BVG Voltar atrás |
vn1ccalhommassmedia.html
Ao te despertares
sei que me vas mentir
Con ollos arteiros pronúncias
a palabra comprada
o relato intocábel
o eco do siléncio
E atendo-te cansado
para queimar-te ao vento
ou facer un alto-falante coas mans
para proclamar unha escura diverxéncia
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |