Sen título

Sole

n4solesentitulo.html

Estou a lle perde-lo ritmo ós sentimentos,
as verbas en toda dirección atacan
e os soños xa non son só tebras,
son filamentos de cristal
que sosteñen o meu lombo
e así xa nunca choras nin te suxeito
porque creo nun lar no que te termas
e podo voar libre
ou vagar por rúas que nin teñen ollos
nin mans negras;
só misterios e incógnitas...
e así inspírome.
Estou a lle perde-lo ritmo ás horas
e despístome
e digústome
como unha cativa sen globo
nas festas de santos e honras...
e un mundo aéreo a escapárseme


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega