BVG Voltar atrás |
Sobre o mar un manto gris oculta ós nosos ollos o máis alá
Sobre o mar
un manto gris oculta ós nosos ollos
o máis alá.
Entretéxense bágoas de paxaros
e anxos
e xiróns de doce azucre
acaramelado
envólvenos. Paseniñamente,
a modiño, sen petar
Non podemos xa pecha-la porta
Non fai falla
que pechémo-los ollos.
Non hai nada. Nada vemos.
Mais tendémo-la vista
buscando o máis alá.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |