Erótica. Retando a Yahvé.

Spleen

n2spleeneoritcaretandoayahve.html

Mórdea

devorada de ti

inexorábel

xirando ao agopallar cirunciso
da perla vermella

Ela

que se ergue sobor do cume
das iras de Nietzsche

(na follaxe mesta do pecado)

adorémola

porque nela
despuntan sobre a terra dous abismos
coa luz
abrasiva
do inferno séptimo

onde morren as impúberes crebadas no silenzo.

Mórdea para ser
sacrílega madona ou estampa
de esquelete e celestina

Doenza per saecula
Pro ti,

fulminante megalómana,

excesiva.

Non me tires das verbas
promesas de acción

es a muller de Atlas
e soporta-la bóveda
do mundo sobre o peito

fai de ti o ti,
sé,
escoita o salaio
que ferve por dentro

e morde.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega