En realidade
perdera a noción de todo, desde que entrara alí todo tiña atmósfera
de soño, actuaba por instinto máis que por consciencia. Resultábame
unha situación confusa, a cousa era máis grave do que eu supoñía, ou
polo menos eso suxería o nerviosismo da última hora. Aínda non dou
quitado da cabeza o xeito de mirarme daqueles tipos, sentenciándome.
Non sei quen serían; pero tiñan un aire con Domínguez que non mos
facía moi simpáticos. Despois papá e mamá, foi duro, menos mal que o
tomaron ben. Creo que foi o que máis me custou de todo, aínda pensando
ir ó cárcere o que me preocupaba era facerlles dano. Dano en realidade
non, porque tampouco se pode decir que fixese algo terriblemente
espantoso, nin matei, nin roubei, nin o que para meu pai sería peor,
sair espida no.... estou desvariando. Tiña o corazón na gorxa e case
se me escapa cando entrou mamá, cas bágoas nos ollos.
Berta,
¿que pasa? ¿que fas aquí? como agardando a que dixese que matara a
alguén
¿Non
farías nada malo? meu pai, na súa liña ¿que pasou?
Fixen algo
eu
¡O
desfalco! di papá interrompéndome, ó Santi escapáronselle as mans
ó móvil tanto decías que non fixeras nada para que te botaran
¡Papá!
¿que dis? ¿como ía facer un desfalco, toleas ou que? dixen eu
sorprendida do fácil que lle resultaba a meu pai cargarme un morto
enriba
Non lle
fagas caso, ven desde a casa botando contas de onde meteche-los cartos e
se os podemos empregar para facer unha casiña mamá
¡Mamá!
¿ti tamén? eu
Non
muller, xa sabemos que non foi eso; pero algo tiveches que facer mamá
Pinchácheslle as rodas ó mercedes de Domínguez e el cabreouse, claro
papá
Home, eso
non se me ocorrera; pero se se lle ocorreu a alguén non teñas medo que
aquí o axente xa toma nota de que puiden ser eu dixen a ver se se
decataban de que había xente escoitando e se cortaban un pouco
Cóntanos
logo, ¿que foi? di miña nai, cas bágoas asomando de novo
Non te
poñas así mamá, non é nada eu
Nada, o
que se di nada non debe ser, disque tes que quedar aquí papá
Xa, porque
confesei eu
¿Pero
pódese saber dunha vez que confesaches??? mamá
Lembrades
o que se decía hai un tempo de que alguén manipulaba á xente ca tele
e toda aquela historia eu
Si o dos
partidos de fútbol do canal, ben que o lembro, vaia chorradas din
papá
Pois fun
eu eu
¿Queee?
a meu pai mateino claro non podía ser outra, non te aguantabas, como
a ti non che gusta o fútbol andas jodendo ós demáis
¡Para xa!
mamá ¿así que foi eso? ¿e nada máis?
¿E que
máis querías que fixese? ¿que lle metese á xente na cabeza que en
lugar de homes tiñan que xoga-las as mulleres? papá
¡Hostia!
eso non se me ocorrera eu
Ti dalle
ideas, xa está trastornada a pobre. Non me estraña, a culpa é túa,
se non quixeses ver sempre o partido mamá
¡Hai que
joderse! di mirando para Santi ti ves como son as mulleres, se a
rapaza fixese algo bo había ser cousa dela
¡Pois si!
dixémo-las dúas á vez, e Santi riu
¿E vaise
ó cárcere por eso ? mamá
¡Mamá!
eu
Pois non
vexo que teña de malo mamá
¡Mamá!!!
eu
¿Que? ti
foches quen o fixo, supoño que a ti tampouco che parecería tan malo se
non, non o farías digo eu papá
Claro que
sabía que era algo malo eu
¿E
fixéchelo igual? papá
Tamén
sabes ti que está mal non axudar a mamá cas cousas da casa máis non
lle axudas eu
A cousa
éche bastante distinta papá
Será para
ti, porque o que é para min, a nena nin quixen mirar para Santi, a
nena, case trinta anos, a nena; bueno non me queixo que cando lle chama
"o pequeno" a meu irmán que mide case dous metros, aínda é
peor ten moita razón no que fixo, tanto fútbol, tantos partidos. Eu
nunca te vira tan contento des que pasou aquelo. Daba gusto ver á xente
tan contenta, ¿non me diga que non? mirando a Santi, que xa era da
familia
Non sabía
se estaban tan histéricos que non asumían o que pasaba ou se o estaban
tomando ben, en calquera caso a visita acabou converténdose nunha loita
de sexos e miña nai na miña mellor aliada. Meu pai non pareceu darlle
máis importancia que a unha trasnada da "nena". Como era
serio tratei de deixarlle-las cousas ben claras
Mirade,
aínda non sei que vai pasar; pero entre as moitas opcións está a de
ir á cadea dixen moi seria se hai xuizo vou precisar un avogado,
así que a ver se podedes ir buscando algún que serva para algo. Se
non, como estou no paro igual podo coller un de oficio
¡Muller!
meu pai espléndido xa buscaremos un
De momento
non fai falta eu
¿Como que
non? miña nai ¿e eso de non falo sen a presencia do meu avogado?
a miña nai pasáballe algo, debía estar vendo unha película antes de
vir
¡Bo!. De
momento o que teño que decir xa o sei, a verdade e nada máis. E o que
quero tamén o teño bastante claro eu
¿E que
é? se nolo queres decir, claro meu pai todo ofendido
Non ir á
cadea eu
E non,
querer tamén eu quero un barco meu pai ¿e cres que por pedilo cho
van dar? terás que darlles algo outro que estaba vendo unha película
Bueno, xa veremos. Vós non vos preocupedes ¿vale? eu
Cando se
entere o teu tío Antonio do que fixeches daslle un desgusto miña nai
¡Que dis,
muller!, o seu tío é coma ela, hai de vir cunha pancarta para que a
liberen, e David con outra. Non se ca familia que temos aínda non sei
como non levamos máis desgustos papá
Tranquilo,
verás como todo se soluciona mamá ti tamén... mira como está teu
pai
Xa o vexo,
mamá, e tamén te vexo a ti, por eso vos digo que non vos preocupedes
eu
E en lugar
de decirnos eso, por que non tiveche-las mans quietiñas así estábamos
todos máis tranquilos papá
Pois,
porque non me dou a gana eu
Esta miña
filla, era pouco matala papá
Teu irmán
está fora mamá non o deixaron pasar
Dalle un
bico da miña parte eu
Si, outro
elemento, a ver se lle dá por aprender desta e fai obrigatorio o
baloncesto papá
¡Papá,
xa vale! Era un pequeno experimento pero fóiseme a man. Nin vai volver
pasar, nin Marcos vai facer tal. Tranquilízate eu
Habías
estar moi tranquila ti se fose eu o que estivese na cadea papá
Home, non
adiante-la cousa que a rapaza aínda ten posibilidades polo menos non
dixo "a nena" mamá
Papá, se
ti estiveses aquí por face-lo mesmo ca min estaría moi orgullosa de ti
eu
Menos
coñas, menos coñas, que non é o momento di meu pai ríndo e
dándome unha aperta
Miña nai
tamén se uniu. Pasou a media hora e eles marcharon, a min levoume para
abaixo, quedei alí soa.
Tes sorte
Santi non hai moita movida hoxe
Si, había
ser interesante dixen toda animada, a visita da familia en contra do
que pensaba levantárame a moral, no fondo creo que pensaba que non
virían
Se ti o
dis dixo facendo un aceno de despedida ¿queres algo de comer?
dixo mentres pechaba
Non, non,
gracias eu
Aquel sitio
era noxento, ulía a humidade; pero cando me vin soa pareceume un
palacio, tanta paz e tranquilidade. Non podía máis que sentirme
orgullosa por que fixera o que debía, o que ou cría que debía.
Supoño que fixen ben en non falar antes con ninguén, habería quen me
intentase persuadir; ademáis canta menos xente se enterase mellor.
Podía imaxina-la cara de Fran decíndome "así que no disquete non
había nada, espabilada". Non tiña moi claro que postura adoptar
para esixi-la miña liberdade, unha ameaza cunha nova emisión
desprestixiando ó governo ou incitando á poboación a teñirse de
rubio platino, daba igual, algo se me ocorrería pola mañán. Repasando
o que fora aquel día sentín moita felicidade, orgullo e non sei que,
parecía que estaba viva e que a xente me vía, que sabía que
exisitía. Doume por pensar que o fixera por chama-la atención,
consoloume que, de non ser polo capullazo aquel que falou de máis, eu
non estaría alí. E tirada no banco comecei a pensar nel. No
tremendamente sexi que estaba cando se puxo ó meu lado na cabina e
falamos "extraoficialmente" debía recoñecer que non estaba
mal, nada mal. Deixara de lado a voz de "hei nena" e pareceume
encantador, jodiuna un pouco ó final, cando volvemos á sala; un alivio
en certa maneira, porque non me gustaría remata-los interrogatorios
enriba da mesa, acusada tamén de tocamentos diversos á autoridade. A
meu pai dáballe. No choque inicial pareceume un imbécil. Ía por aí
cos seus aires de, non sei, de chulo decindo "¡dame un bico,
guapa!", resultábame incríble que houbese mulleres alí que o
aturasen, seguro andaba detrás de todas, tíñame pinta deso. Aínda
que conmigo nin o intentara, máis ó meu favor, gústabanlle mulleres
mulleres e non coma min. ¿Ou si? a verdade é que me desconcertaba, ás
veces tan riquiño e de súpeto convertíase nun ogro. Tardou en pasarme
o cabreo da faltada aquela de "a ti gústanche novos", non sei
a que viña eso; pero a el que lle importará o que me guste, non quero
nin pensar que viñese a denunciar unha violación, a ver se agora só
se vai poder salir con el, se aínda mo pedira. E o que me mosqueou foi
o que me preguntou o outro do estado civil, cotillas, porque supoño que
ese non sería un dato crucial, de cómo argallei a historia esta nin
falamos, eso si faltoulles pouco para preguntarme con quen me deitara o
día antes. Cheguei a pensar que non me tomaban en serio, case me
ofendiu que non me esposasen e me mandasen para a cadea directamente. E
que nin unha simple mención a "¿que te induciu a facelo?",
"¿que pretendías conseguir?", nada de nada. Nome, enderezo e
estado civil, nin que viñera renova-lo dni.
Comezou a
gustarme cando o vin repasa-lo meu nome. Un xesto demasiado tenro para
un duro e cruel policía, e supuxen que igual o xulgara á lixeira. El
traía unha libretiña pequena e un bolígrafo, comecei a deci-los meus
datos e el escribía, podíao ver perfectamente desde onde estaba. Tiña
unha letra pequena e redonda, seguro que fixera moita caligrafía de
pequeno, pensei que non pegaba nada ca súa apariencia externa, unha
idea un pouco prexuiciosa teño que decir, coma se os tipos grandes non
fosen intelixentes ou cultos. Igual era humano e todo. O boli que traía
era verde, eso xa me pareceu un pouco excesivo; non debía ser seu
porque en canto viu a cor rematou de escribi-lo nome e peidulle outro ó
compañeiro, o novo era azul, unha cor un pouco máis axeitada. O feito
é que mentres seguía falando, o pouco que falamos, el repasou en azul
o meu nome, Berta, ía letra a letra, a modo. Repasouno varias veces. A
verdade, é un detalle sen importancia, fíxenme a ilusión de que
estaba pensando en min mentres o facía, como cando escribías dentro
dun corazón o nome do rapaz que che gustaba. Pareciume tan romántico.
Despois dixen a frase máxica e o príncipe desapareceu. Outra das
miñas virtudes, facer que a xente desapareza. ¿Estaría enrollado con
Andrea? ó principio pareceume que non; pero aquel "espérame"
do final mosqueoume, mátanme os celos; ela é guapa e comparada conmigo
non che digo nada; ademáis era moi boa xente, notábaselle, se polo
menos fora unha pendanga, poderíaa odiar sen remorsos. Para min que
coxeaba. Pronto deixei de pensar naquelas tonterías, a miña vida
colgando dun fío, a tranquilidade de meus pais en perigo e eu pensando
no tipo ese; que, por se non tivese dabondo, ía ser un dos encargados
de enchironarme. Antes de quedar durmida volvín ó momento da cabina,
para durmir a gusto máis que nada. E así foi.
Espertei
feliz, coma se durmira no mellor hotel do mundo. Pronto me viñeron
buscar Andrea e máis outra axente, dixéronme que podía ir ós aseos
se quería. Claro que si, practicamente paso a metade do día no baño,
a que non paso durmindo ou paseando. Fun, laveime un pouco, non tiña
roupa para cambiarme, nin me decatara dese detalle ata aquel mesmo
momento. Intentaría que alguén chamase á miña casa para que me
trouxeran roupa limpa. A idea dun estraño revolvendo nas miñas cousas
non me atraía demasiado; pero unha urxencia era unha urxencia. Xa
estaba vendo a meu irmán escollendo a miña roupa interior, seguro que
tiña que facer el a maleta, habíame traer todo-los suxeitadores e unha
braga, coma se o vise. El ten as súas prioridades.
¿Que tal
durmiches? di Andrea mentres lavo a cara
Ben, moi
ben. Por certo dixen ¿habería algún xeito de que alguén me
poidera traer outra roupa?
Si que o
hai Andrea pero eso vas ter que falalo arriba. Tranquila igual tes
razón e non botas aquí moito tempo dixo con sorna.
Subimos e
leváronme á sala do día anterior, dentro xa estaban Campos e Santi.
Cando entramos érgueronse, pareceume algo un pouco ridículo, como
doutro tempo, terían que facelo. Andrea díxome que sentara.
¿Que
queres para almorzar? Andrea
Calquera
cousa, chocolate... eu
Moi ben
Andrea agora cho traen, ¿vale? que encantadora
¿Vos
queredes algo, Santi, Cris? Andrea
¿Cris? non
o podía crer, xa decía eu que se me parecía a alguén, era cravadiño
a Chris Noth. Igual non se lle parecía tanto; pero non se lle podía
negar que tiña o mesmo estilo, e como o outro tamén facía de poli,
era fácil asociar.
Eu non
Campos
Non, eu
tampouco Santi
Pois
marchamos, axiña ven o almorzo di Andrea mirándome
E saen.
Naquel
momento sentinme abandonada, eu soa con eses dous. O que andaba sempre
de coña estaba máis serio, máis distante. Campos levaba unha
camiseta, de marca, quen pode, pode. Estaban mirando un montón de
papeis, e seguiron ó seu sen prestarme atención. Eu quedei alí
sentada esperando polo almorzo que tardou en chegar, máis ben sería
que tiña moita fame, non ceara. Miraban aqueles papeis unha e outra
vez, falaban entre eles cousas inconexas:
¿No
catro?
Non, no
tres, cuarta páxina
Xa o
teño, e dis
Home, a
min paréceme
Non erguían
a vista, debían levar alí xa algún tempo, o cinceiro estaba cheo de
colillas. Mentres eu estiven non fumaron, era algo que agradecía; pero
nin sequera mo preguntaran, supoño que os fumadores se están
sensibilizando cós pasivos. O que fumaba era Campos, podía ve-lo
paquete de cigarrillos no bolsillo da camiseta. Chamaron á porta,
entrou un señor vestido de camareiro, que debía ser da casa porque o
trataron con familiaridade
Chocolate
e medias lúas, ¿está correcto? di sen moito entusiasmo, como se non
lle agradase moito servirme
Si eu
Bos días
o camareiro
E marchou
por onde entrou. Boteime ó almorzo con toda enerxía que a vergoña me
permitía. Ó rematar case me apetecía volver durmir; pero non houbo
sorte, Santi miroume e viu que rematara. Fíxolle un sinal a
"Cris", a verdade é que o nome soaba un pouco ridículo,
igual era Cristobal, que tamén é bonito. Como fose Crisóstomo...
Espero que
durmises ben "Cris" porque che vai facer falta te-los
cinco sentidos a punto soaba a ameaza
Si, a
verdade é que durmín bastante ben eu ó meu aire
Trataba de
concentrarme, có da fame non tivera tempo para pensar nada, veña a
improvisar.
Nótaseche
Santi nótaseche, como ves hainos que o pasaron un pouco peor
sinalando a Campos
Bueno, a
ver se atendemos ó que estamos Campos onte antes de marchar
apareceron novos datos sobre este caso
¿Novos
datos? eu acojonada, pero que novos datos, joder non viría o rapaz do
locutorio...
Si, son
datos un tanto preocupantes Campos serio ou cando menos, van ser
preocupantes para ti
¿Para
min? digo sorprendida non o creo. Se non lembro mal, onte cheguei
aquí confesando se-la culpable dun delito, non creo que poida haber
nada máis preocupante ca eso
Non cuspas
cara o vento Santi sempre pode ir a peor
Pois
daquela para que quede claro, se ó presidente lle dou por teñirse de
platino non é cousa miñá dixen, non sei como puiden, Santi riu pero
Campos asesinoume ca mirada
Terémolo
en conta Santi, mirando para Campos
Campos
ergueuse e comezou a pasear pola habitación; pois non, non coxeaba,
deberon ser imaxinacións miñas. Dun lado ó outro, mirábao coma ó
péndulo dun hipnotizador, se chegan a tocarme na fronte e decirme
"durme", alí quedo. Non conseguía tomalo en serio, tan
convencida estaba de que todo sairía ben, no único momento en que
tomei algo de conciencia foi na visita de meus pais, aínda que non
moita porque a verdade é que foi un tanto surrealista.
Bueno, se
consegues atopar algo de sentido nesa túa cabeciña, comezamos Campos
E
conseguirei dixen toda ancha
Ben. Agora
vasnos contar con todo detalle, ata o máis insignifcante detalle, que
fixeches e como, e de onde sacache-la idea e os medios para facelo
Campos ¿quedou claro?
Clarísimo
eu
Pois veña
Cris desafiante
Estaba ata
as narices de ver fútbol a todas horas, de que a xente só disfrutase
ganando e de que certos individuos cobren moitísimo máis ca min e que
nin sequera saiban falar. Decidín tomar medidas introducindo uns novos
conceptos de ver fútbol, fíxeno empregando o disquete que vos
entreguei e cun ordenador. Creo que con esto respondo a toda-las
cuestións dixen máis que tranquila, con chulería
Menos mal
que cho pedimos con todo detalle Santi que se non a ver que nos
decías
Como
comprenderás eso non é dabondo Campos
¿Non?,
pois non teño máis que decir eu
Xa o creo
que vas ter que decir moito máis Campos e se non o dis por propia
vontade terémoscho que sacar nos
Fixen unha
revisión médica o mes pasado eu, trataba de controlarme, pero non
podía creo que vos convén sabelo
A Santi
doulle a risa.
Mira ti o
que son as cousas, cando acabe con esto eu vou ter que facer outra
Campos ¿sabes que me estás poñendo dos nervios?
¿Eu? có
inocente que son
Si, ti e
mai-la túa actitude de superioridade ¿quen eu? ou do que sexa.
¿Cres que esto é un xogo?
Non,
aínda que non o creas tómoo totalmente en serio; pero tampouco hai que
dramatizar eu
Claro,
como non vas ir ó cárcere Campos
Si Santi
e cómo é eso de que non pensas ir ó cárcere
Teño
preparada unha emisión de emerxencia, que cause un desorde social
saiume de improviso, son xenial
Non tanto,
Campos mirábame fixamente, non me crera nin palabra, é que ás veces
son imaxinativa de máis...
Xa
Campos como di aquí o meu compañeiro, terémolo en conta riuse,
vaites
A ver,
Berta Santi ó mellor non comprendes a magnitude dos feitos, non se
trata só de que trataras de influir na xente por métodos non
autorizados, senón que ademáis boicoteache-las emisións dun canal de
televisión privado, o que non é moi boa publicidade para eles. Como
decircho para cabreáchelos moito
Humm
dixen encolléndome de hombros home non supoñía que me fosen dá-las
gracias; pero tampouco me parece para tanto
Pois si
que o é, baixoulle o número de abonados de xeito radical Santi e
sinceramente, non me estraña, quen vai ver un canal no que che van
andar có cerebro
Haber, hai
de todo eu
¿Non me
digas que vas face-lo chiste de quen non ten cerebro? di Campos
interrompéndome
Non eu
¿Non?
Campos
Non, ía
face-lo chiste de quen non ten ideas propias eu
Xa me
parecía raro que o tomases en serio Campos, xa máis relaxado
De
verdade, que o tomo en serio, de verdade dixen autoconvencéndome
máis ben
Dime
Campos ¿de onde sacache-lo programa ese dos anuncios subliminais?
Atopeino
eu
¿Atopáchelo? Campos serio ¿Onde?
Entre
outros moitos arquivos, foi por casualidade, nin sequera sabía de que
ía, estiven a punto de tiralo e todo eu
Santi
Campos ¿ti enténdesme cando falo?, porque parece que a señorita non
me entende moi ben bota a man ó bolsillo da camiseta e
arrepentíndose ¿Onde? ¿en que sitio? quero o enderezo,
localización exacta, ¿píllalo?
Si, xa o
pillara antes; pero eso non cho vou decir eu
Nese momento
agradecín que el en concreto non levase pistola, aínda me había
demandar por causarlle unha alteración nerviosa
¿E
supoño que tampouco me vas decir como conseguiches interrompe-la
emisión do canal e colalo anuncio? di Campos un pouco alterado
Non dixen
nada, mireino poñendo cara de "se eu poidese" a ver se
colaba.
Ben,
daquela igual che temos que falar dese asunto tan serio que chegou ós
nosos oídos onte a noite Campos algo xa che dixen antes;
pensábamos que nolo contarías ti, polo menos eso axudaría na túa
defensa, aínda estás a tempo. E non penses que traguei o da emisión
esa que dis
Fas mal
eu faroleando
Non creo
con voz repelente tes dous segundos para cambiar de actitude
Non vou
cambiar, o que quería decir xa o dixen eu
Moi ben,
pois pon atención porque che vai encantar Campos macabro, ás veces
metía medo; pero estaba tan sexi temos unha compañeira moi curiosa
¿sabes? en canto oiu falar do tema este da publicidade subliminal
doulle por rebuscar nos casos vellos; faino con todos, non te creas nada
especial vaia e, mira ti que cousas, atoupou algo que che vai facer
morrer de gusto
De gusto
non sei Santi pero para morrer non che vai faltar moito
¿Que pode
ser tan grave?, casos de publicidade subliminal supoño que se darían
moitos; pero o que eu fixen non é exactamente eso eu
Non sei se
é exactamente ou non; pero paréceselle bastante, moito, moitísimo,
diría eu Campos a cousa é que hai uns cinco anos, aproximadamente,
produciuse un caso moi grave de manipulación indebida dos medios, e
curiosamente con esa voz de sarcasmo tamén tiña a súa orixe aquí
¿Aquí?
eu con sorna
Na cidade
Campos, mosca quero decir
¡Ah! eu
Houbo unha
investigación e uns problemiñas de última hora fixeron que non se
poidese deter a ninguén. ¡Que cousas! como podes imaxinar, naquel caso
o departamento non se luciu precisamente; e como podes imaxinar, tamén,
estamos desexando te-la revancha, e mira por onde ti estás no medio de
todo
¡Vamos!
eu algo acojonada ¿non será moito supor que hai algunha relación?
¿Supor?
¿quen está supoñendo nada? Campos estoucho decindo, o dos
"supostos" é para os xuizos e os noticieiros... igual era
hora de que foses buscando un avogado
Non, non
te cortes, sigue có que estabas, que dis que fixen eu, no fondo a
curiosidade podíame
Pois
decía que naquel momento investigouse moi a fondo a unha axencia de
publicidade ¡joder! vaia metedura de pata, estaba morta, Campos
mírame descubríndome parece que che soa o tema
¿A min?
non, de nada, sigue, sigue comecei a suar
Xa ves,
este mundo éche un pano, que cousas, era a mesma axencia de publicidade
na que traballabas ti ata hai uns días Campos o triunfador
Non
respiraba, a temperatura do cuarto subira de súpeto e perdera
movilidade nos brazos, nas pernas xa nin che digo. ¿En que estaría
pensando?¿como puiden ser tan inxenua...?
¿Estás
ben? Campos con recochineo
Si, moi
ben eu ¿e porque non o ía estar?
Por nada,
supoño Campos, cacho cínico
Onte
Santi teus pais falaron do despido, de que tiñas problemas e non sei
que dun desfalco
Vamos, era
unha conversa privada, eso non o podedes empregar
¿Seguro?
Campos ti sabías que el era policía, de feito esto é da policía,
ninguén te obrigou a decir nada, nin a teus pais... e el non ía
tapa-los oídos
¡El, non
tiña que estar alí!
Igual non;
pero estaba Campos
Da igual,
o que oiches dixen mirando a Santi é o mesmo que nada. O do
desfalco é un chiste entre meu pai e máis eu, eso si é facilmente
demostrable, a Deus gracias, o que me faltaba dixen eu para min
¿Sóbranche os cartos logo? Campos
Non; pero
teño dabondo eu ofendida non me fai falta roubar, polo de agora
Non te
ofendas di Campos baixando a cara ata a miña só era unha coña, xa
sabes para facelo máis levadeiro
Sentín que
me lía o pensamento, aínda que seguro que non, ós homes nos lles dá
para tanto. Sentín a súa respiración na miña cara, o seu aire de
triunfador, sen compaixón. Querían a revancha, xa o dixera ben
clariño. Víñaseme o mundo enriba e non tiña nin idea de que facer.
Como puidera ser tan parva para non supor que ían asocia-las dúas
cousas; e eu que sabía que a poli se encargaba desas trapalladas.
Aficionada, para outra xa o sabía. ¿Para outra? ¡ti non aprendes
nunca!!! Non ía haber outra.
Tranquila
di Santi, lanzándome un cable nin este mirando a Campos nin eu
cremos que haxa relación
Nós non
cremos nada di Campos acalando ó compañeiro vas ser ti quen nos
convenza, ¿a que agora che está resultando máis interesante todo
esto?
Si cando
falaba tiña unha tranquilidade que ata a min me poñía dos nervios e
vexo que a vós tamén miráronme sorprendidos porque onte
Onte non
é hoxe Campos e mellor nos resultaría a todos se as cousas
quedasen como estaban cando chegaches
Digo eu
vendo luz ó final do túnel e se eu non viñese, ¿que carallo
faríades vós?
¿Como?
Campos que se altera de novo
Que se eu
non viñese por aquí, nin habíades ter culpable para este caso nin
para o outro, o da revancha, xa sabes realmente conseguira
desconcertalos
Si, pode
ser Campos pero viñeches, xa che enviaremos flores polo teu
cumpleanos di con recochineo
Ou
bombóns, se o prefires Santi rindo
Eso, eso
Campos seguíndo ca coña sen reparar en gastos
Algo é
algo dixen por certo, prefiro bombóns
Campos
adicoume un sorriso encantador e quedóuseme mirando como se me vise por
primeira vez.
Decímosche o que temos Santi o que nos dixeron e o que sacamos
destes informes, que tampouco é moito a verdade
Eso non é
asunto dela Campos cortante
Parecía o
famoso xogo do poli bo poli malo, ogallá non estivesen xogando.
Agradábame a idea que intentasen axudarme.
Daquela
sigue ti Santi non vaia ser que lle facilite demasiados datos e
acabe por corrompernos a todos; ás veces éche así de cabrón di
mirando para min no fondo non é malo. Pero este caso trástornao e
non sei por que, ¿non o saberás ti?
Campos
contrólao ca mirada.
Porque non
me soporta digo eu
Non, non
creo que sexa "exactamente"eso Santi mirando de esguello a
Campos
O que me
faltaba, que se aliasen os tolos do Universo contra min Campos
resignado se me facedes algún caso poderemos chegar a algún sitio
Que si
home, que si Santi reláxate
Como che
decíamos hai cinco anos descubriuse que a axencia na que traballabas
manipulaba os anuncios. Actuouse a partir dunha denuncia da
organización de consumidores, na que se afirmaba que determinados
anuncios provocaban reaccións anómalas nos consumidores: consumo
compulsivo, desorientación, e non sei que caralladas máis. As
pesquisas comezaron na sede principal da axencia que firmaba os anuncios
e pouco a pouco foron derivando na sucursal local. Hai declaracións de
moitos dos empregados da axencia daquela época, ó parecer ninguén
sabía nada do asunto. Non había forma de demostrar que fora unha
persoa en concreto, salvo que alguén se fose da lingua; pero o que si
se podía facer era cargar contra a empresa. Supoño que non lle
interesaba moito ve-lo seu nome involucrado en semellante asunto, por
razóns facilmente comprensibles eu non lle quitaba ollo, parecía
unha desas esceas cruciais dunha peli de xuizos así que comezaron a
soar nomes
Casualidade, casualidade Santi ¡Domínguez!, ¿non me dirás que
non che soa?
Deso
tamén falou meu pai eu se ó final... veu uns minutos, chega a
pasar aquí unha hora e cáeme a perpétua
Rin
Foi o
principal sospeitoso durante meses. Para cando se dou conseguido unha
orde para rexistra-la oficina xa desaparecera calquera información que
o puidese comprometer. Existen moitas irregularidades e contradiccións
en todo este embrollo, a orde de rexistro pode tardar uns días, e hai
declaracións contradictorias de empregados e despidos misteriosos. E
tamén supoñemos que houbo presións desde outras esferas porque se
paralizou a investigación, e sinceramente, non era algo imposible de
descubrir
Home
Santi tampouco te tires da moto, sen probas físcas
Ti di o
que queiras Campos agora tiramos ó lixo o disquete que nos trouxo a
señorita ¿que pasa? ¿non me sabe o nome? moi fina lle debo parecer
"señorita" "señorita" ¿e soltámola porque non
hai probas, sabendo o que sabemos? ¡Non me jodas!
Bueno
sería un cante; pero en realidade... Santi
En
realidade mirando para min fixéchesnos un favor de tres pares de
collóns
Teño as
miñas razóns para face-lo que fixen eu e facervos un
"gran" favor non está entre elas...
Algo xa
nos imaxinábamos Santi
Así que
viñeches para que non encadearan a un inocente Campos, có seu ton
sarcástico de novo ¡que nobre! pero non trago, sabes Santi míraoo
estrañado o pijo ese non tiña nin idea de nada, así que o
soltaríamos e listo
Humm eu
baixando a mirada
¿Sabes,
Santi? Campos igual o rapaz sabía máis do que pensábamos
Non jodas
Santi con curiosidade
Non mo
digas a min Campos dillo a ela
Home
Santi escandalizado, mentres Campos sorrí
Para que
eu me entere Campos, colle a silla e séntase ó meu carón mirándome
de frente, nesta situación "Cris" o tipiño ese fanfarroneou
con Andrea, para irse de guai, eso é fácil de entender ¿non?
gústalle, que merda pero de algún sitio tivo que saca-la idea...
Xa Santi
puido oir campanas polos cibers, a estes piratiñas tamén se lle
escapan detalles
Pero ti
non llo dixeches a ninguén Campos atravesándome ¿non si?
Non
joder, joder, jodeeeeer
Cóntame
Campos, con voz de confidente radifónico ¿cantos cómplices tes?
Ningún
eu
¿Ningún?
Campos
Mira agora
mesmo penso que son a imbécil máis grande do planeta; pero podes estar
seguro de que non ía cargar có morto de ninguén. Son moi nobre, si;
pero nada xenerosa eu
Ben,
daquela obtiveche-lo programa ese, non sabemos como dille a Santi e
emitíchelo, ¿como?
¿Cunha
emisora pirata? eu
Claro home
Santi tes cada cousa ¿e con que se non? Campos sorrí
¿E onde
está esa emisora? Campos porque na túa casa nin rastro
¿Foches
á miña casa? eu
Eu non
tiven o gusto, síntoo Campos pero os nosos compañeiros si
Joder, e
para o outro tardan semanas en consegui-la orde eu
Xa che
dixen que había cousas moi raras en todo esto Campos
E bueno,
¿que atopáchedes? por curiosidade, que morbo se chega a ser el o que
rexistra a miña habitación, ¿non?
Non moito,
non creas Campos
Que eso
non lle interesa Santi repetindo o ton que lle puxera Campos no seu
momento
Home di
desculpándose ó fin e ó cabo é a súa casa. Pois nada, din que tes
unha habitación monísima falando coma un decorador amanerado que a
toga dourada non che senta nada ben
¡Gracias!
eu
Muller,
eso foi o que me dixeron Campos de vacile o programa orixinal,
porque non sei se o sabes; pero o que nos trouxeches é unha copia
A min case
que me dá que o sabía Santi
E nada
máis, nin rastro dun interrompedor de sinal, nin emisora nin nada que
faga as funcións. Ademáis ata apostei con Santi di sinalándoo a
que non tiñas nin idea da pinta que teñen esas cousas
¿Non me
farás quedar mal? Santi dalle na cabeza
Baixei a
mirada, non sabía moi ben que decir
Polo
contido do disco duro do teu ordenador, os teus coñecementos de
informática, e non te ofendas, son bastante básicos Campos, moi
sutil el
Tranquilo, tranquilo, non ofende quen quere eu xa o deberías
saber, senón quen pode
Santi ri,
este tío pásao bomba
¿E, eu
non podo? Deus, estaba tonteando conmigo, non imaxinacións
Non eu
¡Que se
lle vai facer!; pero razón teño, ¿ou non? Campos
Unha pouca
si eu
Claro que
podías estar disimulando Santi e ser unha pirata informática da
hostia
Igual si
eu
Esta dinos
a todo que si Campos falando con Santi coma ós tolos
É certo
dixen non teño moita idea de informática, como ti dixeches, a
básica; pero con eso chega para face-lo que fixen
Chega para
organiza-las imaxes Campos serio pero non para emitilas
Digamos
que utilicei algo que me permitiu facelo eu
¿O que?
Campos, serio
¿Máis
ben a quen? eu
Bueno,
¿pois a quen? Campos
Sobre esa
persoa non vou falar eu
Era raro
Campos
Non sabía
de que ía o rollo, púxenlle o doce en bandexa e como a curiosidade
move mundos, pois emitiuno. En realidade estaba segura de que o faría.
Esta xente tenche moita inquedanza por descubrir cousas novas eu
¿Ves?
Campos a Santi esto é o que se chama falar de xeito políticamente
correcto, eliminando por completo a referencia ó sexo das persoas
Vexo, vexo
Santi
E esa
persoa Campos ¿é a que ten a emisora?
Non o sei,
eu ver non a vin eu
Si dille
Campos a Santi
¿E como
soubeches que podías contar con "esa persoa"? Santi
Escoitei
unha conversa que me pareceu irrelevante no seu momento; pero que me foi
moi útil chegado o punto de poñer en práctica a miña pequena
conspiración eu
Vamos, que
te aproveitaches dun deses xenios inquedos Campos
Basicamente eu
¿Coñécete? Campos
Non eu
¿Que foi
a través dun chat? Campos
Non eu
¿Non me
vas decir cómo? Campos
Será
"nos" corrixe Santi que eu aínda estou aquí
Comprendede que xa lle fixen dano dabondo, como para involucralo agora
nesto eu
Eso
paréceme estupendo Campos pero a nós quen nos garantiza que
"quen sexa" non vai seguir cas emisións, ou que non copia o
modelo e o adica a outros fins
Non houbo
máis emisións despois daquela dos sindicatos, ou polo menos eso creo.
E non ten o programa só a imaxe xa configurada, hai unhas claves para
descodificala e só as sei eu
E agora
nós Santi
Si, así
que vós tamén deberíades ser sospeitosos eu
Hai que
joderse ca tipa esta Campos a Santi a nós non nos dá por tolear á
xente
Que non o
fagades do mesmo xeito non quere eu
Non me
veñas con retóricas, que non cola Campos
Pois
viríavos moi ben unha mensaxe de "culpable entrégate" eu
Non creas
Santi quedaríamos no paro
Tamén é
certo eu
Pero tío,
non lle siga-la corrente Campos ¿ti es meiga?
Creo que
non eu pero nunca se sabe
Petan á
porta e entra un axente
Eso xa
está di
Vale
Santi xa imos
Campos
érguese e acompaña ó outro axente. Santi queda
Non lle
fagas moito caso Santi está nunha idade moi difícil di sorrindo
Xa, xa me
decatara eu
En serio
Santi é un bo tío
Si eu
cada vez que un home di doutro que é un "bo tío" resulta ser
un cabronazo
¡Muller!
Santi
¿Ves?
eu ¡nunca falla!
Polo menos
tes sentido do humor Santi outra persoa na túa situación non o
levaría tan ben
En
realidade creo que non asumo o que me está pasando eu
Pois se
queres un bo consello Santi vaino asumindo, porque esto ponse cada
vez peor
E chegará
un momento en que vaia tan mal que só poida ir mellor eu e daquela
estarei salvada
Non
Santi ti de depresión non vas morrer, podes estar segura
Estou,
estou eu
Ábrese a
porta e entra Campos cun sorrriso victorioso
Berta,
Berta di sentándose onda min, e sen parar de rir así que da
emisora non nos vas decir nada, ¿non?
Non eu
Non
repite el pois daquela igual cho teremos que decir nós a ti, ¿que
che parece?
A min
paréceme estupendo, gústame que me conten historias eu
Esta
vaiche encantar Campos, mirando cara Santi ¿dislle que pasen?,
están aí fóra agardando
Como non
Santi ánimo muller di mentres me pon a man no ombreiro, e sae
¿Sabes?
Campos dixéronme os meus compañeiros mirándome fixamente os que
rexistraron a túa habitación, que atoparan a foto dun tío bastante
parecido a min hai que joderse, vaia panda de cotillas ¿non serás
do meu club de fans? di case tocándome có seu nariz
¿Pero este
de que vai???? que se poña a facer abdominais que parece que está de
quintillizos
Non eu
arredando a cabeza é que estou facendo un cursiño de budú e
precisaba algo para practicar, xa sabes
Si el,
sabedor de que me gustaba, debía estar máis que colorada, sentía a
calor na cara xa sei
Bueno di
Santi ó entrar, seguindo a conversa ca xente que viña con el aquí
está a elementa. ¿Coñecémonos todos, non?
Deus, era o
rapaz do locutorio, ¿que coño estaría facendo alí?, ¿e eu que ía
decir, que o coñecía ou que non?, ¿quen sería o outro? o avogado,
seguramente.
Por se non
fora o caso Santi Berta aquí che presento a Carlos, Carlos esta é
Berta. Este señor de aquí é o avogado de Carlos; pero eso é
irrelevante neste momento Santi tan contento
¿Coñecíasvos? Campos mirándonos
Eu non dixen
nada. A cara do rapaz era un poema, danlle dúas ostias e non queda
peor.
Esta
encantadora criatura di Campos sinalándome, ti si que es encantador
machote é a que che enviou a mensaxiña esa que ti dis que non sabes
de onde a quitaches
¿Ela?
di o rapaz sorprendido
Si, ela
Campos ¿coñecíala?
Non
Carlos
¿Seguro?
xa estaba este cós "seguros" e claro mirándome ¿ti
a el tampouco o coñecías?
Non eu
xa volo dixen antes
Pero nos
non che cremos nin palabra Campos ¿ves que malos somos? porque nos
resulta un pouco estraño que mirando a Santi onte o meu compañeiro
vos vise ós dous ó mesmo tempo, mirade que cousas, no mesmo locutorio.
Xusto o
locutoiro onde ti dixeches que realizaras unha das emisións mirando
para o rapaz
Vale, tío
Carlos cego non estou, vina cantidade de veces; pero nin sei como se
chama, nin onde vive e na miña vida falei con ela
O mesmo
digo eu
Pero ti
sabías que el tiña unha emisora Campos dixéchelo antes
Eu del non
dixen nada eu
Ben;
¿pero ti sabías que a persoa á que lle mandache-las imaxes, que
casualmente é el, tiña unha emisora? Campos dalgún lado tiveches
que sacar esa información
¿Sabíalo? di Carlos mirándome tía é que me parece alucinante
todo entusiasmado ¿ti?
Síntoo de
veras eu non medín moi ben a magnitude das consecuencias cando o
fixen; non quería, nin moito menos, meterte en problemas
¡Que va,
tía! Carlos é alucinante, cando llo conte ós colegas, nos que te
tíñamos por medio autista. ¡Que flipe! ¿como soubeche-lo da
emisora?, ¿e o rollo ese que me mandaches? ¿de onde o sacaches? a min
que me facía gracia a cara de susto que poñías cada vez que se che
colgaba o ordenador...
O tipiño
estábame mosqueando, paraecía que o trouxeran para tirarme da lingua;
pero daba igual, o que quería ocultar a toda costa era a súa
identidade e el xa estaba alí.
O da
emisora dixen eu, mentres Campos abría ollos e orellas para non
perder detalle escoteino nunha conversa
¡Que
jodida! Carlos un día fixemos unha proba para saber se estabas tan
concentrada como parecía e tiramos unha botella ó chan, e ti nin caso,
e agora vesme con que tiña-la antena posta
Pois si,
non o tomes como algo persoal eu non o podo evitar
Non, para
nada Carlos en realidade tesme impresionado e cando llo conte ós
demáis verás
Sigo sen
ter nin puta idea de informática eu e de onde saquei o que che
enviei non vou falar Campos fixo un xesto de "vaia por Deus"
É
impresionante sigue Carlos intenteino descodificar e non puiden,
ensineillo a un colega que é unha máquina e tampouco puido
O programa
ten un sistema de seguridade eu non sei que claves e non sei que
historias, que non che sabería explicar
Si, eso
vímolo, de feito Carlos a última vez que o miramos, andivemos
fochicando e cargámonos unha parte
¿E
emitiste-lo igual? Campos
Si,
intentamos gravalo en vídeo de toda-las veces que o emitimos; pero non
atopamos nada, claro que non se nos ocorreu Carlos
Vese que
é un sistema moi seguro eu supoño que por eso que dis de que só
emitistes un anaco o efecto foi tan radical
O da
famosa negociación Santi
Si, cando
comezou a falarse do da manipulación dos medios Carlos decátamonos
de que igual tiñamos nos algo de culpa, e non volvemos toca-lo tema
Non sei
como pedirche perdón, síntome como a maior embaucadora do universo
eu
En
realidade Carlos ti só falabas dun partido, e nós abusamos un
pouco, como non sabíamos moi ben de que se trataba. Se só o fixésemos
unha vez creo que nin se decatarían
Si, eso
tamén o creo eu eu
Claro
Campos como somos todos tontos
Non
quería decir eso descúlpase Carlos
Campos
mírame agardando a que eu tamén me desculpe, non me apetecía e non o
fixen, polo da foto, ¡que se joda!.
De verdade
que me deixas dunha peza Carlos, de novo cando cheguei pola mañán
contando o rollo e me dixeron que tiñan a alguén máis retido...
¿Os teus
amigos non che dixeron que soltaran ó outro? eu
Si
Carlos pero a el non lle dixeron porque o soltaran, eso era o que
decía, e supuxen que se fora da lingua, así que vin entregarme antes
de que viñesen por min; ademáis non me sentía moi ben, precisaba
soltalo dunha vez. ¿Tamén escoitaches esa conversa?
Esta
muller éche unha caixa de sorpresas Santi ¿non si Campos?
Si, tamén
a escoitei facendo caso omiso dos comentarios por eso vin, antes de
que viñeras ti. ¿E agora que che van facer?
Non lle
imos facer nada Campos o que vos pasa é culpa vosa, nós non vos
facemos nada
Nada
Carlos, pasando deles tamén requísanme a emisora, unha multa e
traballos sociais
E que non
se queixe Campos que o canal quería a súa cabeza
Xa ten a
miña, para que quere máis eu
Muller,
tampouco a tes tan grande Campos vacilando
Gracias
eu
De nada
Campos
¿E a ti?
Carlos
O dela é
un pouco máis complicado Santi como cho diría, moito máis jodido
Se non
fixésemos tantas emisións... Carlos
Non lle
deas máis voltas, se a min non se me fose o tarro ás veces... eu
Foi
xenial, tía Carlos tivo moita gracia, en serio. A nos dounos moito
que facer... ¿e o teu avogado?
Non teño
eu
Se queres
déixoche o meu Carlos conmigo xa rematou...
Paso do
tema, xa mo dixeron estes mirando ós polis pero de momento non me
apetece que me toleen
O avogado de
Carlos miroume mal, a min que máis me tiña
Sinto ter
que separarvos Santi agora que vos coñecedes, vos admirades e vos
levades tan ben. Este é un mundo cruel, vamos dille ó rapaz, que se
ergue, tamén o seu avogado e saen os tres xuntos de novo
Véxote
máis tranquila Campos polo menos agora só te tes que preocupar por
ti mesma eu asinto elexiches ben ós cómplices, chega a ser outro e
nin se presenta sigo asentindo ¿así que viñeches porque lle
escoitaras decir que ía vir el?
Si eu
¿Daquela,
pensaches que íamos dar contigo, eh? Campos
Non,
pensei que non íades dar conmigo e que apandaría el con todo eu
Vaia,
sempre confiando na miña capacidade Campos
Non me
refería a ti en concreto; pero xa que o dis eu
Eso do
final sobraba Campos
Pode eu
Eso tamén
Campos, fai unha pausa supoño que unha vez resolta a túa maior
precupación, prestarás máis colaboración
¿Seica
vos presionan os xefes? eu
Mira, a
min os xefes súanma; pero xa me tarda rematar esto Campos
¿Non che
resulta un caso interesante? eu
Que queres
que che diga, encanto xa saiu o chulo hai cousas máis entretidas
Vaia eu
agora xa sei porque non ligo
Referíame
ó caso Campos, docemente mentres me derrito
Xa eu
O de
traballar con casos vellos é un coñazo, sempre atopas un montón de
cousas que non levan a ningures el sincerándose e o que de verdade
che podía salva-lo cú non está
Por esto
están pendentes eu
Gracias
por mo aclarar un pouco picado
Igual
tedes esa información diante dos fuciños e non a vedes eu
Podías
cortarte un pouco Campos eu tamén teño sentimentos
Tamén te
picas por todo eu
Si, claro
Campos
Referíame
a que poden parecer datos irrelevantes e que non o sexan eu
Aínda
estades vivos Santi, entrando pola porta menos mal, xa me estaba
arrependido de deixarvos sós
Escoita
Campos que nos vai decir como resolve-lo caso
Eu non
dixen eso eu
Mágoa
Santi o xefe anda que bota fume
Pois que
deixe de fumar Campos sigue
Decía que
ó mellor hai información aparentemente irrelevante e que ben
estructurada eu
¿O
programa sacáchelo da oficina? Campos ó gran
Si
quedaron sorprendidos da miña sinceridade
Un delito
máis Santi cando esto remate aínda che hai ter medo o padriño
¿Que foi?
¿unha especie de vinganza por te botaren? Campos
Home, non
exactamente eu
Pero vas
por bo camiño rapaz Santi
Non,
realmente non o fixen para vengarme nin nada, eu nin sequera sabía que
contiña ata días despois mentireira
Veña
Santi sóltao que me estou interesando no tema
Un día
cheguei á oficina e chámanme ó despacho eu o xefe di que me
largan e que antes tiña que facer un balance da situación da empresa e
outros informes máis
E buscando
información atopaches Santi
Non, que
va; a información xa a tiña, ¿que clase de profesional cres que son?
Campos ri o caso é que unha compañeira me encargou que atopase
unha carpeta dun anuncio que se fixera había anos. Eses arquivos eran
un cristo, estaban todos revoltos, e decidírame a ordenalos de paso que
buscaba o que me pediran; claro que eso foi un pouco antes de que me
despedisen
Claro
Santi
Se non xa
llo mandabas buscar á outra Campos, e con retranca ¿levabas ti os
arquivos tamén?
¿Sigo?
eu
Sigue
Campos cedendo o paso
Conteilles
todo o de Fran, o de Sofía e Simón e de como atopara o disquete verde
¿E porque
non lle preguntaches á tipa esa de que ía o rollo? Santi
Home,
supoñíase que non sabía nada eu
¿E ela
cómo se enterou? Campos porque a que tiña a información máis a
man eras ti
Xa; pero
é que eu non me tiro a Domínguez e ela si eu
Vaia, vaia
Santi esto ponse máis interesante por momentos
Sorpréndenos Campos ¿como sabes eso?
Obviamente... eu
Si, ti e a
túa parabólica Campos ou tes un oído de primeira ou a facultade
de estar sempre no sitio máis axeitado. ¿E dis que non coñecías ós
do bar?
Non,
pasados dos trinta e cinco eu non presto moita atención
Xa; pero
por debaixo non lle pos límite Campos ¿non si?
¿Desculpa?? eu xa mosqueda, este sempre chamándome asaltacunas
¿pero de que vai?
E a Sofía
esa Santi, intentando suaviza-la situación ¿que tal está?
Seguro que
vos gusta eu é un zorrón, o tipo ideal de calquera home
De
calquera, non Santi hainos sinalando a Campos que as prefiren
máis...
Creo que
nos estamos desvíando do asunto Campos interrrompéndoo fálanos de
Domínguez
Conteilles o
pouco que sabía del, algunha das súas meteduras de gamba máis soadas
e algún outro detalle. En realidade sabía pouco del, como persoa, á
marxe da súa vida oficial no traballo, non sabía nada de nada.
Preguntáronme despois por cada un dos meus compañeiros e por don
Tomás
Bueno
Santi esto non nos axuda moito
Algo si Campos dos que poden saber algo temos a Domínguez e a
Tomás mirándome ¿cres que xa marcharía?
Supoño
eu xa hai polo menos un mes deso, ou máis, a verdade é que deixei de
levar conta dos días
¿Volveches ver ós teus compañeiros? Campos
A un
deles, si eu
¿E que
che contou do traballo? Campos
Home eu
deso non falamos moito, que eu lembre nin tocamo-lo tema
¿E
daquela de que falachedes? Campos curioso
Igual eran
cousas privadas Santi censurándoo hai xente que ten vida privada
¿sabes?
Contoume
dunha moza ca que sae eu
Tranquila
Santi non tes porque darnos máis explicacións
¿Como que
non? Campos igual hai algun detalle mirándome ¿como decías ti?
"aparentemente irrelevante"
Santi riu
Non
Santi non creo que ese sexa o camiño. Desde logo, se alguén colleu
os disquetes da contabilidade e houbo eses cambios é que algo raro
pasou
Ti
levaba-las contas Campos ¿non notaches nada?
Non eu
polo menos que se fixese oficialmente non
¿Hai
algún xeito de desviar cartos da empresa, sen que ti o notases? Santi
Quen di
cartos, di movementos do que sexa Campos
Non, dos
cartos da empresa, non eu
Daquela
non terá nada que ver con eso Santi
Pero eu
¿Pero?
Campos a Santi atende que imos te-la versión surrealista do mundo
empresarial
Pero eu
se os clientes pagaban partes non oficiais a persoal da empresa eu non
o sabería
¿Faríades facturas, digo eu? Campos
Claro;
pero se Domínguez facía algún apaño... eu eso de "apaño a
caixa, ptas" Facenda non o ve con moi bos ollos Campos volve
poñer cara de ofendido
¿E que
sentido tería? Santi ¿para que lle ían pagar máis do
presupostado ou do facturado?, axencias de publicidade hai moitas, non
fai falta andar untando a ninguén para facer un anuncio
Si eu
pensando en que era un pouco tonta
¿Sería
esa a única posibilidade de movementos irregulares? Campos
Practicamente si, porque a outra sería que os creativos puxesen máis
custo do que realmente levaba o anuncio; pero eso controlábao eu e ían
axustados ó máximo
Vamos que
de roubar nada Campos
Non, o meu
xefe eu sempre lles andaba enriba cós custos
Daquela
Campos ¿por que cres ti que lle pagarían en negro parte dos
servicios?
Por decir
algo eu
¿E
ademáis? Campos doce, moi doce
E
ademáis, porque igual prestaba servicios que non se podían facturar
eu
¿Eso
pensas? Campos, a min tanto interese derretíame
Ata o de
agora si eu sempre me tivo pinta de andar có cazo. O que pasa é
que, pensándoo ben, se fose así non terían porque desfacerse de don
Tomás, o pobre non se enteraba de nada
Eso
Campos tamén o pensa moita xente de ti
Tamén é
certo eu rindo
De ti, si
que se tería que desfacer Sant i tarde ou cedo descubriríalo
¿Ti
cres? Campos imitándome
¿Cantos
anos levabas alí? Santi
Case dous
eu
¿E nunca
notaches nada raro? Campos chamándome pardilla
Non toda
natural quitando que non poidese mira-la contabilidade antiga, e
tampouco era raro, ó cambiar de programa
¿E logo
Campos que fixeron có outro?
Eu que sei
eu renovarían os equipos informáticos. Xa vos dixen que o disquete
verde era unha copia de seguridade, sería deses días
Xa
Campos ¿e daquela porque non desapareceu tamén ese disquete?,
ademáis dixeches que había outros
Si; pero
eran de campañas eu igual non sabían que eran, porque non tiñan
nome, igual pensaron que eran cousas miñas
Así que o
principal sospeitoso é o Domínguez ese Santi
A min
sígueme parecendo un inútil eu
Igual
está disimulando, muller Campos con retranca
É que me
resulta bastante difícil pensar que el poido argallar algo así; pero
se se enrollou ca tía máis laretas da oficina eu a quen se lle
ocorre
En certos
temas Santi a razón non manda
Tampouco
é tan guapa eu tiña compañeiras bastante máis guapas, eso si,
non terían tanto estómago
Ti á
mínima que alguén se descoide sácaslle a pel Campos
E non son
a única mirándoo fixamente
De momento
di Santi erguéndose nós imos comer, e a ver que se nos ocorre, xa
che mandamos ó camareiro para que che traia algo a ti tamén
Digo eu
eu ¿non me podería traer alguén roupa e as miñas cousas de aseo?
¿Para
que? Campos estrañado, este tío é un porco
Pero
muller Santi se estás moi guapa, non te preocupes; eso si, un pouco
branca tes que ir á praia
¿Eso que
é? ¿un chiste? eu cabreada
Xa
falaremos Campos ata logo
Chao
Santi chiscándome un ollo
Non é que
sexa unha maniática da hixiene, ben podo pasar un día sen ducharme;
pero é que me sentía mal, el estaba tan preto e eu apestando.
Subíronseme as cores de novo ó pensar na foto de Chris, vaia corte que
che rexistren a habitación sen avisar, menos mal que lle devolvera a
David os playgirl. Xa o estou oíndo, ademáis de que me gustan menores,
que non sei de onde o sacaría, habíame chamar salida.
Pouco
despois entrou o camareiro e recitoume o menú. Pedín a comida e ó
pouco xa a tiña diante. Agora era outro, este parecía máis agradable.
Comín soa naquel cuarto, pensando que o resto da miña vida, ou polo
menos uns cuantos anos, que non habían ser poucos, sería así.
Mirándoo polo lado bo, había espabilar; polo menos sairía con paro, e
co paro que tiña sen desfrutar, tería tempo para buscar algo, ou
marchar fóra chegado o caso. Comecei a pensar en como cambiaría o
mundo sen min, nas cousas que aprendería na cadea, todas seguramente
moi útiles, facíame especial ilusión o das pontes dos coches, porque
nun caso de emerxencia... mira que se me collían manía as que
controlaban o cotarro. Comecei a agobiarme; pero de súpeto lembrei que
no instituto non pasara, que me levaba moi ben cós macarrillas todos,
claro que era porque non me importaba explicarlle-los exercicios, daba
igual xa atoparía algo có que negociar. Si animeime, como decía o
outro, xa tiña xantar, por min que chova. Tardaron bastante en volver,
mentres estaba alí soa, estiven a punto de sair dar un garbeo; pero
corteime non fosen correr detrás de min, tirarme ó chan e esposarme,
aínda que debo confesar que a idea non me resultaba de todo
desagradable, Cris, Cris, non me deixaba concentrarme; sempre fora unha
persoa imaxinativa, non me deixaba acurralar facilmente; pero cando un
tío me gustaba... Fastidiábame porque me parecía o típico que anda
detrás de todas, e non me enganaba. De calquera xeito, aquela
situación non podía derivar en nada persoal, claramente el non se ía
enrollar conmigo, tamén era mala sorte que o fose coñecer naquelas
circunstancias. Ó mellor cando saíse do caldeiro estaríame
agardando... ¿seguro?. Non. Nin sequera lle gustaba, ¿por que non?,
tampouco estaba tan mal. ¡Odiábame!, ás veces notábaselle tanto que
me daban ganas de decirlle que se cortase un pouco, algo de
obxectividade era o menos que se podía pedir.
|