Os homes mariños

xabelina

vn0xabelinahomesmarinhos.html
 
A serea núa nas rochas do mar
do avó Froilán foi a súa senhor,
e anque a belida non podía falar
bautizouna Mariña e a desposou.
Os homes mariños, sen cola e sen voz,
choramos escamas tinguidas d' amor.
Valadares todo era agardar
un neniño peixe cal o Tritón
e no solsticio do San Xoán
meu pai espernexaba á luz do sol.
Os homes mariños, con pés e sen voz,
choramos escamas do corazón.
Por riba do lume á noite a choutar
quixer o conde co seu infanzón,
a nai-serea pensou tolear
e berrou "¡fillo!" con gran tremor.
Os homes mariños com'o qu' eu son
choramos escamas de Poseidón.
 
(Cantiga apócrifa i extemporánea que poidera ter escrita o trobador Martin Anes Marinho _s. XIII_, 
  baseada na lenda dos sereos recollida por Leandro Carré Alvarellos)

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega