Galiza, Galicia, Gallaecia

Xadeiro

n2xadeirogalizagaliciagallaecia.html

Gallaecia


Tempo de penuria
cos reises de castela
!oi! Vaia Centuria

Vida escarmentada
polos estranxeiros
que a sacrificar viņeron,
quitandolles a nosa lingua,
pero non o conseguiron
e fuxiron, e fuxiron....

Combatiron falsos estandartes
que unico que procuraban
e roubarlles a sua identidade

As fouces ergueronse
xunto cos soņos perdidos
para lembrar a loita esquecida,
que xunguiu o aceiro coa victoria.

E o pobo esperanzado
xuntouse na batalla
onde as voces clamaban "liberdade"!!!

De pe o berro ceive
impuxose o silenzo opresor!!!



Galicia

Dictadura. opresion
e coma non dispersion.

Culturas asoballadas,
por mor do centralismo
que non queria decatarse
de que estas linguas e pobos,
eran superiores a calquera estado.

Bocas fechadas
Ollos atentos.

Rexurden as pantasmas
volven os longos silenzos
e os bos tempos
fuxen coa identidade.

Pero un longo amencer do 1975
o cacique morreu
e o pobo de norte a sur
esperaba o momento de actuar.

Enton algo descoņecido chegou
invento dos gregos
que a todos convencia
e impartia ledicia

Novos tempos eran chegados
dos que naide quereria fuxir.



Galiza

Seculo Vinte:
presente, pasado e futuro
agora temos nos a palabra.

Traballemos xuntos
polo que realmente somos:

Lideres dun pobo
que loitou nos tempos
para agardar este momento
no cal se erga a bandeira
e se escoite o himno
como triunfo da unidade.

Obreiros e intelectuais
estudantes e veterans
todos baixo un mesmo nome

Non esquezamos que somos
as nosas orixes son mais fortes
que calquera capital.

Os pasos firmes
forman o futuro

As ideas vellas
tornan o pasado

Os rostros fatigados
deteņennos no presente


Ti decides o que queres
Galiza agarda a tua resposta.



"ĄO pobo unido xamais sera vencido"!


logoDeputaciķn logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega