E doado
percatarse nesta sociedade na que vivimos, que a informacion circula de
modo vertixinoso en todolos ambitos, así tamen podemos ollar que non
toda a información que chega as nosas mans e clara e realmente
obxectiva e consecuente cos sucesos producidos, terxiversandoos, creando
así un clima de desconcerto da sociedade que é capaz de perceber unha
idea clara das noticias, ou a asume e a toma o pe da letra, caendo así
nun grave erro, que lle conducirá a formar unhas ideas pouco coherentes
referentes os sucesos ocorridos, sobre cando se trata de aspectos con
vision partidista, onde os medios de masas arpoveitan todolos recursos
do seu alcance para transformar a informacion axustandoa os parametros
que defenden.
Asi que todo
aquel que se fia completamente dos medios de masas, que en teoria
cumnplen a funcion de informar coa maior rigurosidade posibel, non estan
a perceber a realidade das cousas así coma pode crear un concepto
negativo dun acontecemento ben distinto, ese o caso do nacionalismo e
independentismo en xeral, onde os medios publicos intentar transmitir
unha imaxe democratizante e transgresora sa situacion, conseguindo sen
embargo unha visión intoxicadora dos feitos, da que non se pode extraer
información realmente consecuente coa situacion a falar:
—Inventanse
feitos para crear así unha incertidume no lector que se vai cunha idea
equivocada, un recurso non moi ilicito.
—A hora de presenta-la informacion
esaxeran o suceso para tratar a a mocidade independentista como
auntenticos tolos, creando un estereotipo falso comparando a todolos
mozos que pertencen a este movemento con terroristas que se adican a
crear conflitos sen ningun tipo de xustificacion, e realmente son
democraticos difamando dese modo sen coñecemento algun do caso?.
—Outra caracteristica salientabel e que
os medios que utilizan este tipo de acusacion fano de modo reiterativo,
xa que non se lles impon ningun tipo de freo as súas aspiracións, así
as nosas organizacións quedan manchadas dun fato de criticas, de
caracter partidista e interesados por derrubarnos,
—Utilizan tamén no noso caso o recurso
españoliosta entre os seus redactores, que inflúe de forma
determinante na actitude na noticia.
E doado atopar casos e cada vez máis
frecuntes xa que o noso protagonismo e maior, o que leva os medios a un
maior ataque a nosa dignidade, tamén e certo que pasamos desapercibidos
durante moito tempo para eles, pero agora é un problema que temos que
afrontar, non podemos deixar xa que se cree unha imaxe de nos totalmente
incerta, pero tamen debemos reinvidicar que non se nos oculte a
información, como se fixo en casos ben coñecidos coma o Prestige, así
coma queremos unha claridade de tódalas cifras, porque non din que
vivimos nunha sociedade de dereito.
Casos coma os acontecidos coa Operacion
Castinheira onde os principais medios fixeronse valer de falsas
artimañas para creae unha imaxe negativa de todos nós , sen reflexar a
verdadeira esaxeración que foi esta operacion levada a cabo polas
forzas represivas espanholas, que logo decataronse do seu tremendo erro.
Así atopabamos artigos de opinion de
xornais como "La Voz de Galicia" onde o toque espanhlolista e
difamador impregnaba todolos artigos onde se nos calificaba de mil
modos, que se un lector asumía de forma directa, formaba unha opinión
acerca da nosa situación totalmente desastrosa, outros como "El
correo gallego", dedicabanse a encher as súas páxinas con falsas
historias do galeguismo e referencias a ataques "terroristas"
que se produciran na nosa terra co simple feito de encher as súas
páxinas, adherindolles odio e falsedades contra nós.
|