Preguntoiro de bágoas e medo
Chuva e arco da vella no chan
Camiñas sen rumbo e pasa xente
demasiada
e gostas de perseguirlles as sombras
durante un anaco
e subes e baixas as escaleiras de
Platerías
E choras só a ratos
tragando bágoas con forza
que quedan atragantadas e
rabia e loita xa medio inexistentes
que perdiches en xente que acepta
as normas
en papeleo,
en imbécilesescuros
En aplastar a túa imaxe
mentres patino pola
pedra
Pensar que non existes
que nunca existiches
quenuncatequixenquero
e acabar contigo, de todo
para sempre
Quemecansasqueteodioquesonidiotaprosmaemoitascousasmáis
Que igual non me mereces
¿?
, que buscarei soños detrás de farolas apagadas percorrendo o fume que
botas ao aire mirando unha estrela, suspirando e aspirando a Lúa e
ollando cada fiestra pensando na historia que hai detrás
Tendo medo e sen ter a quen contarllo
Tendo fame e sentirte sen forzas
Para comprender,
Amor,
que preciso buscarte
en calquera noite
Que preciso que me chames a cobro
revertido
Saír de aquí e meterme nunha
sala cunha obra de teatro
que non me guste
e que ninguén me busque
que as mans deixen de ter olor a tabaco e lexía(lixivia)
Cores
Marcho
|