Contraccións

Yago Canedo

n3yagocanedocontraccions.html
Diante de vós contraio aquela parte que expando a soas,
cando penso mundos e corrixo vidas
que, por teóricas, fánseme atractivas.
E boto a faltar escenas no meu texto
que recollan con paixón meus pensamentos,
pero nada atopo agás monólogos
nunca pronunciados por temor a espertar
ó deserto sobre o que dormen estes osos.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega