|
|
n2spleeneroticaminguarnadoseexacta.html
minguar na dose exacta de saliva
o corazón nas coxas
e o celme na falacia do nume
máis aló
atopei distintas formas de ancorar esporas
rastrexos de dentes máis brancos que o equinocio dos ríos
mutilándose
a substancia bébeda das cellas
as consumicións gratuítas dun prostíbulo pecho
a ti
bosquexar é inútil
amar é ser escravo
é ser
(escravo)
|
|
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |