BVG Voltar atrás |
n2spleenasuperaciondasaudade.html
Unha, dúas
tres espirais derredor do cabelo
fuscallos de alquitrán nas olleiras
que baixan
converxen
co éxtase rebumbio de estío
do sexo
e mesturan amabelmente
desexo e forza
loucura fogaxe e xenio
margaridas e morte
porque no espello
destas féridas augas de outono
a lúa é máis nova
e medran espantos de ceos alleos
de tan pouco risco
véxote a ti
fermosísimo mozo sedente
e mirar de escuma
apolo con azas e ceibe
derrubando
o cadro que coroa de espiñas
o cuarto esquecido da avoa.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |