Aplastados no autobús
xirandosenparar
no bar ao que lle cambiamos o nome
algodón de azúcar
se o bus para nunca rúa
pola que
nunca pasara
antes
era máis fácil
ou peor e ti facíalo fácil
non sei
unha man e de pronto o mundo vólvese infinito
as cores eternas
"son cinco minutos?"
nerviosmedoeinstantaneidade
Sabes Que Si
Pode que marche, pode que quedes aí coatúacapa
o teu antifaz
nunca poderás esconderte
O Paracaidismo é a profesión
ou tocar o jazz cerca
dun antro ao que ti me levaches no Sena
Fai que copias e le un libro que ninguén entende
entende pouco do que ves
o licor café coma rutina
coma única rutina
Iso é moi triste
ou non
ou igual é o mesmo que levantarse, ducharse, facer sempre o mesmo café
malo para espertar sen ganas e
ir
que as cousas dependen de falar en según
que bares, do que fagas
Non hai que irse o estranxeiro
para aprender a ler o futuro
a luz nos ollos
Crucei pasos de peatóns
por riba de coches
coas túas iniciais na matrícula
Un non me deixou pasar
e chameitequeerainxusto
ninguén colleu
o teléfono
creo que nin sequera
funcionaba
|