Tí non eres, coma outros,
unha verba
soterrada nos arquivos poeirentos do esquezo.
Eres a dona das palavras ceives,
acollidas ó oco da túa gorxa,
terra fértil na que algún día
froleceron
en versos de luz inzados de...
inzados de todo aquilo
que sirva pra rachar co tempo imposto.
"se
ficar a ledicía
que sería ter sido
palabra."
unha vez tí
dixeches;
e xa non poderás coñecer esa ledicía;
ou se cadra sí?
Se cadra neste intre
eres palavra,
grabada nunha lousa de granito, con maiúsculas,
formando a longa frase
que todos os que tentamos
ser aquilo que debemos,
e solventar así a débeda ca Terra,
queremos gardar sempre na memóría.
I esa frase lese, simplemente,
Galiza.
Cicáis xa non existan máis palavras
que as que agroman do pasado,
mais tí fixeches que as túas verbas sexan ledas
no momento en que os teus soños medren
nos ocos ceives, cobertos polo pó,
diste mundo de cemento.
|