1ª personaxe
Traballa, paga, cala.
Sofre, conta, chora.
Le o calendario,
mira o dia trinta.
6h maña..............
Ata que o corpo remata desfeito.
600 euros:
2 fillos, 1 pai, 1 muller.......
luz, auga, gas.....
renta, contribución, seguro....
Le o xornal,
mira a portada,
pensa nos seus,
pensa no xefe,
pensa nos cartos
e pensa....
Mira as suas mans
desfeitas polo traballo.
"La nueva heredera"
le......
Pensa....
Unha nova filla,
unha filla de.....
Xa albisca a porta
a porta da monotonia
a porta cara ningures
da que quere fuxir
cara un mundo novo.
2ª personaxe
Durme, gasta, bebe.
Xoga, ri, descansa.
Le a súa axenda:
15h ximnasio
dia 5 partida de golf
día 9 cea
dia 12 cea.......
12h maña.......¡ata que o corpo aguante!
X euros:
x fillos, x mulleres.....
Ceas, luxos, caprichos.
Vicio, egoismo, sorte...
Le o xornal,
mira os sucesos:
"Nueva patera hundida"
Pensa:
Canta probeza
que pena dan
hai que axudarlles,
necesitano mais ca min....
Pasa de paxina:
"Viaxe a Marrocos, luxo total"
Pensa:
Diversion,
arabes exoticas,
terra exhuberante,
tempo libre,
(...)
¿Que hai dos "pobres"?
Vive, e non choras
disfruta mentras podas.
Loita polos imposibles,
porque cando os alcanzes
todo parecera simple.
Xulga os señoritos
que desquician o dereito
que xogan co diñeiro.
Non traballes por outros
denuncia o maltrato
derrota as clases
imponte o desagrado.
(Ti,eu....e ¿non somos persoas igual?)
|