A daga de Montsegur

Arantxa Serantes

vn2arantxaserantesdagademontsegur.html
Extraño,
dentro do misterio relativo
do aire contaminado
do mundo consumido
na chama dun candil,
expansión do fume da cheminea
burbulla do arte celeste.
Son,
supervivinte do medo
rendo a miña vida
tras depone-las armas.
Sinto,
que agardo o silencio
que agardo o milagre
entre terrores reservados
a perigos dun tempo.
Consumo,
as vaguedades do teu sorriso
ebrio de lóxica irregular
enxeñeira de novos artellos
con corte metálico:
intelixencia artificial,desmoronando ansiedades
vixiando tralos muros descorazonados
da urbe abandonada
resquebraxada e cortante.
Soñando con construí-la escaleira
con la que escubrí-lo novo ceo
durmir nas estrelas
e ver dende lonxe ocreado inferno.
Os animais, son imaxes
as plantas,malabarismos de papel enrugado
as torres,foros de pedra
as visións,pesadelos sufridos.
Voas,por non ter os pés na terra
para axeonllarte no vacuo espacio
de verbas impronunciables
na alarmada catarata de instruccións
de violencia definitiva.
Experiencias á carta coa verdade
tahúres zurdos,destros prexuízos
carreira sen término patinando na escuridade
prisma de sólida linaxe.
No espello da aurora polar
herdar reinos e señoríos de fantasía
para recreá-lo posible
alma e corpo cal vida e pobo
aquí xace o poeta
debaixo da súa tumba,o mar
no seu corazón
a daga de indecisión e tenrura
que mira canda os inimigos
desafortunados,nas raíces
arrebatan a herdanza
correspondendo
á provocación do servilismo
presumindo de inocencia.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega