Quitado o fin

Victoria Lojo Vicente

n2victorialojoquitadoofin.html

Tempo baldeiro ata o reencontro
anunciado pola memoria do non vivido
Tempo de renuncia finiquitado
quitado o fin
revólcome no empezo.

Amosácheste sen previo aviso
amiga invisible e palpable
caídos os deuses amordázantes
soas ti e máis eu
disfrutaremos do camiño en soidade.

A senda vaise abrindo
os monstros fican parados
espida das súas maldades
recoñézome en min mutante
dándolle creto alleo os amantes.

Amantes que non deixaches
ficaron só fillos amados
canto por eles non se fixo.
Agora en todo tempo liberada
trazo a linde do soñado.

Linde loitada ata o abandono
abandono que sen fin abandonaches
seguro das túas seguridades
imaxinabas o reflexo da túa imaxe
o ver medrar o que sempre amedrentaches.

Ciúmes farturentos de
pais, irmáns e momentos
furtaron anémonas e desdémonas a
mans de aloucados Otelos.
Ensombradas invernías de
sorrisos famentos
agromaron
luminarias fendas
latexar de
palpitacións sanguentas.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega