BVG Voltar atrás |
n2violetaoterovioletaotero.html
Teño as unllas cheas de sabas
de tanto coma non me estiveches.
Teño os membros derrotados
de tanto coma me tardaches.
Teño as pálpebras cosidas
con fío da túa sombra.
Teño a vida durmida
de esperar esperta.
Téñome, moribunda,
terminal de terte tido tanto.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |