BVG Voltar atrás |
n2spleensaudadestristuradomar.html
A Manuel Antonio
Eu. Fronte ao mar. Son o salaio
da paisaxe enferma,
a liña sen fin que desbota moles azúis
e que xeme,
fondeando saudades.
A ardora é o sangue que pide venganza.
Detrás, só hai auga.
Fume de torres. Torres sen alza.
Medradas no soño do mar.
E ficou a noitiña parada,
expirando,
e o agónico bafo mollou
do eido o verdor da esperanza.
Tristura.
Queixume salgada.
O mar e máis eu
quedamos sen nada.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |