A noite trae consigo o silencio

Rosanegra

n2rosanegraanoitetraeconsigoosilencio.html

A noite trae consigo o silencio
que sabe a cosmos
e ule a po de estrelas
é infindo e case mudo
pero o seu murmurio resoa
con miles de anos de pasado
a luz que atravesa o manto sagrado
debuxa un coador de pintiñas escintilantes
que dan nome ao misterio do homo...
A noite trae consigo a soidade do ser
que translocen uns ollos somnolentos
cara a unha ansiedade crecente
coma un saco negro
que agocha tras as ventás
a triloxía dun mono
que quixo coñecer a esencia
escrita, nun universo
ateigado de interrogantes



logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega