Lembranza Fuxida (a ti Sesé)

Xadeiro

n2xadeirolembranzafuxida.html

O luar dormitaba canso,
mais as feridas abriron,
e tudo cubriuse dunha mesta neboa
onde as falas tornaronse en prantos.


Media noite:

I ese maldito timbrar,
do cal fuxian verbas desconsoladas
alentadas por vellas pantasmas
que nos ergueron da rutina acaecida.

Tendeuse un escuro telón,
que caeu baixo o teu fogar
fendendo a terra,
un estrano parecer.

Os mares arderon
lumeantes fouces
segaron un limiar de soños
ocultando o futuro.

Aquela noite foi longa
cheia de rogos de lamentos
acubillandose nun feito
que figuraba no teu cadaleito
fuxindo dun vago clarexar
que anunciaria o teu regreso

E a figura conxugal
rodeada de boa xente
beneficios do pasado,
que tentaban esculpir
este pesadelo formal

Borrando os escoios
que nunha noite toparon.


Ai!

Meu benquerido padriño:

Non sera doado esquecer a túa morte
máis o teu ollar sempre estará tras nós
e as longas tardes de inverno
na morada de Loentia
fogar de soños e promesas
que fuxiron un día de Setembro
pero forman parte da equipaxe
que precisamos neste fugaz treito.

O agoiro da noite pesa
presente sunto coa túa sombra
tan queda, tan viva
que parece que é nosa

O Che e Castelao
non son máis que figuras
que prenderon da túa alma
calando falsas voces
que agardaban o silenzo

Así un Sempre en Galiza
ou un Follas Novas
son tan so outras leituras
se non ha que as comprenda

Pois logo Compaixón, xustiza,perdón....
son so mudas verbas
se non hai unha mente que as esperte

Para iso estabas ti

A túa luita non quedou en ningures
por iso alzo a voz por ti
nestes tempos de fungares noxentos
pra que recupera-lo que foi noso.

O sobor da esperanza
xurdía polos catro costados
prendendo día a día
a esencia verdadeira do teu ser.

O lume da túa vida
rematou na realidade
máis prendeu unha faísca
que resplandece ledamente
amosando o fácil continuar.

I o teu anxelical xesto
mudaba as faces da xente
rememorando vellos contos
onde as figuras tornaban
en belas bolboretas
que cedían o seu vo,
sempre escaldando
nas mans dos culpabeis.

A millor herdanza fooi a túa
historias e moita tenrura.

Que agarddan o novo resoar
dunhas vellas campas de groria
que algún día voltaran
a facer estrimonias
non actos presentes.

Nunca se pode dar unha obra por finalizada
non se pode ficar na vida cun final

E agora topo coas estrelas
debullo a túa figura.
e vexo un home
nunca tal ouvido,
do que nunca rematarei de aprender.

Pase o que pase
Mestre, pai, padriño

—meu adeus temporal—




30/12/05


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega