala de
interrogatorios. Santi veu conmigo, non sei se para evitar que fixese
unha tolería como soltala ou que a mallase a paus. Aínda así el
traía o seu sorriso, estaría argallando a historia para contarlla ó
resto con todo detalle. Non tiña ganas de aguantalo e mandeino buscar a
Andrea, igual se lle subían moito os fumes; pero naquel momento ela era
a máis competente. Achegeime a ela, sentei ó seu carón. Ulía ben,
non a colonias nin perfumes pero ulía ben; e decateime de que me
erguera ás cinco da mañán, de que xa era moi tarde, de que apestaba a
tabaco, a suor e sabe Deus a que máis. Analiceina, estaba absorta nos
seus pensamentos, díxenlle que o meditara e mirou para min coma se lle
falase de meterse no opus. Non dubidaba ca mirada, nin lle tremaba a
voz, nin as mans, estaba tranquila, sabendo que facía o que tiña que
facer. Comecei a respectala, jodíame pero era unha tía legal.
Cando entrou
Andrea pareceu sentirse máis cómoda, aínda que seguía tendo a mirada
de análise, seguía cravando os ollos en todo, estudiando cada detalle,
baldosa a baldosa, a mesa, as sillas, as cámaras, e sen embargo non
parecía nerviosa. Soltounos aquelo de que non ía ir ó cárcere con
tal seguridade que me dou a impresión de que se estaba cachondeando,
saín porque os nervios non me daban máis. Fíxome falta algún tempo
para tranquilizarme, cando volvín xa mandaran para casa ó rapaz e
Andrea estábame agardando para seguir có interrogatorio. Non me
deberon ver moi boa cara porque non fixeron chistes, nin sequera Santi.
Entramo-los tres de novo. Ela estaba no seu mundo, esta vez miroume
desculpándose, aló foron as miñas defensas, un "síntoo de
veras" saíalle dos ollos, ¿que podía facer eu?. Vaia desastre,
namorado dunha delincuente e nin sequera levaba un vestido branco
axustado; ela, quero decir. Sentámonos á mesa, cada un nun lado, eu
frente a ela e Santi e Andrea ós lados. Sentíame observado, tiña un
xeito horroso de radiografiarme, facíame sentir mal por non cambiar de
camisa ó medio día. Ou era a miña impresión ou fixábase máis en
min ca no resto, non, si que me estaba mirando. Ó final aínda ía
ligar e todo, son un campión, que veña Xosé a vacilarme. Tamén como
chegase a fixarse máis en Andrea mátame do disgusto, claro que xa me
ten afeito.
Berta
Andrea ¿pensaches no que falamos?
Si ela
Moi ben
di Andrea mirando cara min daquela tomámosche os datos, fas unha
chamadiña cortesía da casa, tomámosche declaración e despois xa se
verá. ¿Paréceche?
Vale di
cun sorriso
Eu era o que
tomaba nota, a letra de Santi non hai cristo que a entenda.
Disme o
nome completo Andrea
Berta Cea
Lema
Enderezo,
idade, número de DNI...
Estado
civil di Santi coma quen non quere a cousa mirando para min, vouno
capar
Ela doume os
datos, un a un, facendo as pausas pertinentes para que me dese tempo a
escribir. Eu miraba para o papel, supoñía que así non se me notarían
os nervios, Santi facía todo o posible para que me sentise violento.
Non sei se facía tanta calor como tiña eu, dábame a impresión de que
non paraba de suar, precisaba unha ducha urxentemente, creo que ela
tamén o pensaba, porque non paraba de mirarme.
Moi ben
dixo Andrea cando rematamos agora o meu compañeiro sinalándome
acompañarate á cabina para que fagas esa chamada e chíscame o ollo
Non quixen
nin ve-lo que estaba facendo Santi, se de algo lles teño que estar
agradecidos é dos vinte quilos que debín adelgazar aquel día. Como a
ía acompañar á cabina se non me tiña de pé; erguinme, suplicando
que ningunha das miñas extremidades me delatara, intentando dala imaxe
de macho castigador que se espera dun tipo coma min. Era difícil con
estes cabróns partíndose á miña conta, porque eles si sabían que me
tremaban as pernas. Aínda non podía crer que Andrea me fixese eso,
supoñíase que tiña que ir ela, ó ser muller dalle máis confianza á
rapaza. Ela tamén se ergueu, abrinlle a porta e indiqueille que saise,
eu quedei detrás, porque son un tío educado e tamén para pedir
explicacións, mirei a Andrea
¿Pescáchela ti, non? dixo ela baixando a voz
Ajárraa
ben Santi que non se che escorreje
Deixeinos
por imposible, polo menos aquelo axudaba a quitarlle gravedade ó
asunto. Esperoume no corredor, cheguei ó seu carón e comezamos a andar
xuntos cara a cabina, había un cento delas; pero supuxen que unha das
de abaixo sería máis axeitada, sempre hai menos barullo, e sobre todo
non están os meus compañeiros asexando.
¿Tes
moedas? ¿Déixoche algunha? menos mal, non me saiu a voz de
gilipollas
Non, non
fai falta, teño di ela sorrindo, joder, con que filosofía o toma
Voume
sentar alí mentres falas sinalando a un banco ¿dacordo?
Vale
ela, para min que lle soei un pouco paternalista non vou tardar moito
Non hai
présa eu
Só vou
avisar que non vou ir durmir ela
Non me tes
que contar nada desto, podes chamar a quen queiras; e fai máis dunha
chamada se o precisas, quizáis tardes en poder eu
Non creo
dixo ela interrompéndome
Moi segura
te vexo eu
Non, non
me refería a que non tardase, se non a que creo que me vai chegar con
unha chamada ela
Ti verás,
pénsao mentres poidas rectificar eu
Xa o
pensei moi ben antes de vir ela
Pois si
que estás segura eu
É que non
hai nada que dubidar, fíxeno e xa está ela
¿Pódoche
preguntar algo, extraoficialmente? eu, aproveitando o bo rollo
Tamén
creo que podes, oficialmente ela
Non; pero
esto é algo que me interesa persoalmente, curiosidade nada máis eu
Dalle,
logo ela
¿Virías
igualmente se non tivésemos algún sospeitoso? eu
Non, creo
que non ela
Hummm eu
Quero
decir, que se non fose polo sospeitoso ese nin me enteraría de que
estávades investigando ela con sorna como oficialmente non pasou
nada...
¿E, cómo
te enteraches se se pode saber? eu
Escoiteino
di encolléndose de ombros
¿Onde?
eu
Por aí
di sorrindo
Xa eu
Ben, por fin
me tranquilizara, viñérame ben aquela conversa, moi ben. Era unha tía
agradable. Observeina mentres chamaba. Agora si que estaba nerviosa,
suxeitaba o auricular ca man dereita e ca esquerda fedellaba no
teléfono. Cando rematou parecía que se sacara un peso de enriba.
Pensándoo ben, ata tiña bo tipo, ganaba con menos roupa a verdade.
¡Joder,
tío! Santi ¿non había unha cabina máis lonxe?
¿Que
pasa? eu
O xefe
quere falar con nós, lévaaa á sala de novo, xa fixo a chamada, ¿non?
Santi
¿Remataches? pregunteille, sabía de sobra que si
Si, xa
rematei dixo sorrindo
¿Chamou a
un avogado? Santi
¿E eu que
sei? dixen algo mosqueado non estaba escoitando
Ela
mirábanos; claro que non escoitara a conversa, pero non parecía que
falase cun avogado, máis ben falaba ca familia, xa mo dixera.
Mira tío,
volvede e que chame a un di Santi, esta vez moi en serio, tanto que
metía medo vaille facer falta
Eu quedei
frío, ver a Santi falar en serio corta o sangue, mireino agardando
algunha explicación
Veña,
volvede, eu vou subindo Santi
Dei a volta
para colle-la e que fixese esa chamada; pero ela nin me mirou e
adiantóusenos escaleiras arriba
Non, non
vou chamar a ningún avogado ela
Dixo
esquivando a miña mirada. Ela ía diante e Santi e máis eu detrás.
¿Non te
propasarías, e non? Santi
¿Que?
dixen sorprendido
¿Non lle
meterías man, nin nada deso? Santi
¡Tio!
dixen todo cortado, non tiña nin a máis mínima intención de
contarlle a conversa que mantivera ca outra; pero tranquilizoume tanto
que volvera ó seu estado de cachondeo constante que me delatei
Si, si,
escandalízate o que queiras Santi ¿que lle fixeches á rapaza?
Non lle
fixen nada; ¿pero de que vas? non llo puiden decir serio, estaba
morrendo por lle contar que tonteara un pouco e que a tía me seguira o
rollo son un profesional, e ela unha sospeitosa, ¿non?
Xa, vaia
elementa, ¿non che metería man ela a ti? Santi para e mírame
fixamente non, estás contento; pero non tanto
Non te
pases, que tampouco é a única do mundo. Non vou morrer porque non me
faga caso, ademáis eu
¿Ademáis???? Santi
Nada
dixen facéndome o interesante
Agarroume do
brazo e miroume mois serio
Está
metida nun bo lío, ata as orellas; procura mante-las cousas do traballo
afastadas das persoais. Faille as beiras o que che dea a gana; pero
cando remate esto Santi
Creo que
nos coñecemos ben para que agora me veñas con esas eu
Claro que
nos coñecemos, e nunca te vira así, por eso me preocupo Santi
Pois non
tes de que eu
¿Non?
¿daquela a que veu traela aquí abaixo? Santi
Estaba
máis tranquilo, non estábades vós partíndovos o cú á nosa conta.
Esto tamén o podes decir, vacilade o que queirades; pero fora do caso.
A tipa non é tonta, e eu tampouco sentenciei
Non te
preocupes por nós, hai un anaco que deixámo-las coñas Santi
¿Que
puido pasar que sexa tan grave? eu
Xa cho
contará o xefe Santi
Ó pé da
escaleira estaba Andrea con Oso, miraron para nós e ela sorriu; Santi
tiña razón, xa non había sorrisos pícaros, nin vaciles, todo eran
miradas de compaixón, miraban a unha condenada a morte. Quixen
partirlle-la cara a todos, podían disimular un pouco. Detrás de Oso
estaba o xefe, e toda a plantilla de superiores. Carallo, vaia poder de
convocatoria tiña a tía, a estes poucas veces os víamos. Andrea
díxolle a Berta que a acompañase, foron para a sala, Oso tamén foi.
Mosqueime porque me dou a impresión de que me querían deixar fóra,
Santi e máis eu fóra do caso, que putada, e por culpa miña; en certo
xeito tiña razón cando me dixo que non fora moi profesional; pero
repasando mentalmente a miña actuación creo que non vulnerei ningunha
lei. O xefe chamounos ó seu despacho, e aló fomos seguidos dos corvos.
Mandounos sentar, os outros fóronse arrimando por onde puideron.
Rodríguez
ese era Santi Campos presentes meu xeneral, parecía que estaba
pasando lista antes de nada felicita-los pola súa agudeza ¿está
de coña? mirei para Santi para comprobar se estaba falando en serio ou
se aproximaba treboada xa me comentou Rodríguez que levaban tempo
vixiando á sospeitosa ¿que??? serás cabrón, non a habíamos vixiar
nin aínda que levase un cartel de culpable pegado no cú, que era para
onde mirábamos normalmente o caso que traemos entre máns, o seu
caso, é bastante delicado; por un lado está a presión da cadea de
televisión que quere un culpable e por outro está ese caso que atopou
a súa compañeira
Sonia
aclarou Santi
Si, a
señorita Álvarez o xefe que lembra bastante a este e que no seu
momento non se poido pechar por falta de probas. Probablemente agora
teñamo-la oportunidade de resarcirnos dese pequeno "erro" do
pasado.
¿Pero, de
que me está falando? eu
Hai uns
cinco anos douse un caso de manipulación, similar di un dos traxeados
nunca se poido chegar a comprobar realmente, se ben as probas
conducían a unha axencia de publicidade desta vila, cando estábamos a
punto de resolve-lo caso, un xiro inesperado obrigounos a desistir.
O de
sempre dixen eu asqueado
Campos,
por favor o xefe este non é o momento, agora entren aí,
investiguen, averigüen se realmente existe relación entre os dous
casos e actúen en consecuencia
Sinceramente, xefe eu non creo que exista relación algunha,
lémbrolle que a sospeitosa se veu entregar voluntariamente, ademáis
hai cinco anos aínda non nacera
Quedaron
todos mirándome, Santi metiume un pinchazo na perna có seu bolígrafo
que mal raio o parta.
Sinceramente Campos o xefe a min paréceme que si nacera, e o de
entregarse voluntariamente pode ser, simplemente, unha maniobra de
despiste coma calquera outra
¿Unha
maniobra? eu claro, por aquelo de que o culpable é sempre o menos
sospeitoso...
Campos
di o xefe, esta vez moi serio se non se cre competente para levar este
caso adecuadamente, ou se carece de interese para vostede Santi baixa
a cabeza para que non se lle vexa a risiña cínica mellor será que o
diga agora e asignarémosllo a outros axentes
Non,
realmente, o meu interese por este caso roza casi o personal digo con
retranca, a Santi case lle dá e prometo que o hei levar ata o final,
e que se hai algunha relación por pequena que sexa heina atopar, e
ademáis prométolle que vou pecha-lo caso a pesar de calquera
"xiro" que se produza, porque non está ben que o departamento
faga o ridículo dixen mirando para os corvos dúas veces có mesmo
asunto, ¿non lle parece?
Menos
cachondeo o xefe, que tampouco simpatizaba moito cós colegas e
póñanse a traballar de inmediato; segundo Louzado tampouco é que
teñan moito traballo adiantado, nin moitos datos sobre a sospeitosa
Home eu
desculpe, señor, é que aínda acaba de chegar, tomámoslle os datos
e fixo unha chamada telefónica
Si; pero
se levaban tempo seguíndoa un corvo como ben dixo o seu
compañeiro, algo máis terán que saber, ¿non?
Mirei a
Santi asasinándoo, e estiven por decir que sabíamos que paseaba moito
e que era unha asaltacunas; pero pensei que xa me pasara dabondo có
discursiño de antes, calei, erguinme tirando de Santi, ó que tiña
pensado partirlle as pernas. Saín coxeando, mirei para a perna e vin un
burato no pantalón, non o puxera nin dúas veces e xa o rompera, era de
marca, fun ó cuarto de baño comprobar que non precisaba puntos, tiña
un sinal vermello dun medio centímetro de diámetro, que ameazaba con
sangrar. Doia coma se fora un socabón; pero non tiña maior
importancia, polo menos ata que se infectase. De camiño á sala doume
por pensar que tería gracia que me tivesen que amputa-la perna por un
incidente cun bolígrafo.
¿Doe?
Santi
¿Queres
comprobalo ti mesmo? cabrón eu mira o burato que fixeches
sinalándolle o pantalón
É unha
rabuñada de nada Santi para de queixarte, pareces un neno
O
pantalón págasmo eu
¡Si, oh!,
se non lle pasa nada, veña menos conto Santi
Antes de
entrar na sala apurei o pitillo
¿Cres que
será certo? Santi
Non eu
Eu
tampouco di Santi reconforotándome
Entramos.
