"O dia 29 de Decembro celebrouse en San
lazaro, Santiago de Compostela, un partido que enfrontou as seleccion da
Galiza, coa seleccion de Uruguai, convertindose así no primeiro partido
que disputa dende hai máis de 70 anos", así será como recorden
as páxinas dos nosos xornais o feito, quizabes con estensos reportaxes
e fotos para que todo aquel que por desgraza non poido estar, pero para
todos os que tivemos a inteción e a sorte de estar alí, sabemos que
aquilo non foi so "un partido de fútbol disputado pola seleccion
rexional de Galiza" como nos queren facer comprender algún
escepticos que non contemplaron con bos ollos este partido, que foi un
exemplo dos novos tempos que veñen para Galiza.
Alí, si,
había 11 homes que defendían as cores de Galiza, alguns con máis
sentimentos ca outros, pero o que é ben certo e que nas bancadas un
único sentimento era capaz de agrupar a tanta xente, este era culminado
co berro de Galiza, alentando os nosos xogadores, pero o berro
impuganaba algo máis ca iso, pois durante 90 min. fomos ceives, e aquel
estadio foi o lugar escollido para esa liberdade momentanea, onde tudo o
mundo era feliz animando dende a mesma bancada expresando o que de
verdade sentía, sen nengun tipo de de represón que tan presente está
ultimamente nas nosas vidas.Era agarimoso ver como xente de varias
xeración dabanse a man para xunguirse nun so sentimento, reclamando
liberdade para Galiza, ben clarificada en berros coma os que se ouviron
aquela noite:"Galiza Ceive poder poular!, ou
!IIN-DE-PEN-DEN-CIA", algunha consigna o lider da oposición,
Manuel Fraga que tantos atrancos puxera para a celebración desta data,
e que moitos gostarían vendo a súa face neste día tan sinalado, que
supón unha demostrazón de que as cousas estan a cambiar, xa non so
dende o panorama politico, que tampouco esperanzaba fai algun tempo que
soñaramos cun acontecemento así, se non o principio do revivir de ese
espirito de galegos, para así por fin desfacermos de esa visión
vergoñenta que temos sobre quen somos, onde atopabamos os que
berrabamos os catro ventos quen somos, e aqueles que refugaban das súas
raíces por crelas froito do radicalismo, e que esta sociedade, aínda
se atopa dividida en dous, e os patrons están moi ben atados, por iso
feitos coma os do día 29 animan a calquera que ten coma proposito a
liberdade da Galiza, a tentar impregnarlle realidade ó seu traballo.
A destacar
foi o traballo de Siareiros Galeg@s, que pese a que as novas dos seus
proxectos comezaron a chegar con claridade dende hai un tempo, levaban a
realizar un infatigabel esforzo por sacar adiante este proxecto sempre
coa negativa das autoridades, que rompian este intento de procura dunha
seleccion para Galiza, pero cando por fin tiveron a oportunidade
desenvolveron un proxecto forte, cheo de actividades que tivo difusión
en todo o país, dende as grandes vilas ata as pequenas comarcas,
organizandose en asambleas, coas que poder realizar un traballo máis ou
menos constante, dende o noso colectivo agradecemos este esforzo grazas
o cal fomo capaces xa non so de desfrutar do partido, con tranporte
incluído, se non de tódalas actividades que rodearon o suceso, dende a
manifestación que transcorreu pacificamente polas vilas de Santiago,
ante a grata sorpresa e o descontento dos que a presenciaban, pero cada
un e libre de pensar o que lle pete, o caso e todos os mozos alí
presentes recordaremo-la porque nela se viron refrexadas as aspiracións
dunha mocidade combativa, que luita cara un proposito común; ata o
concerto onde ilustres da música galega coma Toñito de Poi
acompañaron esta festa, xunto con outros coma Skarnio ou Dandy Fever,
que esperamos que se repita, en proximas datas e noutras vilas galegas.
Así dende a
nosa organizacion rematamos este comunicado cun afectivo saudo de todos
aqueles que fixeron posibel este proxecto, dende as consellerias ata
nós os afeccionados que fumos capaces de contrarestar a falla de tempo
que pese a todo non foi un atranco para que este partido, quede grabado
nas nosas mentes, como parte da historia presente, onde grazas a luita
algún día ergueremonos ceives. |