Fontán, mareiro orballo
de menceres do tempo.
Enriba,
enriba,
sempre enriba
da cibdade noutúrnía, escura, presa
en todo intre da cobiza dos foráneos.
A cibdade que se atopa do outro lado
do home. Lonxe.
E, nembargantes, Fontán,
tí sempre humilde,
modesto a pesares
da túa grandeza de conxunto;
povo unido, de mar,
povo mareiro,
de pazos dunha fenestra, mariñeiros,
a ouservala mariña,
ventre de seu, ventre
dos fillos da Galiza.
Agora fuxe,
fuxe, que podes; xa non queda tempo
pra deterse a esculcar coma noutrora
as ondas a voar
por riba da Pena da Herba.
Hai que fuxir, marchar
cara tí mesmo, Fontán,
i eisí poder seguir
a orballar menceres sobre un povo
que necesita dun pasado que esquenceu
enriba dunha rocha das ferventes
da praía, Morazón, ó irse bañar
nas augas daquel vran que foi cobiza,
sometimento, dominazón, aldraxe dunha Terra.
Antes de que un mar
chegado dende lonxe
leve canda súa corrente
o saco da memóría alí esquencido,
recollamos, Fontán, ise tesouro,
futuro, só futuro,
de tódolos fontáns enxendradores
dun povo hoxe aprastado
pola infinda cobiza dun Imperio.
Fontán, esperta, amigo
e sopra co teu vento o camiñar
da nao da nosa Históría.
Sei que a túa única direizón
é a da Liverdade.
da Galiza,
unídevos pra loitar contra o inimigo común!!!
Loitade contra Hespaña
ate acabar co Imperio!!!
Viva Galiza Ceive!!!
|