Estaban Andrea máis Oso falando, ela estaba sentada cara a mesa. Era
moi tarde e todos estábamos cansos, Sonia andaba a voltas cós arquivos
do caso aquel e ata que os tivésemos todos para analizalos non
podíamos facer moito. Así que pensara en que durmise nunha das celas,
que nós fosemos durmir tamén, ás nosas casas quero decir e que ó
día seguinte Deus diría; porque ó final se era culpable, no cárcere
pouco mal podía facer.
Están os
seus pais aí forra di Oso
Moi ben
eu que pasen, ímolos deixar media hora, despois levámola abaixo e
mañán poñémonos mans á obra, se ninguén ten inconvinte
Sentíame
ben controlando a situación, era o xefe. Andrea miroume con
indiferencia coma se non tivese nin idea do que estaba facendo. Oso
doume a súa bendición e Santi suxeriume ó oido que quedase na cela
contigua por se escapaba.
Veña, eu
vou marchando Oso
Vou
contigo Andrea vaia día máis perdido di mentres saen pola porta
Andrea
eu agarda un pouco, quero falar contigo un momento e mirándoa
agora veñen os teus pais, mañán falamos, medita ben as cousas esta
noite porque che vai facer falta te-las ideas claras a miña
intención era animala; pero saiume unha voz seca, ofensiva.
Santi quedou
dentro mentres ela falaba cós pais, e despois levaríaa abaixo. Ó sair
cruceime cós pais, estes non eran tan sumisos coma os do rapaz, a nai
miroume coma quen mira ó demo e o pai non me partiu a cara porque lle
levaba unha cabeza. Nin que fose culpa miña que tivesen unha piratiña
na familia. Xa o estaba vendo, a rapaza perfecta, nunca un desgusto, nin
bebe, nin fuma, nin mozos, tan virxinal e encantadora, atosigada por
sabuxos carniceiros, obrigada a confesar un delito que non cometera. Só
esperaba non ter que encarar con eles outra vez porque igual os poñía
ó corrente do anxiño que tiñan por filla. Estábame agardando Andrea
¿Que
querías? Andrea
Decirche
que non creo que sexa certo que perdese-lo tempo eu
¿Non? eu
aguantando adolescentes salidos e a ti venche petar á porta a culpable
Andrea
Bueno, ó
mellor deberías saber que veu porque soubo que detiveramos a alguén
eu
Xa, dilo
para que me sinta mellor Andrea
Non,
díxomo ela eu
¿Si?, e
que máis che dixo, non che diría como o soubo, porque Andrea
Non, eso
non; pero as novas corren xa o sabes, oiríao por aí eu
Xa di
sen moito convencemento de todo-los xeitos gracias por decirmo, atá
mañán
¡Boas
noites! Oso
Ide con
Deus eu, profundo
Dei a volta
para falar con Sonia e vin de esguello a alguén sentado no banco
Veu cós
pais dela Sonia
¿Quen é?
eu
Non sei,
non dixo nada, os pais entraron e el quedou aí, como o ves Sonia
Quixen
guindalo pola fiestra, era o mamonciño que ía con ela o outro día de
noite; non, se aínda había resultar que eran mozos formais. Viñera
cós pais, viñera cós pais. Estaba tan afectado, pobriño. Gilipollas,
a túa moza é moita muller para ti, espabila tontiño.
¿Tes eses
informes? díxenlle a Sonia de moi mala uva
Aínda
non; pero fáltame pouco para sacalos todos dixo ela moi cumplidora,
pensou que o cabreo era con ela
Non pasa
nada, ¿estarán mañán a primeira hora? eu
Si claro,
en cinco minutos xa está todo Sonia
Moi ben,
daquela déixamos enriba da mesa e mañán miramolos todos xuntos eu
Vale
Sonia
Veña ata
mañán, e moitas gracias dixen cun sorriso reparador
Ata
mañán Campos dixo perdoándome a vida
|