Tanteos

Sole

n4soletanteos.html

Tanteos.
Tento que a escuridade e a violencia escapen das follas
pero rodéanos a escuridade e a violencia.
Tento non ser triste
mais ¡hai tanta tristeza!.
Os soños,
tódalas noites sin durmir pensando que quizais
alguén chegaría morno e inseguro
para darnos un anaco de procesión,
o camiño para un ceo de palabras e nubes de man.
As mentiras
e ese xeito encantador
que pai tiña de destrozarnos as ilusións,
creando outras ilusións
e evitándonos sempre a cruel realidade,
a única e singular verdade.
Tento evitar tódalas decepcións e a tristeza,
tento abrirme ó mundo
porque ahí fóra hai ledicia
e dín que paga a pena.
Tento fuxir de aquí
pero esto é o que teño,
o único que me mantén case esperta.
Exterior real carne non existe,
así o meu corpo non peca.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega