|
|
n2victorialojovicenterespostaafiada.html
¿Como che quedou o corpo?
despois de atrevéreste a replicarme.
¿Como che quedou o corpo?
despois de virarme a cara para non ollarme.
¿Como che quedou o corpo?
despois de forzarche.
¿Como che quedou o corpo?
amor meu, despois de agarimarche.
Xa non teño corpo
para ti, son toda navalla.
|
|
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |