Non dou(s)

Xonesmi

n2xonesminondou.html

depri-mente
simples-mentes
eu
nimia-homo-nimia


se non sabedes ler quedade en terra
eu
escribo mal mar ar WAR


homonimias varias (sin xeito...):


O naufraxio da miña vida verteu un fuel que chegou ás costas da miña compañeira. Sonche chalana monocasco e teño gretas no meu peito.



chegou con tempo e só traía chuvía



loita amada desarmada pola lingua e a palabra



declaración de liberdade: amo non amo



perdín a ilusión
xa non son mago



o privado e só alcohol
o común e botellón



comezou a vivir, e deixou de ser un de voto



¡Liberdade de expresión! Eu, sempre coa miña expresión triste, escrava dos malos tempos



Fillo/a de pedra, de sangue, de mel, fíxoas a miña avoa, fíxoas a miña nai. Non sei se eu agora quero fillo/as, estou gordo, canso, e ata as faría mal



no ar
no mar
NO WAR


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega