É bo sentir frío

Xonesmi

n2xonesmiebosentirfrio.html

Arranquei os pelos que cobren os ollos
é bo sentir frío cando chega o amor
dibuxeite de pequeno para poderte atopar
contratei un guía que me levase por bares
ninguén me dixo que os graffittis son información
as cancións din nomes e lugares
só fixen caso do frío
sentei nun nicho de Bonaval
ás veces un só pode coñecerse de morte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega