Lendas de paixón dun dominio perdido e atopado por un afgano

dominio

n2dominiolendas.html




Capítulo 1

 

foi nunha fría mañán de novembro, bueno non tan mañán, xa case era a hora de comer

 




c
apítulo 2

 

en realidade tampouco era tan fría, fóra, de feito a xente estaba na praia. dominio

 




c
apítulo 3

 

nesas circunstancias vin eu ó mundo, aló na bela california dos usa. baixo o signo de escorpio. a miña familia era unha familia tradicional americana, cá pequena salvedade de que meu pai era chino, miña nai brasileira, o meu irmán maior era o fillo do butaneiro que era de afganistán, a miña irmá maior (que era dous anos máis nova cá meu irmán o maior) saiu dunha relación extramatrimonial de meu pai cá camareira do burguer da esquina en vinganza polo de miña nai có butaneiro. eu, en teoría fun froito da reconciliación, que durou pouco porque meu irmán pequeno é fillo do carteiro. dominio

 




capítulo 4

 

viñera miña aboa (galega, claro) por parte de nai, que quería presencia-lo nacemento da primeira filla non nacida do "pecado" nesta familia. o parto non tivo complicacións, miña nai estaba desexando botarme e a min tampouco me levaba idea quedar alí dentro có día tan bonito que facía, ademáis a conxunción das estrelas era a axeitada. eu saín cun sorriso, coma sempre. meus irmáns maiores non miraron con bos ollos a miña lexitimidade e de seguido camelaron os meus pais e a miña avoa para coidarme a cambio dunha paga semanal, que xa cobraban, pero que ós meus proxenitores lles pareceu ben que aprendesen a ganalo seu pan. corría o ano 1972. dominio

 




capítulo 5

 

miña irmá, foi pasalo nadal como era tradición có seu pai, o butaneiro de afganistán, porque a ela non lle molaba eso de que un vello gordo barbudo vestido de vermello se metese na sua casa pola chimenea, nunca cheguei a entender que asociación de ideas lle levaba a facer comentarios do tipo de vello verde ( esto aparecerá en episodios posteriores: ós anuncios de amena, un momento revelador). o seu pai, asentado desde habia anos, cunha empresa propia de distribución de gas butano e demáis derivados da terra (quen di gas, di patacas...), trataba de educa-la sua filla na paz interior (non sei se é exactamente ese o concepto que aplicaba), no amor e respecto ó pròximo. cando a ela se lle escapou, nunha conversa descoidada dominio

 




capítulo 6

 

o perverso plan que trazara có seu medio irmán. o pai, o noso querido afgano agarrou o turbante con desesperación, preguntábase unha e outra vez en que fallara, que non lle dera el á sua filla querida, como podía tirar ó lixo anos e anos de adicación. miña irmá tíñao claro, con cinco anos de idade non se podía permiti-lo luxo de ter unha herdeira lexítima. tese apoiada firmemente polo meu irmá, daquela con catro anos, xa. o noso querido afgano recoñeciu nos ollos da sua filla a determinación dun piloto camikaze que anos antes vira no seu pais, e aínda que eu non era sangue do seu sangue, nin carne da sua carne (bueno de refilón algo pillaba), sentiu, polos seus principios, como sua a misión quizáis imposible de salvarme. directamente non o podía facer, a sua maquinadora filla tíñao vixiado. pero el sempre tiña a man, desde os vellos tempos, o número do seu sempre amigo, antes coñecido como "o sirio"

 




capítulo 7

 

"o sirio" acudiu á cita, 48 horas exactas desde que o noso querido afgano o chamara. eu daquela aínda non era moi consciente da
situación. o sirio tiña unha cara amable pero distante. o noso querido afgano estaba triste e nervioso, a noite anterior fora moi dura. cando
foi levar a miña irmá de volta das vacacións de nadal, tratou, sen levantar sospeitas de achegarse a min; cousa bastante dificil porque na tele estaban dando a misa do papa, que miña nai, brasileira e beata, non podía perder por nada do mundo, para estas celebracións invitábase a canto bicho vivente e coñecido (por esta orde) había. el conseguiuno. veu xunta min, metiume na mochila, pechouna e volviu para escoita-lo oficio. en afán de aparentar naturalidade, pousaba e tiraba a mochila tranquilamente, coma se nada importante tivese dentro, tivo sorte de que non dese sacado a mordaza cá que me pechou a boca porque berrar non berraría pero mordisco (cal siga en acción) íalle ó pescozo fixo. despois todo veu rodado, na casa quedaban todos borrachos, meus irmáns inconscientes de non sei que sustancia que lles meteran nos cereais. na dutifri sirio tomou a mochila, que por disimular (mal raio o parta) tamén se adicaba a deixala en calquera sitio. no avión viaxei en primeira, eso sí, entre as maletas máis pijas

 




anexo 1. fe de erratas

 

no capítulo 3, o fillo do butaneiro afgano e miña nai non é fillo que é filla, como despois se viu. e a filla da camareira do burguer da esquina non é filla que é fillo. 

esto, como decía un profesor petardo que tiven (e que xa contarei) demostra que ninguén é perfecto. nin sequera eu. dominio

 




capítulo 8

 

cando o avión aterrizou eu xa non era a mesma. deixara atrás unha vida (un mes case de vida, case nada) e agora tocaba escomenzar unha nova. sirio sacoume da mochila, unha vez no taxi. en ningún momento me dixo a onde nos dirixíamos, el seguía o seu plan mental, a min xa case me facia falta cambia-los cueiros e un biberón, pero non era tempo de pedir. españa, non era o que esperaba, a ambientación tipo alcántara non era moito do meu agrado porque estaba viciada do americanestail. pero sabía que me acabaría adaptando. unha vez baixamos do taxi, sentámonos nun banco do parque, alí foi onde moi amodiño me explicou o meu destino, non me podía levar con miña avoa, era moi galega si, pero calquera relación cá miña familia volvería a poñer en perigo a miña vida. non. decididamente non podía ir vivir con ela. o noso querido afgano déralle ó sirio un enderezo, alí nos presentamos, abriunos a porta unha encantadora dama, cun aspecto un tanto sospeitoso, tirando a vixiante do réxime, pero tíñamos que confiar no noso querido afgano. sirio tampouco as tiña todas consigo, pero el tamén confiaba no noso querido afgano. a encantadora dama, tra-las suas gafas chiscounos o ollo e convidounos a pasar, no salón había, incomprensiblemente había unha mesa de billar, toda-las bolas eran negras excepto a número oito, aquelo pareceume unha chorrada, de feito aínda non sabia que aquelo era un número, só me quedei cá imaxe, unha bola vermella cun debuxo (que logo descubrín que era o numero oito)

 




capítulo 9

 

Vivín naquela casa a miña máis tenra infancia, a encantadora dama, conmigo non falaba moito, todo o que sei dela seino porque me adiquei a rebuscar en todo o que había na casa. pronto deixou de parecerme inusual aquela mesa de billar que había alí no medio, pouco a pouco fun descubrindo o seu significado. aquelo antes era un bar de carretera, pero a cidade, por chamarlle algo, foi aumentando e quedou coma quen dí centrico, co que a clientela xa non gozaba do anonimato e deixou de ir. deducín que a encantadora dama, noutrora, rexentara unha casa de moral distraida. tamén có paso do tempo descubrín que aquel billar fora, berce de conspiracións contra o réxime, as bolas de negro era o loito polos caídos, e a vermella era a que sobrevivía, aló por asturias cá pasionaria, que no fondo creo que era o amor segredo da encantadora dama. cá maioria de idade, e cás sabias ensinanzas que me transmitiu a encantadora dama (esto es dentro-esto es afuera, esto es lejos-esto es cerca... é que se parecia moito ó de barrio sésamo, pero en plan señorita de lacoruña) saín a vivi-la miña vida. mirando atrás sobrevirira a franco, cousa impensable cando cheguei, agora tocaba superar aquel que eu pensaba corto período de goberno popular, éravos moi inocente daquela. adiquei os primeiros anos da miña independencia a saber da miña esquencida familia. para eso contactei cun detective, o anuncio do xornal era moi chamativo "crawford praivat investigueixons" na recepción en lugar da tipica secretaria habia un home, con cara de funcionario, pálido, con gafas e pinta de malas pulgas

 




capítulo 10

 

o secretario de "crawford intestigations" a parte de ser un seco de coidado fíxome un interrogatorio completo antes de deixarme entrar, íame deixar pasar ó despacho de crawford, pero no último momento dixo que non, que me atendería o seu socio que era moi bo (bueno, realmente dixo que era lapolla) pero son demasiado fina para repetir semellante cousa. crawford ó parecer estaba moi ocupada investigando unha infidelidade dun actor de joligú chamado yorx cluni. pasei ó despacho. e detrás da mesa estaba un detective moreno, ben plantado, atendido dilixentemente por unha secretaria (esta si, coma a típica secretaria dos detectives das peliculas). senteime e conteille a miña historia. o dectective que nin se inmutou, claro xa estaría afeito a toda clase de historias conmovedoras, para min, aínda así, foi traumático decir de palabra todo o vivido. preguntoume que cal era o motivo de querer saber da miña familia. díxenlle que me preocupaba, que botaba de menos o afecto paternal e precisaba o apoio dunha nai nesta fase da miña vida. miroume duramente, inquirindo. non criu nin unha palabra do que lle decia, parecía saber e así llo fixo constar á secretaria, que os meus motivos eran outros.

 




capítulo 11

 

e claro que os meus motivos eran outros, eu quería saber que posibilidades había de recupera-la miña hexemonía. ó final confeseino, visto que o plan choreira non funcionou, pois a ver se lle interesaba o caso decíndolle a verdade. non lle puxo moito entusiasmo, pero imaxino que se debía ó seu carácter frío, mandoume volver pasada unha semana. pareceume a semana máis longa endexamáis vivida. non me daban pasadas as horas, non daba contados os segundos, e xa, por fin, a chamada. do outro lado a voz da secretaria decíndome que o día seguinte me quería ver o detective no seu despacho para comunicarme o resultado das suas pesquisas, que o caso se resolvera con éxito, como era de esperar, que para eso o tío era lapolla (eu tan fina e decindo estas ordinarieces). chegou o día, e cheguei eu ó despacho de "crawford investigueixons", cunha hora de adianto. é que non aguantaba máis, parecer parecía que ía á consulta da seguridade social polo adianto, pero eu son así. o recepcionista cando me viu, baixou as gafas e miroume por enriba delas, mal, por suposto. díxome que esperase sentada, con toda a sua parsimonia, para min que o dixo con doble sentido. ó pouco de estar eu
sentada entrou na oficina unha muller. rica, polo menos eso aparentaba. sofisticada. polo menos eso parecía. deslumbrante, polo menos eso lle pareciu ó recepcionista, que cando a viu caiulle a queixada ata a mesa, saiulle a lingua e notábaselle que tivo que facer un grande esforzo para non inunda-lo despacho cás suas babas. homes. preguntou polo detective, o recepcionista, cando dou desempañado as gafas alcanzou a preguntarlle o nome; ela, cá sua voz estudiada, curtida nas festas da jaisosaieti, dixo: srta. newlook, o meu nome é siga newlook, el estame agardando. o recepcionista non daba feito, pero ó escoita-la voz saiu a secretaria de dentro do despacho e fíxooa pasar.

 




capítulo 12

 

a secretaria parecía nerviosa, coma se se tratase dunha clienta moi importante, coma ós que lle fan a pelota nos bancos, pois igual. non sei o que pasaría no despacho, pero non botou moito tempo dentro. saiu igual de estilosa que entrara, con paso firme. o recepcionista volviu a babear. aínda non me tocaba, pero estaba que fervía na silla, porque decía eu que agora xa entraría eu, porque non había ninguén máis agardando, porque non habia movemento ningún. xa me tocaba


(punto e a parte adicado a espís trín)


de súpeto sae a secretaria do detective do despacho e entra no outro despacho, que debía ser o da famosa crawford que estaba en joligú; acto seguido sae o detective (que era tan bo que decían que era lapolla, pero que eu son tan fina que non digo estas cousas) e tamén entra no outro despacho. soa o telefono. o recepcionista fai ademán de collelo, pero adiantanselle dentro do despacho e case non dou tempo ó timbre do teléfono a avisar de que había alguén do outro lado querendo falar. escoitánse voces, a secretaria sae do despacho. ó pouco sae o detective, quédaseme mirando, e dime, hoxe non vai poder ser, temos un tema urxente entre mans.


(outro punto e a parte, este sen dedicatoria,
    pero que se vexa
que trato de reformarme)


como un tema urxente entre mans? como se atrevia? que podía haber máisurxente có meu caso? urxente? saíame lume polos ollos, debiumo notar,porque por primeira vez desde que o coñecía notei un atisbo de sentimento no seus ollos. explicoume que a srta new look tiña urxencia familiar (nin que a miña non o fose),tratábase do secuestro do famoso investigador en temas inalambricos, zyxel 650. era cousa de vida ou morte. acudira a el como último recurso posto que a polícia non daba razón do paradeiro da víctima.


(outro.... bueno hoxe estoume portando ben)


a min como que me daba igual o secuestro do 650 das narices, como que ma traia un pouco frouxa, pero a mirada do investigador era de
clemencia e ablandeime. non podía delegar na sua xefa (esto é un contrasentido pero bueno) porque desque fora a joligú a investigar unha suposta infidelidade de yorxcluni, non volvera, o último que soubera dela era que probablemente a seguinte infidelidade do tal yorxcluni era ela. o investigador estaba notablemente afectado, entrou no despacho. a secretaria foi á máquina do café e antes de que eu collese a porta (é decir de que a abrise, porque lla deixei alí, que tan mala tampouco son) contoume que estaba afectado porque hai tempo, nun caso anterior, no que tivera ocasión de coñecer ó profesor zyxel 650, porque non sei en que fregados se metera desta vez (e outro, pero xa paro, que está rematando) cruzárase no seu camiño unha misteriosa muller que lle roubou o corazón e que non conseguía esquencer, saira da nada e marchou sen deixar rastro, era catwoman. volvería a cruzarse no seu camiño? sería quen de conquistala desta vez? de que parte estaría? que relación tiña có profesor? desexaba, tal vez, o investigador, que o zyxel 650 se metese nun fregado aínda causando a conseguinte dor a srta new look, con tal de volver a ver a catwoman...
dominio

 




capítulo 13

 

por suposto que o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero que eu son tan fina que non digo esas cousas) non desexaba que o doutor zyxel650 se metese en lios, non desexaba causarlle dor á srta. newlook; el só quería volver á ver a aquela misteriosa muller (catwoman), e se poidese ser nun luxoso restaurante, un íntimo reservado, mellor que nunha pelexa dentro dunha nave industrial abandoada coma a última vez.


(punto e a parte
    adicado ó sector_abertzale
  e a jundiouskispé)


a min, sinceramente como me importaba bastante pouco a historia de amor do investigador, eu o que quería era saber dunha vez por todas o resultado das pesquisas sobre "o meu". así que me presentei alí, na oficina de "crawford investigueixons" ó día seguinte, cedo, tan cedo que debería ser pecado. o recepcionista xa estaba alí, para a miña sorpresa, tiña a cara de costume; miroume mal, coma sempre, e mandoume sentar. pasaron coma unhas duas horas ata que apareceu alguén máis; e eu pensando que estaban traballando coma tolos nos seus respectivos despachos. entraron a un tempo o detective e a secretaria


(este adícollo a espís trín,
  porque foi o que insistiu
   nos ptos e a parte)


mellor dito, a secretaria e o investigador ( que a parte de ser lapolla era todo un cabaleiro). gustaríame decir que me recibiron có mellor dos seus sorrisos, pero non. a min tanto me tiña, non pasara todo o que pasara para que me detivera agora unha mala cara. en nada mandaronme pasar ó despacho. soltoumo todo de carreilla: "os teus irmáns están posicionados, tua irmán ten copado o .com; teu irmán o .net; e o pequeno o .org (esto díxoo cun sorriso irónico)"; ademáis xa contactaron cá "familia" para copa-los territoriais."

maldición! pensei. "non che queda moito, polo que loitar", e o moi cabrón dío tan ancho, que non me queda moito polo que loitar, como selle pode decir (por certo, o de antes tamén era un punto e a parte, pero non sabía a quen adicarllo pois non dixen nada) a unha persoa de 18 tenros aniños que non lle queda nada polo que loitar. afundiume na miseria. debiumo notar na cara que por primeira vez notei un atisbo de emoción na mirada. "podes vir traballar con nós" dixo, "crawford chamou desde unha illa do caribe a onde tivo que emigrar (polos celos da muller de yorxcluni)con yorxcluni ata que as cousas se calmen; e nos estamos a tope de traballo" 


(este adícollo a cisco,
que hai moito que non nos di nada) 


non tardei nin medio segundo en decidirme, estaba sen un can, e o soldo estaba moi ben. sentáronme no despacho da crawford, e atendería como tal, ata que ela viñera. a primeira chamada que tiven soaba así de misteriosa: "son o doutor tcp/ip, teño no meu poder ó doutor zyxel650, volverán a saber de min, ha, ha, ha". saín a toda hostia do despacho, entrei no do investigador, a secretaria alterouse, miráronme. conteilles a chamada e no mesmo momento que rematei entrou pola porta unha figura envolta nunha capa de coiro negro.

dominio

 




 
capítulo 14

 

era claramente unha figura feminina, desenvolviu a capa e apareciu ela, espectacular, non fixo falta que me dixen que era. tampouco ninguén o dixo. o traxe negro axustado, de coiro tamén, supoño. o antiface dáballe aínda máis misterio á sua persoa, e as unllas relucintes un aire perigoso. o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero que eu nunca digo tal porque son moi fina) mandounos sair. a secretaria saiu toda dilixente ela, pero eu tiña curiosidade, dei a volta para ver se me enteraba de algo pero dei cá mirada do investigador suxeríndome que ou saía ou me partía as pernas no mellor dos casos


(punto e a parte adicado ó sector_a,
  para que lle vaia sendo máis leve
   a sua volta)


eu sair saín, pero quedei na entrada a ver se escoitaba algo. non parecía que falasen, só se vian as duas figuras de pe unha enfrente da
outra. ó pouco saíron, díxolle á secretaria que se ían ó restaurante, coma se ela xa soubese de que estaban falando. e marcharon, a
misteriosa muller (catwoman, xa sabedes) agora parecía máis relaxada, e o investigador abriulle amablemente a porta, coma se ela fose de cristal e tivese medo de que se rompese. eu mentras fun ó meu despacho prestado de crawford, que seguía emigrada nunha illa do caribe ata que se calmasen as cousas cá muller de yorxcluni e poidesen vivi-lo seu amor libremente. a verdade, estarían apurados, pero eu non tiña nada que facer


(este adícollo a siga, que hoxe case non sae)


mentras no restaurante máis luxoso da coruña (non digo o nome porque nin me sobornan, nin me pagan nin nada, así que non lle fago
publicidade), tal como el soñara, no reservado máis íntimo, mentras de fondo soaban os violíns stradivarius, estaba mirando ós óllos a
catwoman. ela viñera a falarlle do caso de zyxel650, pero el non podía desaproveitar aquela ocasión, quizais a última que se lle presentaba, o caso xa se solucionaría, tíñame a min para facelo, do doutor xa se preocupaba a srta newlook, xa era xente dabondo. así que el seloulle os beizos cun dedo cando ela escomenzaba a falar sobre o posible paradeiro
 o malvado doutor tcp/ip. ela trataba de manterse distante, de non deixar ve-las suas emocións, xa lle fixeran dano antes, e estaba disposta a defende-lo seu corazón con unllas e dentes


(este adícollo a bruxiña, microfiltro e fr)


o investigador coñecíaa ben, mellor do que ela pensaba. si, efectivamente, como ela pensaba el sentíase atraido polo seu físico, era atracción animal. pero non, non era só eso, ou si foi eso ó primeiro, aquel parón do corazón, aquela subida de temperatura (ollo, que dixen temperatura), aquela dilatación das pupilas da primeira vez que a viu. sen embargo agora xa non era así. o corazón só parecía later
cando estaba ela, ou cando pensaba nela. non, non só era atracción animal, amor si, quizais. el colliulle a man, e faloulle mirándoa con
sinceridade, contoulle dos seus sentimentos. ela era unha muller libre, non estaba disposta a comprometerse facilmente. el pediulle unha
oportunidade para demostrarlle o seu amor, non lle pedía nada a cambio. ela trataba de resistirse, non por el, que sabía que era de lei; senón por ela que non quería sofrer.


(este a juindouskispé e a rpv
    para que as nosas compañeiras
    se reencontren)


el soubo adiviñar ese medo, nos seus ollos, prometiulle que nunca lle faría dano aínda que para eso tivese que renunciar ó seu amor. a ela encolléuselle o corazón, emocionouse. el achegouse amodiño a sua cara, e case sen tocala, rozándoa levemente doulle un bico nos beizos. en contra do que el esperaba, ela agarroulle a cara cá outra mán, e o bico fíxose máis profundo e para eles dous, eterno. (espero non decepcionar a ninguén se non mañán tratarei de reconducilo)
dominio

aclaración: como se eliminaron os caducaos, dígoo para que conste, o título ideouno siga (ofreciendo datos), e como me pareciu boísimo, roubeillo vilmente.

 




 
capítulo 15

 

güi bouz nou, dat aimnot guat llu niiiIIiiid....an aaaiaaiiaiiiiiiiii güil olgueis looov lluuuUUUuuuu era o que escoitaba o investigador (que era tan bo que decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) na sua cabeza mentras via esbaecerse a esbelta figura de catwoman no horizonte. cando chegou á oficina traia esa cara de derrota adorable, dos herois despois dunha batalla inxusta. miroume, lanzoume un sobre que traía e dixo con voz distraída "traballa algo". eu emocioneime toda, por fin, por fin, o meu primeiro caso, que me interesaba máis polo feito de cotillear nas vidas alleas que por solucionarlle a vida a ninguén. entrei no meu despacho (que non era o meu, que era de crawford que emigrara a unha illa do caribe mentras non se calmasen as cousas cá muller de yorxcluni e poidesen vivi-lo seu amor libremente). abrín o sobre, dentro había unhas fotos un home que a min persoalmente non me decían nada, e de fondo (da habitación) sempre un bulto case imperceptible. chamei á secretaria a ver se me botaba un cable


(este punto e a parte adìcollo ó yeti,
  que o teño moi esquencido)


celia entrou a modo (así se chamaba a secretaria, é que as veces anda un pouco colgada), coma se non vise a urxencia. mirou as fotos, e dixo coma se fose a cousa máis obvia do mundo: "é o malvado doutor tcp/ip", e seguiu "e este, sinalando ó bulto (que habìa ó fondo da habitación) é o doutor zyxel 650"; si ho, pensei eu. esta có colgada que andaba via pantasmas. ela insistiu, dixo que o mellor sería chamar á srta. newlook para informala. eu como era nova no oficio seguinlle a corrente, pero para min que non coordinaba moito. a srta. newlook chegou pronto, alterada pero sen perdela sua natural compostura. dando leccións de elegancia ó entrar no despacho. colliu as fotos, mirounas e case lle saltan as bágoas de emoción. efectivamente como decía a colgada, perdón, quero decir celia, era o doutor zyxel 650. a srta. newlook, tratou de non alterarse, pero a firmeza e seriedade da sua voz delataban o seu natural enfado. decía como coxx se adicaron a facer fotos en lugar de rescatalo, ela díxoo con outras palabras porque ser, aínda vos é máis fina cá min. e a verdade é que tiña razón unha vez de estar alí.


 (este adícollo a campanilla,
  princess e dinámico)


pero a cousa tampouco era para poñerlle unha reclamación á catwoman, que bastante fixo con traerno-las fotos, coma para andarlle con
mexiricadas por enriba. celia saiu do despacho facerlle unha tila a dona siga, por se decídia abandoa-la sua corrección; non fixo falta, sacou do bolso (aí acojoneime un pouco, porque tiña pinta de ser un bolso deses nos que as srtas sofisticadas agachan unha desas pistoliñas de prata mortais) un cheque en branco e ordeou cá mirada á vez que cá sua doce voz decía "fagan todo o que sexa preciso". e marchou de novo. igual de estilosa que entrara. eu non sabía por onde escomenzar. o investigador estaba fora de xogo; decidín acudir a celia de novo, xa que non se enganara cá identificación do doutor zyxel 650. volviu mira-las fotos. "é a fábrica abandoada da revoltosa" dixo, tamén me contou que estaba na entrada do polígono da grela.

 
(este adícollo a juindouskispe e a sector_a
   porque son a hostia)


alí me plantei, celia quedara en avisa-la policia se non a chamabanunha hora (calquera se fiaba dela có colgada que anda). entrei por un
oco do portalón, que non era que fose moi grande, pero é que unha tenun tipazo (tirando un pouco para a casa); dentro había de música de fondo os grandes éxitos dos oitenta, un ambiente un tanto bohemio e unha gran librería. non había ningunha clase de laboratorio. pero que clase de doutor era este malvado doutor tcp/ip?. tratei de situar toda- las cousas que se vían na foto, e de súpeto


  (e o punto e seguido de hoxe adícollo a ojo avizor, que xa
hai moito que non lle digo nada, aínda que sigo facéndome a
   interesante, por suposto)

 




capítulo 16

 

unha man na nuca, dou a volta e era el, inconfundible, igualiño que na foto, mosqueoume a sua risiña malvada ó descubrirme e ver que case me estaba saindo o corazón pola boca do susto. era, por suposto, o malvado doutor tcp/ip. aínda que no trato era amable eu non me fiaba nadiña posto que a parte de ser malvado malvadísimo doutor tcp/ip, tiña secuestrado o despistado doutor zyxel650 sabe deus e a virxe do carme con que malvadas intencións, desde habia varios días. indicoume que pasase a unha especie de salón, onde estaba a gran biblioteca; pasei. díxome que sentara nunha cómoda butaca, e ofreciume unha infusión; que rexeitei por suposto porque a saber que era aquelo; daquela ofreciume un bocata de xamón con pan,aceite de oliva e tomate, ou un de calamares ... estábame provocando


(punto e a parte adicado a clio, a beatelcom verde
  e a poppy que parece mentira que
   aínda non lles adicara un)


cando por fin aceptou as miñas negativas a todo comenzou a falar do tema que nos ocupaba. "todo comenzou coma unha inocente aposta", si, si, pensaba eu. seguiu falando "entre invisible" di sinalando a non sei onde "e máis eu". contou que apostaran a ver quen era capaz de ler antes a versión ampliada dos episodios nacionales, escritos de dereita a esquerda e facendo o pino. segun unha voz que fluia de non se sabe onde ganara ela, sen embargo o malvado doutor tcp/ip decia que ganara el. pero bueno, imos ver, a min é que me estaban poñendo que me medraran os colmillos dous milimetros polo menos; e deberonmo notar, porque de seguido comenzou o doutor a decirme cal era o papel de zyxel 650 en todo aquel fregado. o malvado doutor tcp/ip explicouno con claridade


(este adícollo as foreiras para que liguen moito)


o despistado doutor zxyel650 era o que lle proporcionaba a invisible a sua pócima da visibilidade, e sen ela estaba condeada a unha vida de anonimato total, cousa que as ansias de figurar de invisible non podían tolerar porque eso si, invisible si pero ante todo divina. ó non
aceptar que perdera a aposta e non pagar o que debìa, porque as débedas de xogo son sagradas e esta máis, que consistía en preparlle unha cea romántica cunha tal cor ó malvado doutor tcp/ip. pois eso que o malvado doutor tcp/ip se enfadou e retivo á unica persoa que lle daba a invisible a sua razón de vivir. o pobre e despistado doutor zyxel 650 estaba alí nunha esquina, non tiña mala pinta, só de anxiño indefenso. a min aquelo escapábaseme das mans, pero a miña axil mente ideou o plan infalible. xogamolo ó todo ou nada, apostei có doutor tcp/ip, que xa non me parecía tan malvado, a que se adiviñábamos entre todos unha canción, a que el quixese só decíndonos tres palabras aleatorias da letra da mesma, que nos deixaría ir, a nolos dous, porque invisible andaba ás suas anchas 


( este ós foreiros, para que idem) 


as palabras aleatorias foron: no, novo, vento; estaba clarísimo, pero que facil mo puxera, non o podía crer. dixen o título o autor e pouco máis digo tamén a data da inspiración do verso. e así en pouco tempo estábamos de volta no despacho de crawford investigueixons, recibiunos o investigador (que era tan bo que lle decían que era lapolla, pero que eu son demasiado fina para repetir semellante cousa), tamén estaba esperando a srta. newlook que se fundiu nun abrazo desesperado có despistado doutor zyxel650. o investigador mandoume entrar no meu despacho, (que non era meu, que era de crawford ,que tivera que emigrar a unha illa do caribe ata que as cousas se calmasen cá muller de yorxcluni e poidesen vivi-lo seu amor libremente), felicitoume e doume un papel. "é o meu contacto en beigin, pódeche axudar có teu" 


(e o punto e final adícollo a lapolla, polo retraso)


dominio

 




capítulo 17

 

collín o papel emocionada, podíame axudar có meu, era un contacto do investigador (que era tan bo que decían que era lapolla, pero que eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) en beigin. beigin, meu pai nacera por alí a man dereita, quen o sabe; de calquera xeito e como o investigador decía podíame axudar có meu. chamei, do outro lado unha voz falando chinés, doume cincuentamil explicacións que eu por suposto non entendín, e eso que parecía que se estaba explicando moi ben. eu veña a repeti-lo nome do contacto: a-d-s, si, si a-d-S-l, non, non R non, l, si L (arrecarallo que lle costa ben entenderme), p-p-p... si como parís. Celia entrou no despacho, fumando unha infusión relaxante, así lle chama ela ( é que anda sempre algo colgada), para decir que me tranquilizase que xa me estaban escoitando en betanzos, e que non había necesidade de armar tanto escándalo. eu expliqueille que non me entendían e que quería falar có contacto do investigador en beigin; daquela ela colliu o teléfono e díxolle cá sua voz tranquila, guichi-tai-pon-nonseique adslppp, e listo; afundiume na miseria, pero se a celia esta anda sempre colgada... eso pensaba eu


(este punto e a parte adícollo a timofónica,
  a copperjet e a vesania)


por fin conseguín falar có famoso contacto en beigin adslppp, tiña unha voz especial, si esa é a palabra, destas que lle poñen ós poseidos nas películas, non sei, como algo sinistro; ou eso ou xa me estaba afectando o tabaco relaxante da outra. quedou en investigar sobre as miñas raices aló no oriente, para ver se había algún pariente afín a miña causa e xuntos facíamos forza. emocioneime ó ver algunha posibilidade no horizonte de recupera-lo meu lugar no mundo, aínda que tampouco cabía facerse moitas ilusións. saín a recepción a toma-lo aire, alí estaba o recepcionista, apático coma sempe có seu pin do numero oito, algo que me lembraba irremediablemente a aquela bola de billar có número oito da miña infancia. non me dixo nada, el ó seu.


(este adícollo a mariposa* que pronto volve)


de súpeto entra na oficina un home todo alterado, preguntando polo investigador, e berrando ós catro ventos, bueno a só un vento (é que só tiñamos un aparato de aire acondicionado)que quería facer unha reclamación, e que quería facer unha reclamación e punto. eu non dixen nada como era nova, o recepcionista sin alterarse, eso si, chamou a celia. celia saiu, na sua onda, tratou de calmar ó home e díxolle que entrara no despacho do investigador. deixounos alí falando sos e veu ó meu despacho (que non era meu, que era o de crawford que tivera que emigrar a unha illa do caribe mentras non se calmaban as cousas cá muller de yorxcluni e poidesen vivi-lo seu amor libremente), contoume que era o sr. sport, clio sport; que lle levaran un caso había uns meses, sobre un taller que vendía coches roubados ou non sei que, e que non quedara moi contento, porque resulta que o coche que lle venderan era o único que non era roubado e non poideran empaquetar ó dono porque non había probas e ademáis estaba moi ben cuberto e ademáis nos non tiñamos culpa de que lle cobraran de máis por unhas llantas de aleación, que no carrefour que estaban de oferta, porque o mercado eche así e debiu mirar primeiro os prezos antes de mercar, que se o dono do taller era moi engaiolador nos non lle tiñamos culpa.

 
(este non llo adico a ninguén,
   pero é que ata a eu estaba afogando de só escribilo)


o parecer o investigador logrou calmalo, porque pasada unha hora o tal clio saiu do despacho có mellor dos seus sorrisos e a sua camiseta sen mangas de ligón de praia. o investigador veunos contar que lograra calmalo comprometéndose a axudalo cun problemiña que tiña un amigo seu que rexentaba un garito (antro de moral distraída, é que sigo sendo fina de máis) cun grupo, según eles, de feministas radicais que esixian que asegurase as traballadoras, un numero limitado de clientes e demáis melloras que considerabla intolerables, non porque pensase que as suas "rapazas" non o merecesen, se non porque lle quitaba todo o morbo ó negocio e os clientes sentíanse coma na oficina, e baixaba a recadación ó final da noite, que en definitiva era o que contaba

 
(bueno, o punto e seguido adícollo @s
  que se van para que volvan pronto)

 




capítulo 18

 

o investigador (que era tan bo que decían que era lapolla, pero que eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) considerou que en certos aspectos do caso, como por exemplo poñer a raia ó grupo que según o amigo do sr. sport, clio sport, que rexentaba un garito (antro de moral distraida, que eu sigo sendo fina de máis),era un grupo de feministas radical. porque o investigador, que era un romántico
empedernido, un cabaleiro á vella usanza, podíase considerar según desde que punto de vista algo, un pouco, lixeiramente, así de refilón,
se te fixas moito, a duras penas, vagamente, machista; e el era consciente de eso, e non ía ser, era un dos reproches que lle facía
catwoman nalgún dos seus encontros esporádicos, cando se vian enfrentados por circunstancias do destino. algo que el non podía correxir, e que sabía que catwoman nunca lle habìa perdoar de todo, aínda que parecía que conforme pasaba o tempo xa o estaba aceptando tal como era


(este punto e a parte adícollo @s
  que traballan o finde, que sexa leve)

 
e aló fomos o investigador e máis eu ó garito (antro de moral distraída) que rexentaba o amigo do tal clio; normalmente para casos coma este acompañaríao crawford, que para eso era a xefa e ademáis feminista-republicana de pro, pero tivera que emigrar a unha illa do caribe ata que as cousas cá muller de yorxcluni se calamsen e puidesen vivir o seu amor libremente. na entrada estaban posicionadas varias
membros do grupo supostamente feminista radical; o investigador doume sinais de que me apañara con elas (no sentido de que tratase de resolve-lo conflicto, por suposto) mentras el entraba coñece-lo dono do garito. eso me dixo, fieime da sua palabra, aínda que tendo en conta a natureza masculina e a natureza do antro dubido que fose exactamente exacto. alí non había lider, todas mandaban e todas falaban, afortunadamente todas opinaban o mesmo porque se non a ver que facía eu. primeiro falei cunha tal juindouskispé, que tamén tivera que emigrar a unha illa do caribe, pero non por problemas (perdón incidencias) cá muller de ninguén, se non por puro vicio e perversión en xeral, porque se algo sabía juindouskispé era o que valía a pena na vida, e desde logo como disfrutalo. ela díxome lonxe de disminui-lo morbo da relación profesional-cliente, que as empregadas non estiveran tan saturadas aumentaría na atención personalizada ó cliente; cousa que os faría quedar máis satisfeitos e por suposto que a caixa aumentase a recadación ó final da noite, que era en ultima instancia o que importaba.

 
(este adícollo a chicamala, wendy e troya)


juindouskispé díxome que se quería outro punto de vista un pouco máis radical me dirixise ó sector máis radical, radical, o secor_a; a min como que me dou un pouco de medo, pero tanto me animou a juindouskispé, que non sei se sería para sacarme de diante para ligar cun garda de seguridade que estaba alí diante e que quitaba o sentido; que non sei, porque ser son moi mal pensada, pero é que o deducín porque tan pronto como se desfixo de min aló lle atacou; porque por suposto unha muller liberada ataca ela (atacar atacaba eu, pero é que non me esperan, é que me escapan). eu, mentras, achegueime á portavoz do sector_a, que me estaba mirando mal, pero mal, como averiguando as veces que cedera terro a un "home" facendo retroceder anos de loita feminista. a parte do que xa me dixera juindouskispé, tamén me falou das medidas sociais, coma o de aseguralas, as revisións, etc. que idem de idem repercutirian no alcance do éxtase dos clientes. ó final logrei ver un toque de tenrura tra-la coraza de loitadora incansable... é que levaba un pinza de cor rosa, emocionoume.


(este adícollo a antivirus, ó ph7, clavija e bágoas)


convencéronme a verdade, porque mira, si; e vou eu e entro no garito para ver como ian as negociacións có amigo de clio. e vaia panorama que encontro, os bandas estes todos tirados nunha esquina da barra, ajarrados a unha cervexa. pero, vamos, como que lle puxen as pilas ó investigador pero de inmediato. a que viñéramos eh? a que?. el díxo que estaba negociando, que tiña que poñerse ó nivel dos especimes para que se confiasen e alcanzar un entendemento. presentoume ó amigo do tal clio que era o dono do garito (antro), era un tal timofónica, que tiña como socios investidores a un par de empresarios de dudosa reputación, bueno dudosa non era, era ben clara, de mala reputación, coñecidos nos baixos fondos como dinámico e beatelcomverde, o primeiro pola rapidez cá que facía os desfalcos, e o outro porque era capaz de matar a quen fose por un disco dos beatles, o da cor aínda non o averiguei, pero estando onde estaba tirado, non era difícil de adiviñar. como estaba un pouco mosqueada polo estado no que estaba o investigador chamei ó
despacho de crawford investigueixons, colleume o recepcionista e dixenlle que me pasase con celia, el díxome que non podía que estaba
falando cunha amiga sua que se chamaba cpsa, que a fora buscar para tomar un café pero que levaban xa duas horas fora e que supoñía que andaban as duas colgadas por sabe deus onde.


 (e o punto e seguido, adícollo ós
   que rematan o finde)

 




capítulo 19

 

estaba a punto de colga-lo teléfono. para ir ó garito (antro) a colgar ós cacho machistas explotadores que estaban ajarrados das cervexas cun punto xa máis que pasado da raia, cando o recepcionista me di que espere, e se pon do outro lado unha voz descoñecida, aínda que moi melodiosa; díxome que era craword (a famosa crawford que tivera que emigrar a unha illa do caribe ata que se calmasen as cousas cá muller de yorxcluni e poidesen vivi-lo seu amor libremente), explicoume que tiña moi pouco tempo, que viñera por non sei que documentación e que volvía deseguido á vivir ó caribe có susodito yorxcluni, que se estaba moi ben e que como aquí as cousas ían tirando divinamente, que ela preferia estar vivindo de rentas que para eso era a xefa. no pouco anaco que me deixou conteille o panorama, díxome que esa actitude aínda que non era a habitual no investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero que eu son fina de máis para repetir semellante cousa) tampouco era sorprendente porque ó fin, era humán e home, fráxil combinación segun ela. díxome que fixese o que mellor me parecese que era a seguinte na escala e que celia aínda non viñera, porque fora tomar un café cá sua amiga cpsa e estarían colgadas coma case sempre.


 (este punto e a parte adícollo a espís trín,
    tío por fin vin a luz;
   e a fr para que se recupere dese mal trago, nunca mellor dito)


eu seguín as instruccións da xefa, fixen o que me dou a gana; como juindouskispé xa ligara có cachas, díxenlle que se animara e que
entrara no garito (antro) a falar có dono, que no estado en que estaba a cúpula directiva sería unha negociación facil, cando menos estarían en avantaxa. ela falou có sector máis radical, có sector_a, e por fin decidiron entrar. dentro de novo, a situación dexenerara
considerablemente, o investigador estaba enriba dunha mesa coma se dun escenario se tratase representando un espectáculo fullmonty; é que o vivía o tío... se a catwoman o vise... incluso me pareciu ver á representante do sector_a esbozar un sorriso, pareciume, asegurar, o que se di asegurar non podo. juindouskispé decidida achegouse a timofónica, que lle puxeran así porque antes tiña unha compañía de teléfonos eróticos e de futuro deses, e claro nótase que non deixaba moi contentos ós clientes. eu diría que o home se emocionou algo, para min que pensou que ía ligar. non sei que falaron, a verdade, despois a representante do sector_a tamén se achegou, e el que estaba xa un pelín pasado pasou de decir sempre que non con cara de mala hostia a decir sempre que sí, con ese sorriso descolocado dos borrachuzas (termo co que se chamaban os tipos estes entre si, pero que eu sigo sendo fina, pero a fidelidade histórica manda). o beatelcom verde collera unha guitarra e estaba acurrucado nunha esquina acariñándoa coma se fose unha moza.


 (este adícollo a lapolla, porque hoxe
   tivo que esperar algo máis)


cando dei convencido ó investigador para que baixase da mesa e non quitase máis roupa da que lle permitía a decencia, as empregadas xa estaban celebrando o novo acordo có seu xefe, as supostas feministas radicais tamén se uniran á festa e agora resultaba bastante dificil discerni-los bandos antes enfrontados. cada quen que o entenda como mellor lle parece, pero aínda que o expresei moi finamente, creo que se me entendiu ben. todo o que puiden facer xa o fixera, por preocuparme pola virtude do investigador perdera o momento do consenso e xa non había ninguén libre con quen consensuar pois marchei; o investigador quedou alí con toda a camarilla. eu fun durmir, porque de vez en cando e aínda que non o diga, eu durmo, máis ben, máis cando que vez, pero tampouco ben eso ó caso.


(este adícollo a siga, que nos é fiel aínda que non estea e a vampi)


botei uns dous ou tres anos traballando en crawford investigueixons, vivín varios romances de crawford con famosos artistas de joligú e
algún nacional; eu seguía sen ter sorte nese aspecto e tras varios romances fallidos e moitos intentos infructuosos máis, decidira tomar
un ano sabático, tiña aforrados algúns cartos e aproveitando as informacións que pasara adslppp, o contacto en beigin do investigador,
e decidín viaxar ata o lonxano oriente para face-las miñas propias pesquisas. máis que nada por ver se se me daban mellor. cando cheguei, o primeiro que notei raro foron os carteles, que eran raros de carallo, igual era polo idioma, ó aeroporto veume recoller un axudante de adslppp. xa levaba algún tempo agardando porque tiven unhas pequenas dificultades no tramo que vai desde a porta do avión á porta de saía dentro da terminal. como deci-lo, que fixen unha turné polos almacéns, os hangares, as alfándegas, os diversos vestuarios, a comisaría, a oficina de obxectos perdidos, o comedor, os dormitorios do persoal de garda, a dutifri... e xa por fin, para ahora da cea cheguei á saida.

 
(o punto e seguido adícollo a cisco)

 




capítulo 20

 

o axudante de asdslppp poñía medo, non por feo, nin por grande, nin porque estivese armado ata as orellas en plan rambo; é que tiña unha pinta de chulo castigador que tiraba para atrás, e de non ser porque levaba un cartel có meu nome e veu cara min decirme que o acompañara ó seu coche; pero non có ton amable da famosa hospitalidade oriental, non, para nada. chámabase fr, que mo deixou moi claro. e case me asesina, cá mirada, que tocar non me tocou, porque se o fixera xa estaríla morto que levo vistas eu moitas películas de jet li para que veña un matón calquera a toserme. pois eso que case me asasina cá mirada cando tropecei ca maleta no coche, é que lle debiu doer máis que ó coche, vino sofrer. para min que na vida mo perdoará na vida. non falou nada en todo o camiño. levoume ó hotel que tiña reservado, e mentras eu me estaba rexistrando, el estaba facendo un rexistro visual de toda a mercancía, é que non pasaba unha (tía, enténdese) sen que el se decatase, aínda non sei como non lle daban de hostias, porque non se cortaba nada o tío.

 
(este adìcovo-lo a tod@s porque como dixo un compañeiro o
   outro día cando viu o foro, na idade media queimaron a
   xente con menos delito)


eu quedei desfacendo as maletas e el volviu á oficina de adslppp para seguir traballando, disque. o panorama era alucinante, que vistas,
canta xente, hostia a fábrica de comtred ó fondo, jo, non me estraña que fose tan cara a habitación. da fábrica contárame adslppp nas
numerosoas conversacións que mantiveramos en relación "ó meu". despois baixei e fun dar unha volta para ir coñecendo o terreo. entrei nun centro comercial, tiña antollo dunha camiseta de songoku, bueno a min o que me gustaba era picoro, porque sempre me resultaron moi atractivos os homes cás orellas puntiagudas. non sei como, imaxino que a cabra tira o monte, pero acabei nunha tenda de "fotos de chicos"; era moi nova eu para tanta emoción xunta, saín da tenda algo mareada, e tropecei cunha moza que tamén andaba de compras por alí, así de pronto
fíxoseme moi coñecida e saudeina, igualiño que se a atopara de copas polos viños, sen decatarme de que estaba en beigin, e que probablemente aquela persoa nin sequera fose galega.

 
(este adícollo a crawford, porque hoxe non sae)


ela, sorprendentemente, tamén me saudou cá mesma naturalidade; que tal? canto tempo, fai bo día, o que se di nestes casos para alonga-la conversa ata que averiguas quen é a outra persoa sen chegar a ter que preguntarllo directamente e quedar fatal, claro; porque seguramente a outra si te coñece (ou non). conforme falábamos fun caendo, era a lider do sector_a, do caso aquel do garito(antro) que leváramos a medias o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero que eu son demasiado fina para repetir semellante cousa); estaba de paso, díxome que estaba de vacacións có seu novo ligue, que ían de camiño ó himalaya coñecer á familia do individuo en cuestión; porque aínda que no estaba moi segura, porque tanto el coma ela eran duas pezas de coidado, por se a cousa ía en serio pois para ir coñecéndose. a ela o que lle daba medo era a sogra, máis que nada pola embergadura física. estivemos polo centro comercial de tendas un pouco máis, ela comprando atuendo de abrigo, disque ó seu "compañeiro" non lle facía falta porque xa viña preparado de nacemento, e non, que se o yeti ten frío no himalaya xa me dirás.


(este adícollo a vanderbilt, para
   que lle escriba a fr)

  
despois xa nos despedimos, ela quedaba parando un taxi, cousa practicamente imposible en beigin, na zona de tendas en hora punta,
pero á lider do sector_a, o sector máis radical do grupo supostamente feminista radical, non había taxi, nin taxista que se lle resistise, e se ela decía que parase paraban e punto. nese punto decateime de que eu nunca chegaría a nada... a min non me paraban, non somos nada. e como os taxis non me paraban chamei a fr, para que me viñese recoller; era xa hora de poñerse mans á obra, perdón, creo que me expresei mal, era xa hora de escomenzar a traballar na busca das miñas raices

 
(e o punto e seguido adicóllo as foreiras, pola victoria)

 




capítulo 21

 

a obra non dou moitos resultados, seguín toda-las posibles pistas, calquera mínimo indicio pero non dei atopado restos da miña familia,
nin restos nin enteiros, nada de nada. pasei varios días investigando, indo a locales (antros) de todo tipo. seguindo as leccións que me dera o invetigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero que eu son demasiado fina para repetir semellante cousa), pero non deron o seu froito. que nada, de beigin o único que saquei en limpo foron unhas películas descatalogadas de jetli (máis que nada para serguir cás leccións de artes marciais) e unhas "fotos de chicos" moi interesantes e culturais. eu seguía investigando sen desanimarme, baixo a atenta mirada de fr, que non deixaba de advertirme que non entrase en determinado tipo de sitios (antros), que non me mezclase con determinada clase de homes (macizos con cara de malos); pero eu, pese a recoñece-la valía dos seus consellos e aprecia-la sua preocupación, non lle facía nin puto caso.


(este adícollo @s que volven)
  pasados dous meses xa dei por perdidas as esperanzas de atopar nada,



logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega