A noite

Francisco Xosé Domínguez

A noite empregábase a fondo

A noite empregábase a fondo.
No taboleiro de saídas,
fican engaiolados soños e destinos.

O seu latir é tan tímido que asusta,
Ese corpo -abeiro inútil-
agacha un hóspede infame,
-ventureira semente-

Afogou na brétema
o seu folgo impredecíbel,
cando viu marchar o bus.




logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega