BVG Voltar atrás |
Respirei os zumes todos deses tempos dourados e escollín a memoria por ilícito presente
(P´ra Dea)
"Boneca"
Asindo ansioso
as túas mans de trapo
arroubado ollando
os teus ollos de pano.
Bonequiña miña,
linda monequiña.
Percibindo a aperta
d´area
dos teus brazos
moneca de trapo.
merece a pena
Ficar a carón
estar ó teu lado
boneca fermosa.
alédasme a vida pequeno farrapo.
"Noitébrego"
Séntase
a tebra
de face
espida,
nin
estrelas
nen
lúa;
Ás escuras..
..noite núa.
"Carrilleira"
O paso da carreta o vento asopra o carreiro.
Vomitan miseria, ebrios no vao
os nubeiros.
O paso da carreta, afogando
cos ollos desbordados, a gris néboa
aperta e aperta.
Seco, sobor do raso
sopra o vento vello e gastado.
Mentres ó lonxe,
as ladaiñas do carro fenden
de pedra o silencioso ouveo
que afuma a invernal paisaxe
do outeiro.
"Meco"
Nos idos da Candeloria
Nas prazas, Xorde, nas rúas
A cidadela avolta
Cun xordén d´olladas, d´orellas fechas
Carnal Chega
Cínguense beizos, líganse os sexos
Laretar de corpos, Verbena
Ronsel de carautas; Ratos, pendangas, xoaniñas e gatos
Das almas pexa.
"Serea"
Fica, non marches, queda.
S´a noite se foi,
s´o día sachega,
fica non lisques.. aqueda.
S´os Nubeiros s´arredan,
s´o límpido anil s´espreda
Se che digo non t´afastes,
fita, non fuxas.. Queda.
"Mani)(festón"
Se vos fose(des) quen
eiquí virían a ren.
Se vos quixer(ades)
nin dous, nin catro,
nin cen.
Se vos loitase(des)
Daqueles, non quedan, daquelas
nin elas nin eles.
Se vos fixer(ades)
Entón,
seria(des).
"viver"
Sostermos nas mans, p`ra termos.
Reñer sen nada que poñer.
Nos debuxar, a voces de xograr.
Servir o nós, e nos rir.
Iso e Bicos, e viver, e viver.
" Bibrioteca Xograr"
Viikimgoss:
Chegan do mar a monte
levando os Pobos ó abismo. Bendito turismo.
Beben, rachan, co 100% de emoción
pois, dantigo elles tradición.
Obrigado sempre lles é
os santos ir visitar; Non sexa que..
S´anoxen por non se emborrachar.
Despois do turístico percorrido
de todos é ben sabido
Questa avezada cultura,
a súas casas ha tornar..
(despois de golsar con soltura)
..Máis de vagar, mais de vagar.
"Soñomar"
Nas pálpebras da vida,
con feiticeiro brío
sen moufa sosteste ó raia-lo día,
espírito.
Ca ledicia de ficar
P´ra ti a fitar tódolos días;
Vaga, do teu ameigar eu..
Espertar non quería.
"Cru"
Tres mareiros con sorna,
có levar dos anos falan
Daquel escuro barco,
nesa noite tebra esa noite
cru... Cru
enforcando as rochas
engulindo rías e
goldrando as fochas.
Esa noite,
esa pecha de bafo negrón
torna saír, esa noite
cru..E
os irmandiños veña rila-lo rir,
andar caladiños e voltar saír.
Tres mareiros afalan
có levar dos anos dó cru porvir.
"Alborada"
O abri-lo día, desordeadas
un tropel de luces irisadas
asaltan as casas.
En confusión, esvarando
pendúranse das cornixas, das fachadas
cal salvaxe manda.
Saltan polas ventás
escalan cortinas, paredes
entran polos cantos, polas pechaduras.
Buscan, procúrano todo
Alporizan, berregan, d´alegria alumean
pois do novo día son sinfonía.
"Cunqueiro"
Cando chege o inverno, a min
achegame ó Cunqueiro, cun pouco viño
do achacado a merlín.
Na noite fría, cando ó Cunqueiro machego
agardo a calesa que me ha levar
alá, xunto Simbad.
Nas mañás xeadas, alén no mar
ó Cunqueiro ás terras de Miranda achega,
Damo, quero grolar.
"Bi-"
Se onte , onte tornase en hoxe, entón
si entón fixen tal,
Tal non faría.
Se á tebra, a noite trocase en día, daquela
só daquela, ó bicarte mal,
Mal non sería.
Se a tristura, á amargura virase en alegría, logo
logo só, fixen,
Ó que debía.
"Coroas Brancas"
Brancas ialmas cai nos lares,
espíritos dos meus antergos
seres todos do pasado;
Mais aló dos vellos mares
coroas brancas, xa cansas
agóchanse nos petos do seu acordo
asexando nas lembranzas.
Por iso , a cara núa da nosa lúa
prégo un votivo:
"Cás grazas, cos desexos;
tornen as tornas, tornen os lares
volvan bispos, volvan frades
tornen ergueitos sempre con xeito
que os nosos montes, os nosos mares
volten, volten tornaren."
"Devezo..."
Devezo;
O viño de bo granate.
Devezo;
A torna do emigrante.
Devezo;
Os churros con chucolate.
Devezo;
As fadas, meigas de escaparate.
Devezo;
A nosa terra, a terra d´antes
Devezoa Agora; Devezoa n´antes.
Devezo e soño e, nembargantes;
Eu...Devezo.
"Auga"
.
Chove miudiño
Enxugando,
de pola en pola,
de vagar, mollando.
Facendo vertente, o po das corredoiras
as ringleiras beben.
Chove a rente
os choros do vento
brincando veñen.
Miudiño chove; Chove a rente.
"Afago"
Ca cor dos teus ollos fico asexando e,apoucado; Gardo.
Na sal dos teus beizos ficoaloumiñando e, quedo; Agardo.
Co bafo nu do teu corpo ficoaterecendo e,
soño acaroado.
No teu sorriso, trécola; Nese sorrisoaveso
Eu, eu devezo.
"Ei Carballeira"
Ca bocanoite, na carballeira
Xúntase, xúntase a xente..Ás escuras acorren,
nas buscas téntanse , cas mans, cos beizos
a rentes.
Ó luscofusco, na carballeira
achégase a xente..ós bicos acontecen
húmidos, quentes;
Nos tramos tremen ceibes .
Pola dormente, na carballeira
de cotío, o xentío..
Aqueda as roupas que o vento,
ó espreita-la xente, na xoldra arreda.
"En troques"
¡Non!
Seica dixen, proferín berros.
Seica falei de medos.
Seica prometín, volver soster
outrosí...Outrora.
Seica non; Seica sí.
"Maís.."
Mais bebendo (Que bebías)
a sabendas, Ti non ías.
Mais facendo (O que facías)
a facenda non rexias.
Mais sabendo (Que o sabías)
estragáchesnos as vidas.
"Espera"
Agardei, non chegabas. Esperei, mais ?tardabas. No alto a lúa,
na mar a calma. Agardei?Demorabas. Ás portas, seco, izábase o
vento mentres ..ficaba.Selene íase a noite cesaba, namentres de vagar ?
fartaba.
chegabas mais, daquela xa marchara.
"Bafo"
sobor da escada, apoucados
dous anciáns co futuro paso,
d´esguello; Miran na ringleira dos anos:
-Vello,¿Qué... ves algo?
-Vexo...
-¿O que?
-...Outro chanzo.
"Raparigo"
Curioso, intrigado, o rapaz vólvese ousado:
-Vento..mais ¿Andar nas nubes, que é?
-Pasar co sol as noites; Ca lúa, os días.
Temeroso,ousado ,o rapaz volve tentalo:
-Ar.. e as nubres¿qué é o que son?
- Uns grandes bicos: Deses d´avoa, deses d´algodón.
Pasmado contento, o rapaz abraiado di ós catro ventos:
-Mais..Alén do ceo ¿Que é o que há?
- Rapaz esa resposta e fácil, se sabes a)( mar
"U-los Haikus ???"
Se nos dixera:
Nen ti
nen min
nin el.
Se non fixera:
Por vos
por nos
per se.
Se non falase:
Da dor (de)
Da mor(te)
abofé...
A parca sen nome.
"Verbas"
Espertei, tusías..tremeras,
percibín chisques, enchas.. beberas.
Xacias delinquindo, aloucada
confusa, frustrada.
Voltaches caer, condeada.
soñando quereres, perdoes, biques
premendo...beberas
"Kipling"
Se o tempo xa consumiu todo o teu libre albedrío.
Se os anos xa resgaron a xuventú do teu lado.
Se de ti so queda xa este saco de folerpa.
Se co pasar; Os anos xa poñen a cambadela.
Se a vida o tempo que pasa, berrando che di: ¡Afasta!
Enton espera; Si.. so espera.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |