Sen título

Verónica Cernadas

n2brivesfranciscoboume.html

Na miña clase
había un rapaz que me gustaba.
O rapaz tiña moza.
A moza tiña un pendente no nariz.
O rapaz tocaba nun grupo de rock
e tomaba drogas.
O grupo de rock era ?o mellor grupo da corunha.?
Cando o curso remataba
escribinlle unha carta de amor.
A carta debía ser introducida
nos seus libros
o derradeiro día de clase.
O rapaz non levou libros
e sentou á miña beira.
Falamos de poemas e arquitrabes.
O rapaz quedou sen carta de amor.
Eu quedei sumida todo o verán
na máis poética das desesperacións.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega