BVG Voltar atrás |
n2victorialojoemocions.html
Que mágoa
que o meu pranto
non sexa aliviadoiro
de ollos de noitiña
carpindo bagoas de orballo.
Que Ledicia
que o eco dos meus berros
ergueran gorxas
famentas de migallas
Que tenrura
encher peitos baldeiros
que pingan fillos amoreados
Que pracer
poñer teito
a mans espidas
a osos encoirados
Que tristura
bandullos aireados
peitos sen mamas
teitos a rentes do chan
pupilas desenganadas
Canta dor
seguir o curso
de vidas disecadas.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |