Estou tola
Pero só o penso
A veces
só a veces
procuro unha resposta
e só a veces ódiote aínda que só merezas que te quera
ou que te odie
a veces
que non topo acougo que paso
díassendurmirborrachacansaefarta
quefumoeescribopoemasidiotaspensocousasidiotasquenonservenparanadaetotalqueserveparaalgo?
Entón séntome no tellado e observo da cidade dende alto
Espero a que aparezas todo o día para logo marchar correndo
Efagosumasimposiblesrestasepensocousasquexamaisvansuceder
Aguanto as ganas de chorar ou chega un punto en que xanonteñobágoas
Acabáronse as bágoas, proba na tenda do lado
E ENTÓN PERDO A ILUSIÓN E VOLTO RECUPERALA CUNHA PELÍCULA MEDIO A
ESCURAS NUNHA SALA VELLA
E DIS
Que nin sequera me importas (POUCO) que pouco sabes
Ou pode que o saibas todo
De todas formas só che gritaba que desapareceras porque te quero
(demasiado)
E porque non podo soportar verte, ou que existas, ou coma o queiras
considerar
Non podo ver que non che importo, que me importas, que sabes todo, que
non sabes nada
A veces
¿Por que todo é tan falso? Hai tempo que deixaches de facerte esa
pregunta
Hai tempo que a contestaron por ti
Ensináronche a non esperar nada da xente
Esperabas esperar moito de todas, de todos, do tempo no que decidiches
morrer, no que coidabas que ninguén te extrañaría, que poderías ir
lonxe, lonxe. Que non habería quen chorara por ti
E menos mal
Que as palabras saen soas, que ninguén as para, aínda que as intenten
parar, que a loucura forma parte túa xa aínda que sempre dende sempre
intentaras LOITAR
Contra ela
Non hai nada que facer
Dis e sorrís e fumas un cigarro e eres perfecto por cinco minutos
E a Lúa da Quintana ilumínanos, a nós, só a nós por cinco minutos
Pero xa pasou e as chemineas nunca botaron fume aínda que ti pensabas
que si e que era malo para a atmosfera
Ou unha capa desas
Ata fuches a unha manifestación de PROTESTA
|