Calambur

Arantxa Serantes

vn2arantxaserantescalambur.html

Mestra de maxia,
alonxas do teu seo, á nai da vinganza
de pesares e tribulacións pronosticadas
vestida coa túnica azul
achegarse a tí
é coma navegar polo mar do Estío
atravesá-las portas
de reinos difuminados
con lóstregos e verbas de néboas
de ocultos santos e lendas.
Tañen as campás da igrexa
que conviven coa dama do lago
mentras o mar asolaga as costas
ano tras ano...
Castelos presos de son do mar
longos brazos de pedra negra
pedra lunar ensombrecida
que atravesa,
as voces humanas fronteirizas.
Hilando hebras de vergoña
fatigando a conciencia invisible
cimentando alianza obrigada
desvanecida polas intrigas
venda-la sange derramada
entre as follas das árbores caídas.
Cipreses enfeitizados
sauces reflexivos
cubertos polo silencio da sacerdotisa
o mundo do son, en arcos de dragóns
en círculos de pedra
en longa persecución
alfombras para voar
e axeonllarte entre as areas
berrar ante o sol de civilización allea
e oir falar a Morgana, feiticeira.




logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega