BVG Voltar atrás |
vn2fxdominguezcoafoucenaman.html
-Coa fouce na man-
Coa fouce na man
convidan-os á viaxe.
Pegada serán, semente,
dor que cinga os nosos peitos,
fulgores errados
nunha noite sen nome.
Dos seus beizos coma feridas
arríncanse as verbas,
e preguizosos
ollan cara as pombas
que beben grolos
nos charcos do sangue.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |