BVG Voltar atrás |
n2xonesmioufoi.html
cravei os ollos na parede do meu cuarto
non preciso ver as túas caras
ninguén avisou dos malos tempos
as camas sóas non fan esquecer
vivín nun tempo en que podía
ou quixen
ou foi
tivemos momentos
acordamos pasatempos
deixei a boca amordazada na lavadora
as ropas sucias tireinas
colguei o abrigo dun párpado
o nariz abre portas
as cancións sempre minten
porque nunca foron así
as palabras son ollos tortos
nunca ninguén puido arrancarme os ollos
ven conmigo e verás
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |